16.11.06

Segue o deseño

Parece que o tema do deseño segue pouco a pouco cara adiante. Por un lado, a empresa amiga http://www.lucanus.es/ , con certas novidades no organigrama, lanzou un par de novas webs, por un lado a da casa rural de Virginia, a Casa Goris de Merza (http://www.casagoris.es/), e por outro o da Federación Galega de Loita (http://www.fegaloita.org/). Por outra banda, andan a traballar en diversos logos e temas, sedo neste caso no que parecen as miñas colaboracións, que me permiten, de certa forma, seguir vinculado ao mundo do deseño.
Dentro das miñas colaboracións, está o carnet de socio da s.d. Cruces, o logo da casa rural Casa de Abaixo, o logo de Plásticos Pampín, ademáis de algunhas outras....deixovos unhas cantas mostras:


Como veredes, hai alguns que non chegaron a bó porto, como o da SD. Piloño, e outros por ver...Só dicirvos que todos estes traballos forman parte do Portfolio de Lucanus.
Falar tamén dese proxecto que temos, Tolemialab, que se vai retrasando polos compromisos de cada un, pero que non deixa de acadar mais e mais ideas...

Canción do Día: Sex & money de Paul Oakenfold feat. Pharrell