19.7.07

¿Música na web?... Last.fm

Como podedes ver na barra dereita deste blog, hai colocado un reproductor musical online, sendo só a punta do iceberg no que ao tema se refire. É por iso polo que me vexo necesitado de falar deste servicio web.
Last.fm é unha ferramenta en forma de web coa que crear unha especie de lista de todas esas cancións e grupos que máis escoitas no teu Pc. O sistema basease nunha aplicación que fai o chamado "audioscrobbling" co teu Pc (con Windows, MacOS ou Linux), é dicir, interactúa cos teus programas de reproducción de audio (en concreto con iTunes, Windows Media Player e Winamp), iniciandose con eles e enviando á base de datos da web o título das canción que estás a escoitar (sempre tras escoitar un porcentaxe de tempo da canción determinado).

Desta forma, a información pasar a formar parte do teu perfil creado en Last.fm, pero non só ten esta función, pois sería un servicio moi básico tamén ofrecido, por exemplo, polo iTunes. Na web ofrecenche a posibilidade de coñecer outros grupos similares aos que ti escoitas, ademáis da posibilidade de ver qué escoita outra xente que comparte os teus gustos musicais (os chamados "veciños", indicando porcentaxes de coincidencia).


Outra posibilidade importante de Last.fm é a existencia de reproductores ou radios online de temas subidos á web (en principio polas distribuidoras), clasificandoos por: estilos de música (chamados tags: funk, rock, house...e moitas variacións: funky house, pop-rock, deep-house, drum'n'bass...etc); cantantes (ou grupos) e outros semellantes en estilo; ou emitindo temas que existen nas túas propias listas de reproducción.
Este último servicio de radio é en forma de widgets, podendo colgalo en calquera web ou blogue que os soporte, estando tamén dispoñibles para o escritorio de MacOS. Ademáis, podes amosar en webs (como firma de foros ou como imaxe simplemente) unha lista das cancións que tes escoitado últimamente. Dende hai un tempo, dúas novidades: algunhas cancións poden non só ser escoitadas, senón tamén descargadas ao teu Pc; e a posibilidade de facer scrobbling co teu iPod, unha aplicación que non tiven posibilidade de usar de momento pero moi atractiva xa que amplia o servicio a un sistema móbil.
Dende hai un tempo, temos dispoñobles versión internacionais, para España
www.lastfm.es

¡Disfrutade do tema, que eu xa o estou facendo!

3.7.07

Novos traballos

Coa chegada do verán e dos calores o tema do deseño non descansa...aínda que o certo é que todo esta enfocado a un tema máis "profesional" que de experimentar co deseño...
Desta maneira, podo amosarvos varios traballos:
Para o Blogue http://www.sondarede.com/ , páxina que xorde co animo de dar a coñecer a música galega no mundo, ademáis de falar de outros grupos do extranxeiro. Para eles, un logo e un certo "tuneo" do blogue.

Ademáis, e dada a marcha de Morta a Polonia para gravar a súa primeira longametraxe, encargueime do traballo para o 2º Triatlón de Vila de Cruces, cun sinxelo deseño do cartel promocional e da camisola conmemorativa.


Ademáis, e como xa puidestes ver en entradas antigas, andamos a voltas co Rali de carretillas e o seu cartel definitivo. Tamén está o tema das chapas (que ben merece un Post propio); o das cousas a realizar para o 10 Aniversario da Tropa de Asalto á Barra (www.asaltoabarra.org) que, porsuposto, recibirá en breve un Post con información moitas lembranzas; e o de as camisolas e a pancarta para o programa da Radio Galega de As Quimbambas...

Por iso e por máis, encomendovos a visitar o blogue en breve pois teremos novidades enseguidiña, ademáis dunha actualización do Portafolio....e todo isto antes da remodelación definitiva da web...xa vos irei comentando!

Canción do Día: Sunrain de Ltj Buken