7.6.07

2º Rali de Carretillas...Yeah!

Xa chega o 2º Rali de Carretillas de Vila de Cruces...apenas faltan un par de meses para que chegue, en plenas festas da Piedade, e no X Aniversario da Tropa de Asalto á Barra, a consolidación deste Rali tan enxebre.
Este ano, os rapaces de Carretillas Team pedironme que lles fixese un logo para este ano, algo sinxelo e baseado nos logos dos ralis de coches.

O rali terá lugar o 11 de Agosto, ainda nun lugar por confirmar, pero que pronto será decidido nunha reunión co concello na que se deixara todo aclarado.
Este ano, dende a organización, plantexase como clave para que se consolide coma unha tradición, e é por iso polo que se cambiou o web da organización, procurando máis contidos e unha regulamentación máis axeitada.
Este fin de semana, en coincidencia e aproveitando a celebración do Galo de Curral, faráse a presentación ao público. Como adianto, deixovos o cartel previo (a falta de máis datos que incluir e cousas que cambiar), que diseñei con moito gusto ao estilo do web de Carretillas Team

Canción do Día: Riders On The Storm de Snoop Dogg FT The Doors

1.6.07

Facedeo outra vez, Chemical Brothers

Si, fixerono outra vez, eiquí tedes de novo aos Chemical Brothers, un novo disco We are the night, que verá a luz o 2 de Xullo (preto de certa data, alguén ten un agasallo fácil).
Como aperitivo, o seu primeiro single, Do it again, que sigue a estela do seu último hit, Galvanize (Push the button, 2005), protagonizandoo dous rapaces árabes (tralo éxito dos barceloneses do Kramping en Galvanize).



Nas primeiras escoitas, podo dicir que é un bó tema, nunha liña algo novedosa dentro da quimica dos irmáns e que promete ser un "quebrapistas" con algún remix.
Só me queda por dicir que este é dos poucos grupos dos que podo escoitar a discografía completa de cabo a rabo e sen pausas.
Deixovos unha síntese da súa discografía:

Discos:

  • Exit Planet Dust [1995]
  • Dig Your Own Hole [1997]
  • Surrender [1999]
  • Come With Us [2002]
  • Galvanize [2005]
  • We Are The Night [2 de Xullo, 2007]

Single+Hit:

  • Hey Boy, Hey Girl
  • Block Rockin' Beats
  • Elektrobank
  • Life Is Sweet
  • Song to the Siren
  • Under The Influence
  • Out of Control
  • It began in Afrika
  • Star guitar
  • Let Forever Be
  • The Test
  • Get Yourself High

...e tantos outros....


Canción do Día: Under the Influence de The Chemical Brothers