30.1.08

Toys: Dunnys Koa e DuPac

Boeno, xa chegaron dous novos Dunny á miña colección. Desta vez dende UK e vía ebay, a un precio final duns 12 € con gastos de envío, un bó trato, e cos que non contaba, pois a puxa fixena simplemente polo tan barataos que estaban....

Por unha banda está o diseñado por Koa, afamado ilustrador francés, e que imprimiu o seu inconfundible estilo no Dunny:


E pola outra banda, chegoume este Dunny Dupac, de Nico Berry, tamén ilustrador e deseñador gráfico, e que creo estadounidense. Sobre o boneco creo que sobran as palabras, deseñado coma un típico "quinque" dos USA, coa sua pañoeleta na cabeza incluída:


Mentras, sigo esperando por un Dunny Azteca que non foi no paquete que tiña que vir (sen máis problemas), e por uns acompañantes para a miña Cactus de Tokidoki dos que xa tiña gañas, aínda que a miña situación económica non permite moitos esforzos....
Canción do Día: Around The World de Daft Punk (Un dos mellores videos da historia para moitos "expertos")

Daft Punk Alive

Deixovos un video que á primeira vista pode parecer algo cutre, pero que esconde algo marabilloso, a simplicidade e o abaratamento de custos, ademáis da complicidade cos fans.

Esto e o que fixeron os franceses Daft Punk (o do video é unha simple excusa para que os escoitedes), os que introduciron con tanto éxito o VoCoder (ese efecto de voz que usou Cher nos seus últimos éxitos)...Co seu último disco en directo (Alive 2007) editaron un video da canción Harder Better Faster Stronger, un dos seus grandes éxitos, e non tiveron mellor idea que pedir na súa web oficial os videos que tiveran os fans de determinado concerto cando tocaban dita canción, e co recibido fixeron o video promocional que hoxe emiten na TV.
Nas imaxes de Youtube non resulta tan vistoso, pero se tedes a oportunidade de velo a boa calidade facedeo...Eu só podo dicir "Bravo por eles!", estes tipos sempre facendo cousas así de boas....

17.1.08

Novos toys!

Pois iso, xa coñeces a miña febre polos toys...unha mostra máis, os últimos en chegar á casiña.


Por unha banda está o Supergordo, un toy novo, creado en España e que me tocou nun concurso-sorteo de SoloSon Toys (o foro dos toys en español). Dito boneco é o número 12 dunha serie de 50 (só 50 en todo o mundo), ando a pensar como tunealo e facelo máis meu..unha imaxe:

Por outra banda, fun de visita pola tenda Antaruxa, da Coruña, que de momento parece ser a única da cidade na que se venden os toys, así que cheguei alí e atopei a serie 4 dos Dunny, e o único que me motivou a ser comprado foi un diseñado polo ilustrador Gary Baseman...do que teño escoitado falar moito, e a verdade, gústame...deixovos a imaxe:

A fines desta semana (coincidindo co cumple de Virginia) espero recibir algo máis, incluido algo de material para tunear o BabyQee que vos amosei no ultimo post, así que espero poder amosarvos novas cousas...espero que vos vaian gustando os Toys!

14.1.08

O mundo dos ArtToys

ArtToy = Boneco Artístico

O tema dos ArtToys, tamén coñecidos coma "bonecos de vinilo", baséase na customización (tuneo, vamos) de pequenos bonecos feitos na súa meirande maioría para tal fin. Os comenzos desta disciplina artística teñen moito que ver co arte urbán (street art), pois semella que parte de xente á que se lle deu por customizar algúns bonecos que pasaban polas súas mans e que pertencían ao mundo do graffiti, extendendose máis adiante sobre todo aos ilustradores e deseñadores gráficos...

Non vou tentar dar información detallada e quedar de guai (máis que nada porque só me dedicaría a googlear), pero si vou tentar darvos algún nome e algunha que outra web onde ver toys e demáis, eso sí, tamén os podedes mercar, pero prefiro que me avisedes antes pa facer pedidos conxuntos..jeje!

Neste primeiro post, teño que falar de Adrián López, do que tiven coñecemento no final do pasado ano a través do diario La Voz de Galicia, nun especial co mellor do ano 2007 e unha pequena reseña sobre dito artista. O curioso e que parece ser que un dos impulsores do toyart en España é un galego, un coruñés, sempre baixo a perspectiva da Voz, e a partir desta reportaxe puiden atopar un foro que creo se convertirá na referencia para todo o que queira saciar a súa curiosidade sobre os arttoys, o foro de Solosontoys. Eiquí podes atopar dende discusións sobre como facer un toy dende os bocetos iniciais e que materiales utilizar, ata vínculos a páxinas con PaperToys (sí, imprimir un toy para facer despois) ou un directorio de tendas físicas en toda a xeografía española e parte da internacional.

Noutra orde de cousas, podo dicirvos que para min as marcas máis coñecidas son Kidrobot e Toy2R. Entre os modelos básicos que son para min máis coñecidos están os Qee, Bearbrick, Dunny, Teddy Troops e os Fat Caps, ademáis das coleccions de Gloomy Bear (do que algún dia farei un post freak), de Tokidoki e os do grupo Gorillaz (os meus desexados)...

Ademáis, coñezo algunhas tendas online que son nas que teño adquirido o pouco que teño: Mondotoyz, Naranjas Chinas, Artoyz...e a xa citada de kidrobot...podería dicirvos máis que descubrín hai pouco, pero con estas chegavos para mirar por enriba, e non quero quitarlle o mérito a solosontoys, así que visitadeos para máis información...

Por último para que vexades algo dos meus, poucos pero que me encantan, o resto en FlickrAngroisinDesign:
O meu GloomyBear, común e barato, pero o meu preferido...


Cactus, de Tokidoki, xa vedes que bonito


O Dunny Gingerbread, sí como a pasta de té de Shrek, un meu e outro para virginia...

E o BabyQee que teño para customizar...a ver que tal sae....

Próximamente farei algún post sobre streetart, co artista Banksy á cabeza cos seus Stencils, e pode que outro con artistazos do mundo audiovisual coma os realizadores do video da canción do día.

Canción do día: D.A.N.C.E. de Justice