25.1.07

O concurso de Xirandola e máis

Boeno, fai xa un mes que se fallou o concurso de logos para o 20 Aniversario da Agrupación de Baile Xirandola (Silleda), e como tiña xa asumido, non conseguín gañar, ainda que se di que quedei bastante ben situado.
O meu deseño, baseado na idea desas xentes que se coñeceron co motivo ou co fondo de dita agrupación, foi perdendo gusto para min co tempo, ainda que sigo pensando que é mellor que o gañador. Eiquí dúas versións do meu deseño:












Pola contra, está o deseño gañador, do deseñador Juan Carlos Salgueiro, de C&S Diseño y Publicidad (xa vedes o web que teñen ou tiñan non sei, espero subir pronto un link de verdade), e creo, sinceramente, que algo raro houbo para que gañase, eso si, supoño que algo mellor que o meu e o gañador si que habería.



Bueno, á fin e ao cabo, un deseño que non triunfou e uns 250 € de premio que desexaba para meterme de cheo nun portátil e que non cheguei a acadar...algo máis que non sae...pero algo chegará....

Por outra banda, pero sen sair do deseño, algo novo que enviei ao concurso continuo de camisetas de Pampling. Un deseño sen moita ilusión, pero que foi unha idea e había que aproveitala....sen ánimo de que triunfe pero enviado está. A miña intención era ensinarvos o deseño pero non me é posible, asi que podedes velo no link Camisola

Sen máis, un saúdo e gracias por visitar o meu blogue a todos aqueles que o facedes de vez en cando.

Canción do Día: Love Don't Let Me Go de David Guetta vs The Egg (Canción do anuncio de Citröen C4 no que patina un Transformer-C4)