15.12.06

Motive-toi par la musique électronique

Aí esta, cada un motivase co que quere, i eu, aparte de co deseño, motivome, e bastante, coa música electrónica. E falo de motivarme, non no sentido de apoiarme nela, senón de poñerme a berrar ai un cacho (coma almorzo) unha canción xa posta coma do Día neste Blog, Put your hands up for detroit de Fedde La Grande, e volverme case tolo....Dios!

Hai xa un mes e pico, o meu colega Dan da Coruña, regaloume, co motivo do meu cumpleanos, un libro chamado "Manual del DJ" da editorial Ma Non Troppo, coincidindo no tempo co meu debut como Pd (si, pinchadiscos) no Pub Norte de Silleda....i é agora cando, tras uns dias xa pinchando, cando me asalta a dúbida de se sei pinchar, de se sei mezclar, de se sei atopar o ke lle gusta aos clientes....Está claro que vindo a pedirme a cabritinha e reggaeton e moi complicado para min disfrutar, sendo os meus únicos momentos de asueto cando alguen me pide Baron Rojo e lle poño Casi me mato (Baby) - temazo que todos deberiades escoitar algun dia -, pero a meirande parte de vos sabedes que co que gozo de certo é con calquera canción electrónica, que alí solo uso á hora do peche....

A idea de escribir este Post xurdiu tras ler certas palabras no libro xa citado, "Manual del Dj", de boca de Ron Trent, da prestixiosa revista Muzik, que dixo: "Ahora para muchos Dj, fundir canciones es lo más importante. Cuando yo empezaba, todos pinchábamos en platos que no ténían control de pitch, pero aún así podiamos establecer el tono y la atmósfera y llevar a la gente a dónde nos interesaba...". Sei que me diredes que estou flipao, pero non deixo de pensar na miña propia versión do texto...: Para min, o máis importante, e difundir cancións. Dende que empecei preocupeime polo control do pitch e sigoo facendo, pero morrro porque a xente de, poñamos por caso, as Cruces, remate por bailar e vibrar coas cancións que triunfan nos mellores clubes (de esos no, Trakero!) do mundo.

Por esto último e por máis, deixovos unha lista coas cancións que, creo, debédes coñecer...eso sí, non poño nada de Chemical Bros., Fatboy Slim e Massive Attack, porque deles, está todo dito xa, ademáis de que tentarei poñer cousas mais ou menos novas (e seguindo unha certa orde de preferencia). Na meirande parte, cancións de discoteca, ¿porqué?, porque non imos quedar na casa todo o fin de semana:

Fedde Le Grand - Put your hands up for Detroit
Tiga - Hot in Herre
Paul Oakenfold feat. Pharrell - Sex'n'Money
Wonderland Avenue - White Horse ( Momento Supermodelo2006 dicindollles as rapazas mentras desfilan, que se queren ser ricas teñen que ser zorras!)
Kurd Maverick- The Rub
Bodyrox - Yeah Yeah

Dave McCullen - Bitch
Yoshimoto - Do What U Du
Steven & Marcellus - Hello
Outwork feat. Mr Gee - Elektro
Robbie Rivera - Float Away
Chanel - My life (Seamus Haji Remix)
Dennis Christopher vs. Tony Cha Cha - Slut
Dj Jose - Stepping to the Beat
Cold Cut - Walk a mile (Tiga Rmx)
Axwell - Watch the sunrise
Organic Audio - Touch the Sky
David Guetta - Stay Remix
Chocolate Puma - Always and Forever
Wally Lopez - That's the love time
Mync Project - Something on your mind (Danny Freakazoid Rmx)
Till West and Dj Delicious - Same man (Sharam Jey Rmx)
Nalin & Kane - Open your eyes
Stylophonics - Baby Beat Box
Tom Novy - Take It (Gianluca Motta Rmx)
Supermode - Tell me Why
Antoine Clamaran - Keep on Tryin (Dj Fist Tribal Rmx)
Joey Negro - Make a move on me
Armand Van Helden - Into your eyes

Canción do Día: Mad World de Gary Jules (O anuncio ese do videoxogo de tiros con esa canción tan tan lenta e tan tan bonita)

12.12.06

Novos deseños

A dia de hoxe, e moi preto xa das festas de Nadal, a actividade semella que se detén un pouco, ainda así, podo falar de novos deseños de factura propia.
Desta vez, os traballos son algo propio, fora do marco
lucanus (que están a desenrolar un novo web). Por unha parte, o que podo mostrar, un proxecto de logo para a discoteca Dilema de Silleda, cun certo tipo Tuji pero que me parece do mais axeitado; e por outro lado, a miña participación no concurso do 20 aniversario do grupo de baile Xirandola , tamén de Silleda, cun deseño dun logo ben sinxelo e, para min, ben parecido...ainda que até o día 26 que saía o fallo do xurado prefiro non mostrar nada. Para este concurso, tamén levei a cabo un proxecto conxunto con Dan, de aquí da Coruña, e que xurdiu dunha Brainstorming diante dun bó kebab.

Non me queda mais que desexar facerme con un Portátil dunha puta vez, que estou farto de non poder facer esas cousas que tanto desexo cando desexo....que me parece que algo que teño previsto facer no Nadal non vai ter un soporte axeitado...
Aí van unhas mostras dos meus deseños para Dilema disco:

Canción do Día: The Rub de Kurd Maverick

16.11.06

Segue o deseño

Parece que o tema do deseño segue pouco a pouco cara adiante. Por un lado, a empresa amiga http://www.lucanus.es/ , con certas novidades no organigrama, lanzou un par de novas webs, por un lado a da casa rural de Virginia, a Casa Goris de Merza (http://www.casagoris.es/), e por outro o da Federación Galega de Loita (http://www.fegaloita.org/). Por outra banda, andan a traballar en diversos logos e temas, sedo neste caso no que parecen as miñas colaboracións, que me permiten, de certa forma, seguir vinculado ao mundo do deseño.
Dentro das miñas colaboracións, está o carnet de socio da s.d. Cruces, o logo da casa rural Casa de Abaixo, o logo de Plásticos Pampín, ademáis de algunhas outras....deixovos unhas cantas mostras:


Como veredes, hai alguns que non chegaron a bó porto, como o da SD. Piloño, e outros por ver...Só dicirvos que todos estes traballos forman parte do Portfolio de Lucanus.
Falar tamén dese proxecto que temos, Tolemialab, que se vai retrasando polos compromisos de cada un, pero que non deixa de acadar mais e mais ideas...

Canción do Día: Sex & money de Paul Oakenfold feat. Pharrell

19.10.06

¡A la buuulla! Parte 2

Non, desta vez non asistin a ningunha pelexa en directo, aínda que o finde pasado pasei unha noite por Lalín i este que ven outra vez, así que, como parece que acostuma últimamente, malo será que non vexa algo deso por aí....
O conto deste post é o simple feito de ensinarvos un video que atopei en youtube usando o buscador coa palabra "fight", aconsellado por certo colega e despois de flipar bastante coa peña...só dicir que, sen dúbida, o peor son os americanos de instituto que forman un circulo para mirar como se matan dous tipos ou tipas, aínda que tamén hai un gordo enorme americano zoupandolle a un adolescente; e algún listo que supón que é gracioso esperar a un irmán ou colega e darlle unha hostia na testa así de súpeto e sen motivo, só polo chiste.....e como non provocarlle unha conmoción....
Pois iso, deixovos o video duns tipos, que parecen saídos dun ghetto, que se adican a mirar e jalear a dous Mister T da vida mentres pelexan, eso sí, hai un que é impresionantemente bruto....

Video non dispoñible - Buscade outros videos en Youtube ou Metacafe ou o que queirades

Canción do día: Around the World de Daft Punk

10.10.06

Un novo curso...

Xa levamos uns dias de novo curso....pero semella ke este ano as cousas serán algo distintas.....
As ganas por facer as cousas ben son diferentes ás outras veces...A verdade é que hai cousas que se están a facer esperar pero que pronto chegaran a bó porto....

De momento, podo falar de poucas cousas, pero si moi importantes. Por unha parte, está o ánimo por solventar eses problemas que me estrinxen por veces o ánimo, ainda que nestes precisos intres estea pensando en que non teñen solución...por outra banda, está a ilusión por un novo proxecto que, se ben semella algo estancado, estou seguro de que enseguida chegará a bó sitio...ademais, un tema de verdade ilusionante, un tema, unha persoa, coa que a miña relación xa se extende por máis de dous anos, un tempo nada despreciable para os tempos que corren.

Como cada ano, o comenzo do curso supón un momento de reflexión ao igual que o comenzo dun novo ano...é unha época de ilusións renovadas na que se lle da a todo o mundo por facer promesas e propórse novos obxectivos. Só espero desta vez, e polo menos no meu caso, que non me falle a ilusión inicial e poida levar á realidade, senón todo, si unha boa parte do que desexo.

Semella será este un curso curioso, con bodas, algún fillo que outro e moitas novidades. Neste termo, só dicir unha cousa...espero como auga de maio verte máis e máis a medida que pase o tempo, agradecerche que esteas conmigo cando te necesito, e sobretodo, poder facerche feliz. Sí, vai para ti, xa sabes.....supoño que todos o saben...pero tamén vai para vós, para aqueles/as que estiveron conmigo e que, sobretodo, parece que estarán...e só desexo unha cousa, que non faga falta, coma no caso dos maiores (maiores-maiores, non o tomedes como un rapaz que di os maiores por xente de 30 anos), que pase algo malo para poder vernos...

Pois iso, con isto e un biscoito, deixovos unha lista de desexos, pero moi simple, para que pensedes un pouco...jejeje...para este ano:

  • Virginia, máis Virginia;
  • Economía, máis e mellor;
  • Deseño Gráfico, demos un salto cualitativo e cuantitativo, plis;
  • Mens sana in corpore sano (pero nada de ximnasios);
  • Camisolas, moitas e boas;
  • Algo máis na Música;
  • e, finalmente, a ser felices....

Canción do Día: Sexyback de Justin Timberlake (sopesaba un post comparando a evolución deste tipo coa de Robbie Williams co seu Rudebox, pero é tontería, escoitade as dúas e a voz dos tipos en consonacia coa canción e punto...)

5.10.06

Un novo blog: A Peña Rocco

Un novo blog da miña factura anda a circular polo mundo internet. Desta vez, un blog de noticias e crónicas de partidos da Peña Rocco, equipo no que teño militado e no que actualmente participan os meus dous irmáns.

A verdade é que o deseño non cambiou moito, máis que nada pola desgana e polo meu descoñecemento do tema "deseño web", asi que, como poderedes ver, escollin unha base parecida á de este mesmo blog e despois só restaba cambialo por deseños propios...Así resulta un blog sinxelo pero personalizado....aceptanse suxerencias, e sobre todo, participación....

http://penarocco.blogspot.com ou http://www.penarocco.tk

Canción do Día: Always and Forever de Chocolate Puma (Bonita e movida...)


21.9.06

Tolemialab...unha chegada inminente

Para todos, Tolemialab, a vosa tenda de camisolas e complementos varios por internet...

A estructura do tema vai sufrindo cambios pouco e pouco...novas fichaxes e novos temas que se estudian para empezarmos con forza...unha aventura sen dubida moi dificil e con posibilidades...ainda que con unha moi dura competencia.... En breve, a tenda terá a súa aparición, e todos poderedes ver cara a onde nos diriximos....

Se queredes deixar os vosos consellos e peticions, comunicade connosco... info@tolemialab.com

Pola miña parte, perdoade por non teren a paxina moi ao dia, pero todo se fará.....

Canción do Día: Sex on Sax de Dub Deluxe

5.9.06

Payaso de Goma

Cuán interesante pode chegar a ser a nosa lingua.
Levo un par de anos saboreando un insulto que me enche a boca cada vez que o digo...e das poucas cousas que lle podes chamar a alguén e disfrutar dicindoo...Payaso de Goma , e si, sempre o digo en castelán....

O tema e que a nosa lingua, e non me refiro ao Galego, se non á nosa lingua coloquial, está chea de expresións marabillosas....vexamos: Me cago no tren das tres; Mecagonasestrellas (moi de moda, of course); o famoso ¿Jastas pista?; ¿Cantos hai aí?; Eres máis hortera que un sacho con pejatinas; ¿Cantas vacas tés?; e tantos outros que farían este blog interminable...

É por iso, polo que vos convido a enviar as vosa frases..asi deste estilo....suopoño que poucos vos animaredes, ademais de ke poucos visitade so blog..pero bueno...a ver se alguen se anima....

Só deixarvos un consello, tede o de Payaso de Goma na mente, e veredes como vos sae nuha boa ocasión e disfrutades de dicilo.....

A Canción do Día: Put your hands up for Detroit de Chris Lake presents Freddie Le Grand (simplemente escoitadea e saberedes como sería unha sesión miña no canto de saber/poder facela...yeah!)

4.9.06

Só tes que miralo....

Anos atrás, certa persoaxe por moitos coñecida, realizou esta performancia na UPN (Universidade Politécnica de Navarra). Para algún, un documento único co que botar unhas risas, e máis supoñendo que se recoñeza ao susodito....Para iso, acepto que deixedes os vosos comentarios coas vosas sospeitas..Veña!

24.8.06

TolemiaLab e Outras cousas

Como xa deixei entrever no meu último post, as cousas cambian, e o noso proxecto de deseño de camisolas pasa a chamarse tolemialab, e podedes ver como avanza en www.tolemialab.com , ainda que con calma...

De momento andamos a mallar nas ideas para o web e para deseños de camisolas e outros temas, así que aceptanse ideas e porsuposto seguense aceptando peticións de traballos personais por medio de min no tocante a camisetas, material publicitario e deseño, e por medio de Lucanus no mesmo tema ademáis de toda clase de traballos audiovisuais.

Pola miña banda, realmente non hai novidades, únicamente a impresión de dúas novas camisolas, unha delas inédita.... ademais do traballo nas xa ditas camisolas para tolemialab, entre as que se incluirá, seguro, a de Tassotti cunha leve modificación, asi que se alguén a desexa que a pida con talla...xa sabedes contacto provisional en: checha@tolemiarebel.com


Canción do Día: White Horse de Wonderland Avenue (Se podedes escoitala, facedeo xa...)

22.8.06

Todo cambia.....

Segue o link.............e verás o cambio..............
www.tolemiarebel.com

12.8.06

Reciclando-deseños

Xa pasaron as festas de Vila de Cruces cun gran éxito, así que agora, a chapar no posible e voltar ao tema do deseño....
Cómpre falar da camisola da Tropa de Asalto á Barra, que deseñamos entre Morta máis eu, ainda que, coma sempre, tivo el todo o mando....eu pola miña parte presentei outro proxecto de Trompas que non chegou a ningún lado...se alguén necesita algo, que avise..jejejej

Nada máis chegar á Coruña, esquivando o lume como ben puiden, puxenme co ordenata a ver que cousas tiña por aí, descubrindo un par de deseños que colguei xa nunha páxina de concursos de camisolas: www.pampling.com , así que por aquí deixo as imaxes....unha era para o concurso de Buenafuente e a outra era algo que levaba un tempo cavilando co tema do Mundial de fútbol...se a lgún que re poñela sobre unha camisola, que avise e a ver que se pode facer...Yeah!
Canción do día: The Weekend Starts Here de Fatboy Slim

25.7.06

O libro das festas...arduo traballo

Hoxe, día de Galicia, do Apóstolo e, por tanto, de Santiago, rematamos de maquetar o libro das festas de Cruces...arduo traballo, dito sexa...
Estaba no noso propósito o aforrar o máximo posible para a comisión, porque semella que a cousa anda bastante axustada....pero unha vez postos ao traballo, tivemos unha necesidade elevada de facermos o mellor traballo posible, cuns diseños dignos de mención (bueno, e tendo en conta o ánimo que se pode ter faendo un traballo sen ánimo de lucro e cando levas case 15 horas de labor).
Para o noso libro, foi necesaria a colaboración de moita xente, polo que me sinto moi moi agradecido á xente que puxeron os seus anuncios como amigos...por iso, o meu agradecemento ao Pub Libunca de A Coruña, á Taberna Noarilo de Salgueiros (con Ariana á cabeza), e ao Bar Rúa en Órrea e ás fillas da dona do local, Oliva.
Por último falar do cartel oficial das festas, do ke xa se escoitou: "¿qué sentido ten?", aínda que parece ter bastante máis sentido que un Chupete ou un Vaso de tubo cunha palliña e un cacho de naranxa, como se fixo anteriormente...por iso, pola axuda que nos ofreceu e polo tratamento tan simpático, moitas gracias a Carlös, debuxante de El Jueves.
Pois iso, so queda dicirvos que vos esperamos a todos nas festas da Piedade en Cruces...5, 6 e 7 de Agosto, ademáis do chupinazo do día 4 ás 12 da noite!

Canción do Día: Entra mi Casa de Armand Van Helden.

8.7.06

Festas da Piedade

Xa están presentadas as festas da Piedade de Vila de Cruces. Transcribo (traducido) o publicado por La Voz de Galicia, edición Deza-Tabeirós:

As festas de A Piedade de Vila de Cruces recuperarán este ano todo o seu lustre despois de que no 2005 o programa se limitase a actuaciones diurnas excepto na xornada final ante a falta de comisión. Dez formacións musicais actuarán nos festexos que se celebrarán do 5 ao 7 de agosto.
A comisión, formada por oito xóvenes, programou para o primeiro día a actuación da Banda Municipal de Lalín -que estará só pola mañán- e unha verbena nocturna coas orquestras Ledicia e Tango. Durante a tarde, celebrarase a Festa do Neno e posteriormente, a primeira edición do Ralli de Carretillas Coidado que volcas . O domingo, día 6 de agosto, a Banda Municipal de Silleda ofrecerá concertos tanto pola mañán como pola tarde. Tamén estará presente o grupo de gaitas cruceño Punteirolo. As orquestras Ismael e Armonía Show serán as encargadas de animar a velada. A comisión de festas tamén contactou para que neste día estén presentes un grupo de baile brasileiro para facer demostracions de capoeira e samba durante a tarde.
Para cerrar os festexos de A Piedade, o luns, día 7 de agosto, animará as rúas e ofrecerá concertos a Banda Artística de Merza e pola noite porán o peche as orquestras América e Hollywood Nights.

Intenso traballo anual.

Os integrantes da comisión de festas deron a coñecer onte oficialmente o cartel dos festexos, cun presupuesto que rondará os 60.000 euros. Para lograr a financiación estuvieron traballando durante todo o ano: fixeron campeonatos de tute, cesta de nadal, maratón, sorteos semanais e unha festa en abril, para recaudar fondos. En breve editarán o libro dos festexos e comezarán co petitorio vecinal. O Concello aportará 9.000 euros para os festejos. A comisión de festas que se formou o ano pasado está composta por Manuel Blanco (presidente); David Puga (vicepresidente); Carlos Permuy (secretario); Sergio Mella (tesorero); César Brea, Miguel Taboada e Juan Sánchez, como vocales; e César Gómez como asociado.

Cartel e «El Jueves»

A comisión de festas organizou un concurso de carteis, cun plazo que rematou onte, para anunciar as fiestas, cun gañador que será seleccionado nos próximos días. Pero ademáis contarán coa colaboración dun dos debuxantes da revista de humor «El Jueves», que lles fixo unha viñeta.

O orixinal tédelo en http://www.lavozdegalicia.es/ed_deza/noticia.jsp?CAT=114&TEXTO=4926260

Canción do Día: Club Foot de Kasabian

1.7.06

Carlos Areces: Carlös

Ocurrió cerca de tu casa, da revista semanal El Jueves.
Esta é a sección pola que moitos coñecemos ao debuxante de tiras cómicas (banda deseñada como se dí agora) e actor, Carlös.
O aquel deste Post ven de que a partires de agora, e no que me sexa posible, cada semana irei incluindo a viñeta que máis me guste da semana en El Jueves, sempre de entre as feitas por Carlös, que ten o estilo e o humor que máis me gusta dende hai moito tempo.
Ademáis, podo dicir, non sen orgullo, que nos ultimos tempos andamos mantendo contactos con él para facer algún traballiño que, esperamos, sexa do agrado de todos os que poidan disfrutar del.
Este rapaz, ou tipo, ou señor...como queirades dicilo, é, de nome real, Carlos Areces, e ademáis
de publicar en El Jueves, publica tamén no Mister K (de similar factura que El Jueves, pero orientado cara un público, digamos, máis xoven). Tamén ten outra faceta, a de actor, que amosa no canal Paramount Comedy, no que participa a través do programa La Hora Chanante, un programa, para moitos, cun humor desternillante e no que colabora, entre outros, con Joaquín Reyes, ao que moitos coñeceredes por Camera Café (deixovos unha foto por si acaso)...

Boeno, pois espero que disfrutedes desa viñeta semanal e deste astro do humor e do debuxo...Para que vexades algo do seu traballo, tanto como actor coma debuxante, visitade youtube: http://www.youtube.com/results?search=carlos+areces&search_type=search_videos


Canción do Día: Spitfire de The Prodigy

28.6.06

Novo deseño do Blog

Tralo paso dun mes e medio dende o seu comezo, o blog acada un novo nivel no seu aspecto. É este un lavado de cara propiciciado, por un parte, polo aburrimento que me daba o aspecto anterior, e por outro, polo feito de levar catro dias encerrado na casa por enfermidade (nada grave parece) que levaron o tedio até límites incríbles...

Como podedes ver, a forma básica é a misma, como era lóxico dado o meu descoñecemento do deseño web, aínda que estiven pelexandome bastante co html e conseguín algo bastannte decente. Supoño que hai cousas que se notan que están fora de sitio e tal...pero...iso é o que hai...jeje

Entre outras cousas que cambiarán, está o meu medio proxecto de ir poñendo unha tira cómica de certo debuxante español, algúns xa saberedes quen é, pero, para os demáis, haberá que esperar un tempo...ah! todo aquel que queira poñer unha ligazón ou ligar o meu blog só ten que dicilo..

Espero que vos guste, e visitademe moito!!

Canción do Día: Highway to Hell de AC/DC

26.6.06

Video presentación do Rali de carretillas


Eiquí o tedes, o video presentación do 1º Rali de carretillas "Coidao Que Volcas" en Vila de Cruces!

Rali de Carretillas, Ouh Yeah!

-Sábado 5 de Agosto de 2006, festas da Piedade.
-Vila de Cruces
-Organizan: Comisión de festas Piedade2006 + Carretillas Team

Iso é. Un rali de carretillas....e para que quede constancia...bueno, mellor dito, non vou dicir nada moi en claro sobre de onde nin cando xurdiu a idea, aver se creamos un mito co paso do tempo....
Esta idea xurdiu, en termos xerales, de pensarmos uns cantos cruceños (si, eu son turko, pero xa sabedes) en que era unha pena non ter algo ke fose tradición, e pode ke kede so nun ano ke se faga ou nun par de anos, pero en principio o noso desexo e ter algo divertido e no ke pode participar todo o mundo pa botar unhas risas nas festas da Piedade. É unha pena o das carrilanas de Merza, pois si ben si que tiñan algo de perigo, non está de máis dicir que eran a hostia, e máis tendo en conta que pa velas era costume, por coincidencia de datas supoño, ter que ir de reenganchada dun dia das Festas da Piedade nas Cruces. Así que consideramos que é unha pena que xa non haxa o descenso de Merza, polo tanto, andamos coa teima do rali de carretillas, no que nos gustaría que participase xente de todo o concello, e sempre coa festa e o lecer coma desculpa.



Como prato previo, xa tivemos unha presentación algo sinxela o día do Galo de Curral, ademáis doutra presentación onte, en Santiago, no Motor Show. Así que xa sabedes que isto vai en serio.

Así que xa sabedes, carretillas vellas e lume pa diante....
Atoparedes máis información e fotos en: http://www.carretillasteam.com e http://piedade2006.lucanusnarede.com

Canción do Día: Volando voy de Los chunguitos

21.6.06

O iPod, ¿Gañador do mundial?

Vaia reflexión, diredes algúns de vos, pero antes de seguirmos, acendede o voso aparato de TV e mirade calquera programa de deportes (ou poñede en La Sexta directamente)....e non vexades os goles do Mundial de fútbol, non, buscade a algún xogador de paisano e mirade as súas orellas.... Ben, entrados en materia, xa saberedes porqué falar hoxe do iPod.

Este aparato, revolucionario e precursor da febre do Mp3, non é máis que un soporte de audio (agora tamén incluindo imaxe)...agás que o vexamos dende o punto de visita do seu deseño estético. Con este aparato, o de maior venda por todo o mundo, Apple volve a darlle unha enésima volta de rosca ao mundo do deseño industrial. Pode que moitos avezados estén xa co seu coitelo entre os dentes, dispostos a saltar co aquel do elevado coste deste, por outra banda fantástico, producto, pero este é un manifesto para a defensa e compresión do mundo iPod.

Como ben demostran todos e cada un dos xogadores deste mundial, aínda que poida pecar de atrevido nesta afirmación, o iPod é o Mp3 de maior calidade e aceptación entre o público, aínda que é unha verdadeira lástima o seu precio por momentos desorbitados. Pero existe unha dúbida neste tema dos iPod e o mundial, ¿credes de verdade que non hai nadie ao que se lle dera por mercar outra marca?...pois aí xorde o chungo do tema (ou o marabilloso visto dende o punto de vista comercial), xa que esto parece un caso de publicidade subliminal do máis potente. Por unha banda, temos un dos espectáculos deportivos máis grandiosos do planeta, e por outra, unha fonte de publicidade de amplio espectro, personificada en cada un dos xogadores que participan, pois, quen máis quen menos, acabará vendo algo do mundial. Ademáis, Apple, mantén unha imaxe minimalista que chega mesmo aos seus auriculares, perfectamente recoñecibles cunha breve ollada sobre os protagonistas (moitos outros blogs xa falan dunha xeira de iPod-adictos que se esconden das masas co uso doutro tipo de auriculares).

Así, e dados estes datos, parece que o negocio é redondo...coma moitos outros, fan un agasallo a cada selección do mundial, en forma do aparato con máis éxito do mercado do Mp3, sabendo que, aínda agochado, pode ser recoñecido (xa que, ademáis, moitos xogadores usan os auriculares aínda sin son co único motivo de poder abstraerse do ambente) . Sen nombrar en ningún momento a marca, pero conseguindo que en todas e cada unha das canles televisivas se comente nalgún intre algo dos cascos...xa está, feito o negocio.

O propósito deste escrito ten dúas partes, por unha banda dar conta do moito que nos putean aínda sen nos sabelo; e por outra, dar boa conta da calidade, tanto estética coma técnica, do iPod. No meu caso, non hai moito que me fixen con un iPod Nano, de 2 Gigas, e, aínda que ten os seus inconvenientes tanto no seu precio coma no dos recambios e accesorios, podo dicir que é unha auténtica máquina, tanto polo seu aspecto, como polo son que poder chegar a dar, coma no software que incorpora para o teu Pc.

En definitivas contas, parece que o rei dos Mp3 ten o seu futuro asegurado, tanto pola súa calidade, como pola boa estratexia comercial...¿A que agora cando ves algo do mundial semella todo un complot?

(Foder, xa hai até un móbil)....

Canción do día: Conga Fury de Juno Reactor (a útima canción que escoitei no iTunes)

15.6.06

Portfolio Xa!

Jejeje...se algo sempre me gustou das páxinas de todo deseñador gráfico, é o de ter un "Portfolio", non polo feito de telo, que sí, senón polo nome...jejeje....

E iso, como xa sabedes moitos de vos, ando facendo as miñas primeiras cousiñas. A meirande parte do meu traballo é en colaboración con Mortadelo e a súa nova, i espero que fructuosa, empresa, Lucanus, da que a teño un link no meu blog. Por outra banda, ando traballando algo con Juan, de Lalin, coa súa empresa Pegatinas, na que fago sobretodo encargos de camisolas. Ademáis, fago algun que outro cartel, e incluso unha vez me atrevín a adentrarme no arte...si un plaxio pero arte a fin de contas....

En definidas contas, os primeiros traballos que poderes ver son, sobretodo, traballos para Lucanus e para Xacarandaina (camisolas e carteis)...próximamente espero ter mais para subir...

Bueno, finalizando, para todos vos, xa existe o meu portfolio, de momento non é moi aló, nin teño comentarios sobre cada imaxe, pero todo se andará....ah! tedes un link permanente na columna da dereita
http://es.geocities.com/knuff_pd/Galeria/index.htm


A canción do Día: So quiet de Björk, para ela

2.6.06

O xogo das palabras

Pois iso, un xogo do que teño coñecemento por milli ( http://www.seacaboloqsedaba.blogspot.com ) e no que se me asignou a letra F, coa que teño que poñer 10 palabras que me gusten (e sí, voume permitir galego+castelán):

  • Fantasía
  • Fuego
  • Felicidade
  • Fortuna
  • Froita
  • Fervor
  • Furia
  • Filosofía
  • Fricción
  • Funcional

Noutra orde de cousas, dicirvos que xa vin plasmado en pedra un dos meus deseños, nunha colaboración con Morta ( http://bitacora.lucanusnarede.com/ e http://www.lucanusnarede.com ), este foi o logo que creei para a casa rural de "A Casa de Abaixo" en Melide ( http://www.casadeabaixo.com ), e do que e sinto moi moi orgulloso, así que todo aquel que teña unha idea e me vexa capacitado, só ten que dicirmo...brevemente irei expoñendo todo o que vou facendo, para que xulguedes....

Canción do Día: We Come 1 de Faithless

30.5.06

¿ElectrónicaMúsica? - Sí, Gracias.


Eso é! Música electrónica...máis, para min toda....
A que ven esto?...pois iso, que coa chegada dó verán a música electrónica empeza a cheirarse no ambente...igual igual que as orquestas das verbenas....

Éste venres temos, eiquí pretiño no Burgo, a un bó grupo de música ElectroRock, os franceses Rinôçérôse...cecáis non os escoitastes nunca, polo menos sabendo a que eran eles, pero se podedes, ide velos....A cousa, o que me levou a motivarme a escribir sobre eles é o feito de que, porfin, consiga enterarme dun concerto destes tipos a tempo.

É un feito bastante corrente á par que lamentable en Galicia que se monten cousas das que pouca xente se entera. Exemplos que puideran interesarme son entreoutros: o caso de Erick Morillo en Lp45, para min un gran dj, ainda que o House a min parece bastante "pastelero", e que actuou o pasado dia 16 (martes antes do dia das Letras Galegas) e do que me enterei aínda onte; outro exemplo, os mismos Rinôçérôse, que actúan o venres e aínda me enterei onte porque vin un cartel en Santiago...un, sólo un, e vivo a 6 ou 7 quilometros do Burgo; e, por último, o exemplo de Placebo, que aínda que non iría velos, creo que acadaron un alto nivel internacional como para que hai uns dias me digan "estoume pensando se ir o finde a ver a Placebo" i eu me quede flipao pensando que o que o dixo ía a Madrid ou Bilbao ou mesmo Portugal, por exemplo, eso sí os dias seguintes non deixaron de aparecer nos noticiarios a nivel galego...ainda que neste último caso creo ter escoitado un leve rumor hai uns meses....

En fin, que parece que hai unha certa desidia á hora de "cartelizar" e publicitar estes eventos, pero bueno....tamén pode ser que eu non me entere de nada, ¿non?. Para os que vos poida interesar, un web onde podedes escoitar algo de Rinôçërôse:
http://www.myspace.com/rinocerose


Cancións do Día: Le mobilier de Rinôçérôse e Break Down The Doors de Erick Morillo & Audio Bullys

24.5.06

TolemiaRebel


Sí, semella que a cousa vai cara adiante, Morta máis eu andamos teimando no aquél que tiñamos de facermos as nosas propias camisolas.
A verdade é que no meu animo está facer algo distinto ao xa existente por aí, e, por suposto, deixar claro que non pretendo facerme rico con esto...
De momento, andamos a traballar no proxecto moi paseniño, ainda que xa temos un par de ideas bastante avanzadas, o logo en constante "brainstorming" e o domino web xa mercado
http://www.tolemiarebel.com
Para todo aquel que se estea preguntando o porqué do nome, so dicir que hai que esperar á nosa primeira camisola inaugural...aí cecáis colla algo máis de sentido....

Polo demáis, só dicirvos que últimamente moitos proxectos gráficos están indo adiante, tanto logos coma carteis das festas de cruces e outros carteis varios.

Xa sabedes que todo comentario será benvido...deixovos o meu proxecto do logo, e xa vos irei avisando para que merquedes algunha das camisetas se vos interesa ¡ah!, se algún de vos ten a súa tenda e quere falar de algo máis serio, xa sabe....


Canción do día: Crazy de Gnarls Barkley

17.5.06

¡A la buuulla!


Cada semana ves nas noticias unha nova muller morta dunha paliza, ves a un chaval no hospital e con todo o corpo marcado a mans dun segurata, ves unha batalla campal na que escapou un navallazo....e pensas, ¡qué movida, qué xentuza!, e quizais pensas tamén que esas cousas a ti no che pasan, o que non pasa na túa comunidade ou, non sei, calquera outra cousa....pero que iso pasa en sitios menos ou nada civilizados, ¡¡Eu que sei!!...

Pero claro, poñamos por caso que saes un dia, despois de moito tempo, cos teus colegas na Coruña e estas disfrutando dunha noite moi, moi boa....e chegas ao orzán, co teu puntillo e con ganas de ver xente coñecida...e de súpeto, aparecen por diante túa 3 seguratas, entre eles, por exemplo, o mismisimo tacones, correndo detrás de tres ou catro pobres diaños que, a saber porqué, querían entrar nese pafeto ao que nunca tiveches intención de acudir, e que, non estando contentos de iren dandolles patadas todo o camiño, a un dáselle por acorralar a un na entrada dun Parking i en vez de deixalo escapar segue golpeandoo, saindo mais tarde saudando á xente todo cheo de orgullo....

Podes pensar, na túa inocencia, que eso é algo inaudito, que non pasa a cotío....Pero non pode ser, apenas 5 minutos mais tarde xa hai unha nova pelexa que, por sorte, poden chegar a parar unha parexa da Policía...Xa está, todo calmo, isto non pasa máis...

Si, si!! Ja-ja-ja! Apenas 20 minutos despois xa hai outra boa montada, desta vez a cousa xa é dun salvaxismo esaxerado...¿Cómo pode, nadie que estea ben da cabeza, darlle de hostias a un tipo, a un só, e tiralo ao chan, de milagre que non peta coa cabeza no bordillo e se mata?...e non contento con eso vai e aproveita para face-lo chiste de romperlle un vaso na cabeza....quizáis a alguen que lea isto se le deu algunha vez por facer eso, pero bueno, sintoo pero a min endexamais se me pasará pola cabeza...¿son un tio raro?

Isto recordame o caso aquél no SanBarr, unha discoteca vida a menos (moi a menos), na que nunha apacible tarde a un lle deron unhas navalladas....O tipo ese, o navallista, só tivo que agocharse un dia, deixarse pillar pola Guardia Viril ao seguinte e, por último e segundo parece, aguantar unha reprimenda dalgun xuiz....e ainda o temos por aí, borracho, drogado, e sacandolle a navalla á xente por doquier.

Visto eso e o que podes ver unha noite na Coruña, supoño que aquí o que hai que facer é empezar a comprar navallas ou algo, para que, chegado o caso, non sexas ti o que sae peor parado...¿Teño razón?...pois creo que non pero haberá que divagar un pouco...

Ah!...ao tipo que lle romperon un vaso na cabeza non tardou moito en collelo unha Ambulancia...¡¿Qué sorte, eh?!

Canción do dia: Out of control de The chemical brothers (¿apropiada, non?)

12.5.06

Creando un blog

A día de hoxe, podo dicir que teño un blog.
Non sei se é motivo de orgullo, a verdade, pero xa está feito. Nestes últimos días, o tempo que paso navegando pola internet é un pouco maior ao que estou acostumado, e iso permitiume descubrir, entre outras moitas cousas, algún que outro blog bastante interesante, incluso incurrindo en pequenos comentarios "anónimos" nalgún deles....Así que tras unhas breves verbas con algunha blogueira, decidinme a comezar esta aventura...

Supoño que as miñas pañabras irán dirixidas ao deseño principalmente, pero tamén á música electrónica, e, por supodsto, tamén haberá algo para os freaks...

É de obriga para min comezar só cuns cantos vínculos que xa moitos de vos coñeceredes pero que son, de momento, os importantes. Ademáis, unha canción do día, idea moi habitual por aí, e que a min, personalmente, me gusta moito

Páxinas interesantes, só un par:
http://www.lucanus.es a páxina de Mortadelo, con que teño o gusto de facer pequenas colaboracións
http://piedade2006.lucanusnarede.com o web da comisión de festas de Vila de Cruces!

Canción do día: Malquerida de Nubla