O que tiña dito...un pouco de publicidade....

O que tiña dito...un pouco de publicidade....

Publicado por
Checha
ás
15:25
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Vila de Cruces
Publicado por
Checha
ás
17:07
2
comentarios
Etiquetas: Música, Vila de Cruces
A nosa primeira curta...xa non sei canto hai que a gravamos...que risas botamos....
Disfrutadea!
Publicado por
Checha
ás
13:46
7
comentarios
Etiquetas: movidas varias, Vila de Cruces
Deseño e música electrónica, unha parexa para min necesaria, e que desta vez se unen nun mesmo proxecto...
Aparte do proxecto co Colectivo Sin Sueño, temos outro en marcha as xentes das Cruces, Vila de, en concreto o movemento dos Pd (Pincha discos, vamos). O tema xurdiu coa intención de disfrutar coa nosa paixón, a música electrónica e o feito de pinchala, asíq ue como comezo, imos editar un cd e unhas camisolas para todo aquel que lle guste....
Por isto, presentei o deseño de ditas camisolas en Pampling (concurso online), para ver os consellos que poden darme para mellorala. Espero poder sacala moi en breve xa da fábrica e verlla á xente por aí...a ver que podemos facer...a que lle guste, xa sabe...so ten que pedila!
----------------Edito (8 marzo)---------------------
Unha cousa máis, para decidirmos o color da camisola, qué mellor que os vosos consellos. Mirade na miña galería Flickr e alí tedes as cores que fixen, e dademe unha orde das que máis vos gusten de máis a menos, e incluso se hai algunha que non vos gusta nada, Gracias!
Publicado por
Checha
ás
19:07
4
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, Vila de Cruces
Publicado por
Checha
ás
01:29
2
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Vila de Cruces
É un feito o desexo que moitos nas Cruces de montarmos unha festa de música electrónica. Cada venres vemos como o Kinke (ou Carruco, ou Placidín...) vai metendo no Cactus cada vez máis música electrónica, principalmente House e Electro. Pero aínda así, e polo menos ata a celebración do X Aniversario da Tropa, non creo que se monte ningunha festa de música electrónica no noso concello.
Non é así noutros sitios. En Silleda, na discoteca Dilema, este último fin de semana se celebrou unha festa levada a cabo polo Colectivo Sin Sueño, ao fronte do que se atopa Richi, dono do mítico Bar Cristal, lugar do que sempre me contaron mil historias, e no que parece que se "estimula" moito este tipo de música...Como ía dicindo, en Silleda celebrouse tal festa, con 3 Dj's, vidos dende Barcelona, Oviedo e Vigo, e que nos ofreceron mostras da música Electro máis actual, o Techno máis lineal, e unha gran sesión de Manu Martín de Techno moi activo con grandes temas electrónicos polo medio.
Non teño máis que louvar un acto coma este, sabendo que en Cruces tería que ser un pouco máis light, e sabendo, tamén, que seguro que triunfaría se aproveitamos unha data desas míticas ou se montamos un cartel importante. Falando co tal Richi e ofrecendome para axudalos, entereime de que ofrecera organizar algo así na Dicoteca La Clave á comisión de festas do 2006, cousa que non chegou a bó término por cousa de licencias e tal (ou porque falou coa persoa equivocada, non sei)...así que agora, picame moito o tema, ademáis de que ando con Alfredo para arreglar uns platos Technics de vinilo, e é dende aquí dende onde agardo picar a alguén (tanto das Cruces como de fora) para que dé algunha idea ou se encirre para montar algo...xa que parece que o aniversario da Tropa anda algo durmido.
Por último, deixovos un video que colguei en YouTube de Manu Martín (que bó é este tipo!), aínda que o grabei co móbil e pode non verse moi ben. Espero que vos guste e que me deixedes moitos comentarios....
Canción do Día: Jacques Your Body (Make Me Sweat) de Les Rythmes Digitales
Publicado por
Checha
ás
15:28
1 comentarios
Etiquetas: movidas varias, Música, Vila de Cruces
Benvidos ao novo dominio de Angroisindesign....
Apartires de agora, podedes visitarme con só teclear o texto www.angrois.com.
Máis adiante o Blog cambiará de estilo, pasando a ser unha mera sección dentro desta nova web.
Agardo con impaciencia aumentar os meus coñecementos sobre Flash e Wordpress para adiantar no tema da web...
¡Gracias a todos polas vosas visitas!
Publicado por
Checha
ás
19:08
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Música, Vila de Cruces
Xa están presentadas as festas da Piedade de Vila de Cruces. Transcribo (traducido) o publicado por La Voz de Galicia, edición Deza-Tabeirós:
As festas de A Piedade de Vila de Cruces recuperarán este ano todo o seu lustre despois de que no 2005 o programa se limitase a actuaciones diurnas excepto na xornada final ante a falta de comisión. Dez formacións musicais actuarán nos festexos que se
celebrarán do 5 ao 7 de agosto.
A comisión, formada por oito xóvenes, programou para o primeiro día a actuación da Banda Municipal de Lalín -que estará só pola mañán- e unha verbena nocturna coas orquestras Ledicia e Tango. Durante a tarde, celebrarase a Festa do Neno e posteriormente, a primeira edición do Ralli de Carretillas Coidado que volcas . O domingo, día 6 de agosto, a Banda Municipal de Silleda ofrecerá concertos tanto pola mañán como pola tarde. Tamén estará presente o grupo de gaitas cruceño Punteirolo. As orquestras Ismael e Armonía Show serán as encargadas de animar a velada. A comisión de festas tamén contactou para que neste día estén presentes un grupo de baile brasileiro para facer demostracions de capoeira e samba durante a tarde.
Para cerrar os festexos de A Piedade, o luns, día 7 de agosto, animará as rúas e ofrecerá concertos a Banda Artística de Merza e pola noite porán o peche as orquestras América e Hollywood Nights.
Intenso traballo anual.
Os integrantes da comisión de festas deron a coñecer onte oficialmente o cartel dos festexos, cun presupuesto que rondará os 60.000 euros. Para lograr a financiación estuvieron traballando durante todo o ano: fixeron campeonatos de tute, cesta de nadal, maratón, sorteos semanais e unha festa en abril, para recaudar fondos. En breve editarán o libro dos festexos e comezarán co petitorio vecinal. O Concello aportará 9.000 euros para os festejos. A comisión de festas que se formou o ano pasado está composta por Manuel Blanco (presidente); David Puga (vicepresidente); Carlos Permuy (secretario); Sergio Mella (tesorero); César Brea, Miguel Taboada e Juan Sánchez, como vocales; e César Gómez como asociado.
Cartel e «El Jueves»
A comisión de festas organizou un concurso de carteis, cun plazo que rematou onte, para anunciar as fiestas, cun gañador que será seleccionado nos próximos días. Pero ademáis contarán coa colaboración dun dos debuxantes da revista de humor «El Jueves», que lles fixo unha viñeta.
O orixinal tédelo en http://www.lavozdegalicia.es/ed_deza/noticia.jsp?CAT=114&TEXTO=4926260
Canción do Día: Club Foot de Kasabian
Publicado por
Checha
ás
15:09
1 comentarios
Etiquetas: Vila de Cruces
Ocurrió cerca de tu casa, da revista semanal El Jueves.
Esta é a sección pola que moitos coñecemos ao debuxante de tiras cómicas (banda deseñada como se dí agora) e actor, Carlös.
O aquel deste Post ven de que a partires de agora, e no que me sexa posible, cada semana irei incluindo a viñeta que máis me guste da semana en El Jueves, sempre de entre as feitas por Carlös, que ten o estilo e o humor que máis me gusta dende hai moito tempo.
Ademáis, podo dicir, non sen orgullo, que nos ultimos tempos andamos mantendo contactos con él para facer algún traballiño que, esperamos, sexa do agrado de todos os que poidan disfrutar del.
Este rapaz, ou tipo, ou señor...como queirades dicilo, é, de nome real, Carlos Areces, e ademáis de publicar en El Jueves, publica tamén no Mister K (de similar factura que El Jueves, pero orientado cara un público, digamos, máis xoven). Tamén ten outra faceta, a de actor, que amosa no canal Paramount Comedy, no que participa a través do programa La Hora Chanante, un programa, para moitos, cun humor desternillante e no que colabora, entre outros, con Joaquín Reyes, ao que moitos coñeceredes por Camera Café (deixovos unha foto por si acaso)...
Boeno, pois espero que disfrutedes desa viñeta semanal e deste astro do humor e do debuxo...Para que vexades algo do seu traballo, tanto como actor coma debuxante, visitade youtube: http://www.youtube.com/results?search=carlos+areces&search_type=search_videos
Canción do Día: Spitfire de The Prodigy
Publicado por
Checha
ás
12:57
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, Vila de Cruces
Eiquí o tedes, o video presentación do 1º Rali de carretillas "Coidao Que Volcas" en Vila de Cruces!
Publicado por
Checha
ás
16:27
0
comentarios
Etiquetas: Vila de Cruces
-Sábado 5 de Agosto de 2006, festas da Piedade.
-Vila de Cruces
-Organizan: Comisión de festas Piedade2006 + Carretillas Team
Iso é. Un rali de carretillas....e para que quede constancia...bueno, mellor dito, non vou dicir nada moi en claro sobre de onde nin cando xurdiu a idea, aver se creamos un mito co paso do tempo....
Esta idea xurdiu, en termos xerales, de pensarmos uns cantos cruceños (si, eu son turko, pero xa sabedes) en que era unha pena non ter algo ke fose tradición, e pode ke kede so nun ano ke se faga ou nun par de anos, pero en principio o noso desexo e ter algo divertido e no ke pode participar todo o mundo pa botar unhas risas nas festas da Piedade. É unha pena o das carrilanas de Merza, pois si ben si que tiñan algo de perigo, non está de máis dicir que eran a hostia, e máis tendo en conta que pa velas era costume, por coincidencia de datas supoño, ter que ir de reenganchada dun dia das Festas da Piedade nas Cruces. Así que consideramos que é unha pena que xa non haxa o descenso de Merza, polo tanto, andamos coa teima do rali de carretillas, no que nos gustaría que participase xente de todo o concello, e sempre coa festa e o lecer coma desculpa.
Como prato previo, xa tivemos unha presentación algo sinxela o día do Galo de Curral, ademáis doutra presentación onte, en Santiago, no Motor Show. Así que xa sabedes que isto vai en serio.
Así que xa sabedes, carretillas vellas e lume pa diante....
Atoparedes máis información e fotos en: http://www.carretillasteam.com e http://piedade2006.lucanusnarede.com
Canción do Día: Volando voy de Los chunguitos
Publicado por
Checha
ás
16:02
1 comentarios
Etiquetas: Vila de Cruces