Eso é! Música electrónica...máis, para min toda....
A que ven esto?...pois iso, que coa chegada dó verán a música electrónica empeza a cheirarse no ambente...igual igual que as orquestas das verbenas....
Éste venres temos, eiquí pretiño no Burgo, a un bó grupo de música ElectroRock, os franceses Rinôçérôse...cecáis non os escoitastes nunca, polo menos sabendo a que eran eles, pero se podedes, ide velos....A cousa, o que me levou a motivarme a escribir sobre eles é o feito de que, porfin, consiga enterarme dun concerto destes tipos a tempo.
É un feito bastante corrente á par que lamentable en Galicia que se monten cousas das que pouca xente se entera. Exemplos que puideran interesarme son entreoutros: o caso de Erick Morillo en Lp45, para min un gran dj, ainda que o House a min parece bastante "pastelero", e que actuou o pasado dia 16 (martes antes do dia das Letras Galegas) e do que me enterei aínda onte; outro exemplo, os mismos Rinôçérôse, que actúan o venres e aínda me enterei onte porque vin un cartel en Santiago...un, sólo un, e vivo a 6 ou 7 quilometros do Burgo; e, por último, o exemplo de Placebo, que aínda que non iría velos, creo que acadaron un alto nivel internacional como para que hai uns dias me digan "estoume pensando se ir o finde a ver a Placebo" i eu me quede flipao pensando que o que o dixo ía a Madrid ou Bilbao ou mesmo Portugal, por exemplo, eso sí os dias seguintes non deixaron de aparecer nos noticiarios a nivel galego...ainda que neste último caso creo ter escoitado un leve rumor hai uns meses....
En fin, que parece que hai unha certa desidia á hora de "cartelizar" e publicitar estes eventos, pero bueno....tamén pode ser que eu non me entere de nada, ¿non?. Para os que vos poida interesar, un web onde podedes escoitar algo de Rinôçërôse: http://www.myspace.com/rinocerose
Cancións do Día: Le mobilier de Rinôçérôse e Break Down The Doors de Erick Morillo & Audio Bullys
30.5.06
¿ElectrónicaMúsica? - Sí, Gracias.
Publicado por Checha ás 15:36 2 comentarios
Etiquetas: Música
24.5.06
TolemiaRebel
Sí, semella que a cousa vai cara adiante, Morta máis eu andamos teimando no aquél que tiñamos de facermos as nosas propias camisolas.
A verdade é que no meu animo está facer algo distinto ao xa existente por aí, e, por suposto, deixar claro que non pretendo facerme rico con esto...
De momento, andamos a traballar no proxecto moi paseniño, ainda que xa temos un par de ideas bastante avanzadas, o logo en constante "brainstorming" e o domino web xa mercado http://www.tolemiarebel.com
Para todo aquel que se estea preguntando o porqué do nome, so dicir que hai que esperar á nosa primeira camisola inaugural...aí cecáis colla algo máis de sentido....
Polo demáis, só dicirvos que últimamente moitos proxectos gráficos están indo adiante, tanto logos coma carteis das festas de cruces e outros carteis varios.
Xa sabedes que todo comentario será benvido...deixovos o meu proxecto do logo, e xa vos irei avisando para que merquedes algunha das camisetas se vos interesa ¡ah!, se algún de vos ten a súa tenda e quere falar de algo máis serio, xa sabe....
Canción do día: Crazy de Gnarls Barkley
Publicado por Checha ás 17:06 2 comentarios
Etiquetas: deseño grafico
17.5.06
¡A la buuulla!
Cada semana ves nas noticias unha nova muller morta dunha paliza, ves a un chaval no hospital e con todo o corpo marcado a mans dun segurata, ves unha batalla campal na que escapou un navallazo....e pensas, ¡qué movida, qué xentuza!, e quizais pensas tamén que esas cousas a ti no che pasan, o que non pasa na túa comunidade ou, non sei, calquera outra cousa....pero que iso pasa en sitios menos ou nada civilizados, ¡¡Eu que sei!!...
Pero claro, poñamos por caso que saes un dia, despois de moito tempo, cos teus colegas na Coruña e estas disfrutando dunha noite moi, moi boa....e chegas ao orzán, co teu puntillo e con ganas de ver xente coñecida...e de súpeto, aparecen por diante túa 3 seguratas, entre eles, por exemplo, o mismisimo tacones, correndo detrás de tres ou catro pobres diaños que, a saber porqué, querían entrar nese pafeto ao que nunca tiveches intención de acudir, e que, non estando contentos de iren dandolles patadas todo o camiño, a un dáselle por acorralar a un na entrada dun Parking i en vez de deixalo escapar segue golpeandoo, saindo mais tarde saudando á xente todo cheo de orgullo....
Podes pensar, na túa inocencia, que eso é algo inaudito, que non pasa a cotío....Pero non pode ser, apenas 5 minutos mais tarde xa hai unha nova pelexa que, por sorte, poden chegar a parar unha parexa da Policía...Xa está, todo calmo, isto non pasa máis...
Si, si!! Ja-ja-ja! Apenas 20 minutos despois xa hai outra boa montada, desta vez a cousa xa é dun salvaxismo esaxerado...¿Cómo pode, nadie que estea ben da cabeza, darlle de hostias a un tipo, a un só, e tiralo ao chan, de milagre que non peta coa cabeza no bordillo e se mata?...e non contento con eso vai e aproveita para face-lo chiste de romperlle un vaso na cabeza....quizáis a alguen que lea isto se le deu algunha vez por facer eso, pero bueno, sintoo pero a min endexamais se me pasará pola cabeza...¿son un tio raro?
Isto recordame o caso aquél no SanBarr, unha discoteca vida a menos (moi a menos), na que nunha apacible tarde a un lle deron unhas navalladas....O tipo ese, o navallista, só tivo que agocharse un dia, deixarse pillar pola Guardia Viril ao seguinte e, por último e segundo parece, aguantar unha reprimenda dalgun xuiz....e ainda o temos por aí, borracho, drogado, e sacandolle a navalla á xente por doquier.
Visto eso e o que podes ver unha noite na Coruña, supoño que aquí o que hai que facer é empezar a comprar navallas ou algo, para que, chegado o caso, non sexas ti o que sae peor parado...¿Teño razón?...pois creo que non pero haberá que divagar un pouco...
Ah!...ao tipo que lle romperon un vaso na cabeza non tardou moito en collelo unha Ambulancia...¡¿Qué sorte, eh?!
Canción do dia: Out of control de The chemical brothers (¿apropiada, non?)
Publicado por Checha ás 16:24 0 comentarios
Etiquetas: movidas varias
12.5.06
Creando un blog
A día de hoxe, podo dicir que teño un blog.
Non sei se é motivo de orgullo, a verdade, pero xa está feito. Nestes últimos días, o tempo que paso navegando pola internet é un pouco maior ao que estou acostumado, e iso permitiume descubrir, entre outras moitas cousas, algún que outro blog bastante interesante, incluso incurrindo en pequenos comentarios "anónimos" nalgún deles....Así que tras unhas breves verbas con algunha blogueira, decidinme a comezar esta aventura...
Supoño que as miñas pañabras irán dirixidas ao deseño principalmente, pero tamén á música electrónica, e, por supodsto, tamén haberá algo para os freaks...
É de obriga para min comezar só cuns cantos vínculos que xa moitos de vos coñeceredes pero que son, de momento, os importantes. Ademáis, unha canción do día, idea moi habitual por aí, e que a min, personalmente, me gusta moito
Páxinas interesantes, só un par:
http://www.lucanus.es a páxina de Mortadelo, con que teño o gusto de facer pequenas colaboracións
http://piedade2006.lucanusnarede.com o web da comisión de festas de Vila de Cruces!
Canción do día: Malquerida de Nubla
Publicado por Checha ás 12:53 2 comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Música