28.6.06

Novo deseño do Blog

Tralo paso dun mes e medio dende o seu comezo, o blog acada un novo nivel no seu aspecto. É este un lavado de cara propiciciado, por un parte, polo aburrimento que me daba o aspecto anterior, e por outro, polo feito de levar catro dias encerrado na casa por enfermidade (nada grave parece) que levaron o tedio até límites incríbles...

Como podedes ver, a forma básica é a misma, como era lóxico dado o meu descoñecemento do deseño web, aínda que estiven pelexandome bastante co html e conseguín algo bastannte decente. Supoño que hai cousas que se notan que están fora de sitio e tal...pero...iso é o que hai...jeje

Entre outras cousas que cambiarán, está o meu medio proxecto de ir poñendo unha tira cómica de certo debuxante español, algúns xa saberedes quen é, pero, para os demáis, haberá que esperar un tempo...ah! todo aquel que queira poñer unha ligazón ou ligar o meu blog só ten que dicilo..

Espero que vos guste, e visitademe moito!!

Canción do Día: Highway to Hell de AC/DC

26.6.06

Video presentación do Rali de carretillas


Eiquí o tedes, o video presentación do 1º Rali de carretillas "Coidao Que Volcas" en Vila de Cruces!

Rali de Carretillas, Ouh Yeah!

-Sábado 5 de Agosto de 2006, festas da Piedade.
-Vila de Cruces
-Organizan: Comisión de festas Piedade2006 + Carretillas Team

Iso é. Un rali de carretillas....e para que quede constancia...bueno, mellor dito, non vou dicir nada moi en claro sobre de onde nin cando xurdiu a idea, aver se creamos un mito co paso do tempo....
Esta idea xurdiu, en termos xerales, de pensarmos uns cantos cruceños (si, eu son turko, pero xa sabedes) en que era unha pena non ter algo ke fose tradición, e pode ke kede so nun ano ke se faga ou nun par de anos, pero en principio o noso desexo e ter algo divertido e no ke pode participar todo o mundo pa botar unhas risas nas festas da Piedade. É unha pena o das carrilanas de Merza, pois si ben si que tiñan algo de perigo, non está de máis dicir que eran a hostia, e máis tendo en conta que pa velas era costume, por coincidencia de datas supoño, ter que ir de reenganchada dun dia das Festas da Piedade nas Cruces. Así que consideramos que é unha pena que xa non haxa o descenso de Merza, polo tanto, andamos coa teima do rali de carretillas, no que nos gustaría que participase xente de todo o concello, e sempre coa festa e o lecer coma desculpa.



Como prato previo, xa tivemos unha presentación algo sinxela o día do Galo de Curral, ademáis doutra presentación onte, en Santiago, no Motor Show. Así que xa sabedes que isto vai en serio.

Así que xa sabedes, carretillas vellas e lume pa diante....
Atoparedes máis información e fotos en: http://www.carretillasteam.com e http://piedade2006.lucanusnarede.com

Canción do Día: Volando voy de Los chunguitos

21.6.06

O iPod, ¿Gañador do mundial?

Vaia reflexión, diredes algúns de vos, pero antes de seguirmos, acendede o voso aparato de TV e mirade calquera programa de deportes (ou poñede en La Sexta directamente)....e non vexades os goles do Mundial de fútbol, non, buscade a algún xogador de paisano e mirade as súas orellas.... Ben, entrados en materia, xa saberedes porqué falar hoxe do iPod.

Este aparato, revolucionario e precursor da febre do Mp3, non é máis que un soporte de audio (agora tamén incluindo imaxe)...agás que o vexamos dende o punto de visita do seu deseño estético. Con este aparato, o de maior venda por todo o mundo, Apple volve a darlle unha enésima volta de rosca ao mundo do deseño industrial. Pode que moitos avezados estén xa co seu coitelo entre os dentes, dispostos a saltar co aquel do elevado coste deste, por outra banda fantástico, producto, pero este é un manifesto para a defensa e compresión do mundo iPod.

Como ben demostran todos e cada un dos xogadores deste mundial, aínda que poida pecar de atrevido nesta afirmación, o iPod é o Mp3 de maior calidade e aceptación entre o público, aínda que é unha verdadeira lástima o seu precio por momentos desorbitados. Pero existe unha dúbida neste tema dos iPod e o mundial, ¿credes de verdade que non hai nadie ao que se lle dera por mercar outra marca?...pois aí xorde o chungo do tema (ou o marabilloso visto dende o punto de vista comercial), xa que esto parece un caso de publicidade subliminal do máis potente. Por unha banda, temos un dos espectáculos deportivos máis grandiosos do planeta, e por outra, unha fonte de publicidade de amplio espectro, personificada en cada un dos xogadores que participan, pois, quen máis quen menos, acabará vendo algo do mundial. Ademáis, Apple, mantén unha imaxe minimalista que chega mesmo aos seus auriculares, perfectamente recoñecibles cunha breve ollada sobre os protagonistas (moitos outros blogs xa falan dunha xeira de iPod-adictos que se esconden das masas co uso doutro tipo de auriculares).

Así, e dados estes datos, parece que o negocio é redondo...coma moitos outros, fan un agasallo a cada selección do mundial, en forma do aparato con máis éxito do mercado do Mp3, sabendo que, aínda agochado, pode ser recoñecido (xa que, ademáis, moitos xogadores usan os auriculares aínda sin son co único motivo de poder abstraerse do ambente) . Sen nombrar en ningún momento a marca, pero conseguindo que en todas e cada unha das canles televisivas se comente nalgún intre algo dos cascos...xa está, feito o negocio.

O propósito deste escrito ten dúas partes, por unha banda dar conta do moito que nos putean aínda sen nos sabelo; e por outra, dar boa conta da calidade, tanto estética coma técnica, do iPod. No meu caso, non hai moito que me fixen con un iPod Nano, de 2 Gigas, e, aínda que ten os seus inconvenientes tanto no seu precio coma no dos recambios e accesorios, podo dicir que é unha auténtica máquina, tanto polo seu aspecto, como polo son que poder chegar a dar, coma no software que incorpora para o teu Pc.

En definitivas contas, parece que o rei dos Mp3 ten o seu futuro asegurado, tanto pola súa calidade, como pola boa estratexia comercial...¿A que agora cando ves algo do mundial semella todo un complot?

(Foder, xa hai até un móbil)....

Canción do día: Conga Fury de Juno Reactor (a útima canción que escoitei no iTunes)

15.6.06

Portfolio Xa!

Jejeje...se algo sempre me gustou das páxinas de todo deseñador gráfico, é o de ter un "Portfolio", non polo feito de telo, que sí, senón polo nome...jejeje....

E iso, como xa sabedes moitos de vos, ando facendo as miñas primeiras cousiñas. A meirande parte do meu traballo é en colaboración con Mortadelo e a súa nova, i espero que fructuosa, empresa, Lucanus, da que a teño un link no meu blog. Por outra banda, ando traballando algo con Juan, de Lalin, coa súa empresa Pegatinas, na que fago sobretodo encargos de camisolas. Ademáis, fago algun que outro cartel, e incluso unha vez me atrevín a adentrarme no arte...si un plaxio pero arte a fin de contas....

En definidas contas, os primeiros traballos que poderes ver son, sobretodo, traballos para Lucanus e para Xacarandaina (camisolas e carteis)...próximamente espero ter mais para subir...

Bueno, finalizando, para todos vos, xa existe o meu portfolio, de momento non é moi aló, nin teño comentarios sobre cada imaxe, pero todo se andará....ah! tedes un link permanente na columna da dereita
http://es.geocities.com/knuff_pd/Galeria/index.htm


A canción do Día: So quiet de Björk, para ela

2.6.06

O xogo das palabras

Pois iso, un xogo do que teño coñecemento por milli ( http://www.seacaboloqsedaba.blogspot.com ) e no que se me asignou a letra F, coa que teño que poñer 10 palabras que me gusten (e sí, voume permitir galego+castelán):

  • Fantasía
  • Fuego
  • Felicidade
  • Fortuna
  • Froita
  • Fervor
  • Furia
  • Filosofía
  • Fricción
  • Funcional

Noutra orde de cousas, dicirvos que xa vin plasmado en pedra un dos meus deseños, nunha colaboración con Morta ( http://bitacora.lucanusnarede.com/ e http://www.lucanusnarede.com ), este foi o logo que creei para a casa rural de "A Casa de Abaixo" en Melide ( http://www.casadeabaixo.com ), e do que e sinto moi moi orgulloso, así que todo aquel que teña unha idea e me vexa capacitado, só ten que dicirmo...brevemente irei expoñendo todo o que vou facendo, para que xulguedes....

Canción do Día: We Come 1 de Faithless