8.2.07

A letra Galega. Etnicidade e cultura tipográfica.

O titulo deste Post é unha versión dun visto na rede e de título "La letra vasca. Etnicidad y cultura tipográfica" de Eduardo Herrera.
Dito artículo, buscado con ansia, versa sobre a letra vasca, na súa vertente de letra tomada como
tipografía, ese tipo de letra tan característico do Pais Vasco que se ve tan a miúdo en locais de Hostalería e outros que queren ensalzar o seu carácter nacionalista.

A miña intención e dar a coñecer o caso Galego, con tres tipográfias eminentemente galegas, xa usadas en algúns sitios e, por suposto, en moitísimos logos ou carteis de carácter nacionalista. Estas tipos, ou fontes, teñen unha característica moi importante, a súa gratituidade e a cada vez mais amplia difusión gracias, en parte, a sitios web como
Dafont, ou dun carácter mais galeguista, coma Aduaneiros sem fronteiras, nos que se distribúen todo tipo de letras gratuitas e se poden atopar outras en venda, coas súas ligazóns correspondentes.

No caso galego, son varias as tipos por min coñecidas, a mellor para min, sen dúbida, a
Gallaecia de Alberto Varela Ferreiro (máis moderna e limpa), ademáis temos as Rias Ricas e Alfandegárias de Panchez (semellan dúas versións da mesma), a Nova Outubro de Iago Luca, e a As pedras da Belle Otero de Ipanema Gráfica, sendo esta última das chamadas Bitmap, xa que se usan en pequeno tamaño. Tamén temos unha de pago, feita por Carlos Núñez, de nome Gallaecia Castelao, e unha bastante graciosa e moi visual que ten por nome Marela e que é de Ipanema Gráfica (gratuita e realmente boa).


Eiquí tedes a Gallaecia e a Marela

Teño unha especial ilusión por difundir estas tipos o máximo posible, e esperando que cada vez máis xente use estas letras para cousas públicas, ademáis, espero que sepades escoller as mellores, polo menos visualmente, e as máis modernas.

Como dato a ter en conta, para aquel ao que lle interese o tema, saber que o copyright nestas cousas é moi especial, pois só actúa sobre o arquivo, de forma que se fas a túa propia tipo, baseandote ou copiando directamente unha con copyright, o teu arquivo convertese directamente nun arquivo aberto que se pode compratir ilimitadamente.

Angrois In Design Logo

Por fin, un Logo que incluir sempre nos meus deseños propios...pode que moitos, a gran maioría, non lle atopedes sentido, pero aí está. Espero ter a posibilidade de usalo moito e perante moitos anos. Gracias pola visita

Canción do Día: Beware of Dog de Jamelia
(Eu creo que esta canción ten algo de Depeche Mode....)