O que tiña dito...un pouco de publicidade....

O que tiña dito...un pouco de publicidade....

Publicado por
Checha
ás
15:25
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Vila de Cruces
Nunca pensei que ia deixar tan de lado o blog...candiola!
Publicado por
Checha
ás
14:33
2
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Voume motivar con este tipo simplemente porque cada vez que vexo o seu último anuncio flipo....
Sin máis nin máis, un tipo capaz de facer unha película tan sumamente boa como "Snatch: Cerdos e Diamantes" xa ten todo dito. Ademáis, películas como "Lock and Stock", outros anuncios como o do BMW M5 (protagonizado por Madonna) e varios videos como o de What It Feels Like For A Girl de Madonna, a súa primeira colaboración.
Desfrutade de él e buceade por videos e anuncios, xa verdes!
Publicado por
Checha
ás
11:11
5
comentarios
Etiquetas: movidas varias
A nosa primeira curta...xa non sei canto hai que a gravamos...que risas botamos....
Disfrutadea!
Publicado por
Checha
ás
13:46
7
comentarios
Etiquetas: movidas varias, Vila de Cruces
Vale, cousa friki pa este post...máis que nada porque o acabo de descubrir (ainda que xa o tiña visto) e faime coña...
Para saber o que pón, pois deberías instalar o programa no teu móbil, ¿cómo?, pois na seguinte web: QuickMark.E para saber máis, visita a Wikipedia. Ademáis, podes crear un coma o que puxen eu no post nesta páxina de Kaywa.
Publicado por
Checha
ás
17:10
4
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Xa o teño...máis que nada como saída desas fotos que atopo, ou desos deseños que fago e aos que lles quero dar algunha saída diferente...
Publicado por
Checha
ás
16:50
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias
Sei que vou pecar de lura, pero teño que facelo....a pesares da miña mala economía actual, non podo facer máis que mirar este artiluxio Freak.

Publicado por
Checha
ás
10:55
8
comentarios
Etiquetas: movidas varias, Música
Publicado por
Checha
ás
01:29
2
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Vila de Cruces
Como podedes ver na barra dereita deste blog, hai colocado un reproductor musical online, sendo só a punta do iceberg no que ao tema se refire. É por iso polo que me vexo necesitado de falar deste servicio web.
Last.fm é unha ferramenta en forma de web coa que crear unha especie de lista de todas esas cancións e grupos que máis escoitas no teu Pc. O sistema basease nunha aplicación que fai o chamado "audioscrobbling" co teu Pc (con Windows, MacOS ou Linux), é dicir, interactúa cos teus programas de reproducción de audio (en concreto con iTunes, Windows Media Player e Winamp), iniciandose con eles e enviando á base de datos da web o título das canción que estás a escoitar (sempre tras escoitar un porcentaxe de tempo da canción determinado).
Desta forma, a información pasar a formar parte do teu perfil creado en Last.fm, pero non só ten esta función, pois sería un servicio moi básico tamén ofrecido, por exemplo, polo iTunes. Na web ofrecenche a posibilidade de coñecer outros grupos similares aos que ti escoitas, ademáis da posibilidade de ver qué escoita outra xente que comparte os teus gustos musicais (os chamados "veciños", indicando porcentaxes de coincidencia).
Outra posibilidade importante de Last.fm é a existencia de reproductores ou radios online de temas subidos á web (en principio polas distribuidoras), clasificandoos por: estilos de música (chamados tags: funk, rock, house...e moitas variacións: funky house, pop-rock, deep-house, drum'n'bass...etc); cantantes (ou grupos) e outros semellantes en estilo; ou emitindo temas que existen nas túas propias listas de reproducción.
Este último servicio de radio é en forma de widgets, podendo colgalo en calquera web ou blogue que os soporte, estando tamén dispoñibles para o escritorio de MacOS. Ademáis, podes amosar en webs (como firma de foros ou como imaxe simplemente) unha lista das cancións que tes escoitado últimamente. Dende hai un tempo, dúas novidades: algunhas cancións poden non só ser escoitadas, senón tamén descargadas ao teu Pc; e a posibilidade de facer scrobbling co teu iPod, unha aplicación que non tiven posibilidade de usar de momento pero moi atractiva xa que amplia o servicio a un sistema móbil.
Dende hai un tempo, temos dispoñobles versión internacionais, para España www.lastfm.es
¡Disfrutade do tema, que eu xa o estou facendo!
Publicado por
Checha
ás
17:48
0
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Xa chega o 2º Rali de Carretillas de Vila de Cruces...apenas faltan un par de meses para que chegue, en plenas festas da Piedade, e no X Aniversario da Tropa de Asalto á Barra, a consolidación deste Rali tan enxebre.
Este ano, os rapaces de Carretillas Team pedironme que lles fixese un logo para este ano, algo sinxelo e baseado nos logos dos ralis de coches.
O rali terá lugar o 11 de Agosto, ainda nun lugar por confirmar, pero que pronto será decidido nunha reunión co concello na que se deixara todo aclarado.
Este ano, dende a organización, plantexase como clave para que se consolide coma unha tradición, e é por iso polo que se cambiou o web da organización, procurando máis contidos e unha regulamentación máis axeitada.
Este fin de semana, en coincidencia e aproveitando a celebración do Galo de Curral, faráse a presentación ao público. Como adianto, deixovos o cartel previo (a falta de máis datos que incluir e cousas que cambiar), que diseñei con moito gusto ao estilo do web de Carretillas Team
Canción do Día: Riders On The Storm de Snoop Dogg FT The Doors
Publicado por
Checha
ás
12:20
7
comentarios
Etiquetas: movidas varias, Música
É un feito o desexo que moitos nas Cruces de montarmos unha festa de música electrónica. Cada venres vemos como o Kinke (ou Carruco, ou Placidín...) vai metendo no Cactus cada vez máis música electrónica, principalmente House e Electro. Pero aínda así, e polo menos ata a celebración do X Aniversario da Tropa, non creo que se monte ningunha festa de música electrónica no noso concello.
Non é así noutros sitios. En Silleda, na discoteca Dilema, este último fin de semana se celebrou unha festa levada a cabo polo Colectivo Sin Sueño, ao fronte do que se atopa Richi, dono do mítico Bar Cristal, lugar do que sempre me contaron mil historias, e no que parece que se "estimula" moito este tipo de música...Como ía dicindo, en Silleda celebrouse tal festa, con 3 Dj's, vidos dende Barcelona, Oviedo e Vigo, e que nos ofreceron mostras da música Electro máis actual, o Techno máis lineal, e unha gran sesión de Manu Martín de Techno moi activo con grandes temas electrónicos polo medio.
Non teño máis que louvar un acto coma este, sabendo que en Cruces tería que ser un pouco máis light, e sabendo, tamén, que seguro que triunfaría se aproveitamos unha data desas míticas ou se montamos un cartel importante. Falando co tal Richi e ofrecendome para axudalos, entereime de que ofrecera organizar algo así na Dicoteca La Clave á comisión de festas do 2006, cousa que non chegou a bó término por cousa de licencias e tal (ou porque falou coa persoa equivocada, non sei)...así que agora, picame moito o tema, ademáis de que ando con Alfredo para arreglar uns platos Technics de vinilo, e é dende aquí dende onde agardo picar a alguén (tanto das Cruces como de fora) para que dé algunha idea ou se encirre para montar algo...xa que parece que o aniversario da Tropa anda algo durmido.
Por último, deixovos un video que colguei en YouTube de Manu Martín (que bó é este tipo!), aínda que o grabei co móbil e pode non verse moi ben. Espero que vos guste e que me deixedes moitos comentarios....
Canción do Día: Jacques Your Body (Make Me Sweat) de Les Rythmes Digitales
Publicado por
Checha
ás
15:28
1 comentarios
Etiquetas: movidas varias, Música, Vila de Cruces
Benvidos ao novo dominio de Angroisindesign....
Apartires de agora, podedes visitarme con só teclear o texto www.angrois.com.
Máis adiante o Blog cambiará de estilo, pasando a ser unha mera sección dentro desta nova web.
Agardo con impaciencia aumentar os meus coñecementos sobre Flash e Wordpress para adiantar no tema da web...
¡Gracias a todos polas vosas visitas!
Publicado por
Checha
ás
19:08
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Música, Vila de Cruces
Non, desta vez non asistin a ningunha pelexa en directo, aínda que o finde pasado pasei unha noite por Lalín i este que ven outra vez, así que, como parece que acostuma últimamente, malo será que non vexa algo deso por aí....
O conto deste post é o simple feito de ensinarvos un video que atopei en youtube usando o buscador coa palabra "fight", aconsellado por certo colega e despois de flipar bastante coa peña...só dicir que, sen dúbida, o peor son os americanos de instituto que forman un circulo para mirar como se matan dous tipos ou tipas, aínda que tamén hai un gordo enorme americano zoupandolle a un adolescente; e algún listo que supón que é gracioso esperar a un irmán ou colega e darlle unha hostia na testa así de súpeto e sen motivo, só polo chiste.....e como non provocarlle unha conmoción....
Pois iso, deixovos o video duns tipos, que parecen saídos dun ghetto, que se adican a mirar e jalear a dous Mister T da vida mentres pelexan, eso sí, hai un que é impresionantemente bruto....
Video non dispoñible - Buscade outros videos en Youtube ou Metacafe ou o que queirades
Canción do día: Around the World de Daft Punk
Publicado por
Checha
ás
17:41
4
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Xa levamos uns dias de novo curso....pero semella ke este ano as cousas serán algo distintas.....
As ganas por facer as cousas ben son diferentes ás outras veces...A verdade é que hai cousas que se están a facer esperar pero que pronto chegaran a bó porto....
De momento, podo falar de poucas cousas, pero si moi importantes. Por unha parte, está o ánimo por solventar eses problemas que me estrinxen por veces o ánimo, ainda que nestes precisos intres estea pensando en que non teñen solución...por outra banda, está a ilusión por un novo proxecto que, se ben semella algo estancado, estou seguro de que enseguida chegará a bó sitio...ademais, un tema de verdade ilusionante, un tema, unha persoa, coa que a miña relación xa se extende por máis de dous anos, un tempo nada despreciable para os tempos que corren.
Como cada ano, o comenzo do curso supón un momento de reflexión ao igual que o comenzo dun novo ano...é unha época de ilusións renovadas na que se lle da a todo o mundo por facer promesas e propórse novos obxectivos. Só espero desta vez, e polo menos no meu caso, que non me falle a ilusión inicial e poida levar á realidade, senón todo, si unha boa parte do que desexo.
Semella será este un curso curioso, con bodas, algún fillo que outro e moitas novidades. Neste termo, só dicir unha cousa...espero como auga de maio verte máis e máis a medida que pase o tempo, agradecerche que esteas conmigo cando te necesito, e sobretodo, poder facerche feliz. Sí, vai para ti, xa sabes.....supoño que todos o saben...pero tamén vai para vós, para aqueles/as que estiveron conmigo e que, sobretodo, parece que estarán...e só desexo unha cousa, que non faga falta, coma no caso dos maiores (maiores-maiores, non o tomedes como un rapaz que di os maiores por xente de 30 anos), que pase algo malo para poder vernos...
Pois iso, con isto e un biscoito, deixovos unha lista de desexos, pero moi simple, para que pensedes un pouco...jejeje...para este ano:
Canción do Día: Sexyback de Justin Timberlake (sopesaba un post comparando a evolución deste tipo coa de Robbie Williams co seu Rudebox, pero é tontería, escoitade as dúas e a voz dos tipos en consonacia coa canción e punto...)
Publicado por
Checha
ás
11:03
2
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Un novo blog da miña factura anda a circular polo mundo internet. Desta vez, un blog de noticias e crónicas de partidos da Peña Rocco, equipo no que teño militado e no que actualmente participan os meus dous irmáns.
A verdade é que o deseño non cambiou moito, máis que nada pola desgana e polo meu descoñecemento do tema "deseño web", asi que, como poderedes ver, escollin unha base parecida á de este mesmo blog e despois só restaba cambialo por deseños propios...Así resulta un blog sinxelo pero personalizado....aceptanse suxerencias, e sobre todo, participación....
http://penarocco.blogspot.com ou http://www.penarocco.tk
Canción do Día: Always and Forever de Chocolate Puma (Bonita e movida...)
Publicado por
Checha
ás
10:29
0
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Cuán interesante pode chegar a ser a nosa lingua.
Levo un par de anos saboreando un insulto que me enche a boca cada vez que o digo...e das poucas cousas que lle podes chamar a alguén e disfrutar dicindoo...Payaso de Goma , e si, sempre o digo en castelán....
O tema e que a nosa lingua, e non me refiro ao Galego, se non á nosa lingua coloquial, está chea de expresións marabillosas....vexamos: Me cago no tren das tres; Mecagonasestrellas (moi de moda, of course); o famoso ¿Jastas pista?; ¿Cantos hai aí?; Eres máis hortera que un sacho con pejatinas; ¿Cantas vacas tés?; e tantos outros que farían este blog interminable...
É por iso, polo que vos convido a enviar as vosa frases..asi deste estilo....suopoño que poucos vos animaredes, ademais de ke poucos visitade so blog..pero bueno...a ver se alguen se anima....
Só deixarvos un consello, tede o de Payaso de Goma na mente, e veredes como vos sae nuha boa ocasión e disfrutades de dicilo.....
A Canción do Día: Put your hands up for Detroit de Chris Lake presents Freddie Le Grand (simplemente escoitadea e saberedes como sería unha sesión miña no canto de saber/poder facela...yeah!)
Publicado por
Checha
ás
13:27
7
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Anos atrás, certa persoaxe por moitos coñecida, realizou esta performancia na UPN (Universidade Politécnica de Navarra). Para algún, un documento único co que botar unhas risas, e máis supoñendo que se recoñeza ao susodito....Para iso, acepto que deixedes os vosos comentarios coas vosas sospeitas..Veña!
Publicado por
Checha
ás
14:10
0
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Vaia reflexión, diredes algúns de vos, pero antes de seguirmos, acendede o voso aparato de TV e mirade calquera programa de deportes (ou poñede en La Sexta directamente)....e non vexades os goles do Mundial de fútbol, non, buscade a algún xogador de paisano e mirade as súas orellas.... Ben, entrados en materia, xa saberedes porqué falar hoxe do iPod.
Este aparato, revolucionario e precursor da febre do Mp3, non é máis que un soporte de audio (agora tamén incluindo imaxe)...agás que o vexamos dende o punto de visita do seu deseño estético. Con este aparato, o de maior venda por todo o mundo, Apple volve a darlle unha enésima volta de rosca ao mundo do deseño industrial. Pode que moitos avezados estén xa co seu coitelo entre os dentes, dispostos a saltar co aquel do elevado coste deste, por outra banda fantástico, producto, pero este é un manifesto para a defensa e compresión do mundo iPod.
Como ben demostran todos e cada un dos xogadores deste mundial, aínda que poida pecar de atrevido nesta afirmación, o iPod é o Mp3 de maior calidade e aceptación entre o público, aínda que é unha verdadeira lástima o seu precio por momentos desorbitados. Pero existe unha dúbida neste tema dos iPod e o mundial, ¿credes de verdade que non hai nadie ao que se lle dera por mercar outra marca?...pois aí xorde o chungo do tema (ou o marabilloso visto dende o punto de vista comercial), xa que esto parece un caso de publicidade subliminal do máis potente. Por unha banda, temos un dos espectáculos deportivos máis grandiosos do planeta, e por outra, unha fonte de publicidade de amplio espectro, personificada en cada un dos xogadores que participan, pois, quen máis quen menos, acabará vendo algo do mundial. Ademáis, Apple, mantén unha imaxe minimalista que chega mesmo aos seus auriculares, perfectamente recoñecibles cunha breve ollada sobre os protagonistas (moitos outros blogs xa falan dunha xeira de iPod-adictos que se esconden das masas co uso doutro tipo de auriculares).
Así, e dados estes datos, parece que o negocio é redondo...coma moitos outros, fan un agasallo a cada selección do mundial, en forma do aparato con máis éxito do mercado do Mp3, sabendo que, aínda agochado, pode ser recoñecido (xa que, ademáis, moitos xogadores usan os auriculares aínda sin son co único motivo de poder abstraerse do ambente) . Sen nombrar en ningún momento a marca, pero conseguindo que en todas e cada unha das canles televisivas se comente nalgún intre algo dos cascos...xa está, feito o negocio.
O propósito deste escrito ten dúas partes, por unha banda dar conta do moito que nos putean aínda sen nos sabelo; e por outra, dar boa conta da calidade, tanto estética coma técnica, do iPod. No meu caso, non hai moito que me fixen con un iPod Nano, de 2 Gigas, e, aínda que ten os seus inconvenientes tanto no seu precio coma no dos recambios e accesorios, podo dicir que é unha auténtica máquina, tanto polo seu aspecto, como polo son que poder chegar a dar, coma no software que incorpora para o teu Pc.
En definitivas contas, parece que o rei dos Mp3 ten o seu futuro asegurado, tanto pola súa
calidade, como pola boa estratexia comercial...¿A que agora cando ves algo do mundial semella todo un complot?
(Foder, xa hai até un móbil)....
Canción do día: Conga Fury de Juno Reactor (a útima canción que escoitei no iTunes)
Publicado por
Checha
ás
12:52
0
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Pois iso, un xogo do que teño coñecemento por milli ( http://www.seacaboloqsedaba.blogspot.com ) e no que se me asignou a letra F, coa que teño que poñer 10 palabras que me gusten (e sí, voume permitir galego+castelán):
Noutra orde de cousas, dicirvos que xa vin plasmado en pedra un dos meus deseños, nunha colaboración con Morta ( http://bitacora.lucanusnarede.com/ e http://www.lucanusnarede.com ), este foi o logo que creei para a casa rural de "A Casa de Abaixo" en Melide ( http://www.casadeabaixo.com ), e do que e sinto moi moi orgulloso, así que todo aquel que teña unha idea e me vexa capacitado, só ten que dicirmo...brevemente irei expoñendo todo o que vou facendo, para que xulguedes....
Canción do Día: We Come 1 de Faithless
Publicado por
Checha
ás
10:55
2
comentarios
Etiquetas: movidas varias
Cada semana ves nas noticias unha nova muller morta dunha paliza, ves a un chaval no hospital e con todo o corpo marcado a mans dun segurata, ves unha batalla campal na que escapou un navallazo....e pensas, ¡qué movida, qué xentuza!, e quizais pensas tamén que esas cousas a ti no che pasan, o que non pasa na túa comunidade ou, non sei, calquera outra cousa....pero que iso pasa en sitios menos ou nada civilizados, ¡¡Eu que sei!!...
Pero claro, poñamos por caso que saes un dia, despois de moito tempo, cos teus colegas na Coruña e estas disfrutando dunha noite moi, moi boa....e chegas ao orzán, co teu puntillo e con ganas de ver xente coñecida...e de súpeto, aparecen por diante túa 3 seguratas, entre eles, por exemplo, o mismisimo tacones, correndo detrás de tres ou catro pobres diaños que, a saber porqué, querían entrar nese pafeto ao que nunca tiveches intención de acudir, e que, non estando contentos de iren dandolles patadas todo o camiño, a un dáselle por acorralar a un na entrada dun Parking i en vez de deixalo escapar segue golpeandoo, saindo mais tarde saudando á xente todo cheo de orgullo....
Podes pensar, na túa inocencia, que eso é algo inaudito, que non pasa a cotío....Pero non pode ser, apenas 5 minutos mais tarde xa hai unha nova pelexa que, por sorte, poden chegar a parar unha parexa da Policía...Xa está, todo calmo, isto non pasa máis...
Si, si!! Ja-ja-ja! Apenas 20 minutos despois xa hai outra boa montada, desta vez a cousa xa é dun salvaxismo esaxerado...¿Cómo pode, nadie que estea ben da cabeza, darlle de hostias a un tipo, a un só, e tiralo ao chan, de milagre que non peta coa cabeza no bordillo e se mata?...e non contento con eso vai e aproveita para face-lo chiste de romperlle un vaso na cabeza....quizáis a alguen que lea isto se le deu algunha vez por facer eso, pero bueno, sintoo pero a min endexamais se me pasará pola cabeza...¿son un tio raro?
Isto recordame o caso aquél no SanBarr, unha discoteca vida a menos (moi a menos), na que nunha apacible tarde a un lle deron unhas navalladas....O tipo ese, o navallista, só tivo que agocharse un dia, deixarse pillar pola Guardia Viril ao seguinte e, por último e segundo parece, aguantar unha reprimenda dalgun xuiz....e ainda o temos por aí, borracho, drogado, e sacandolle a navalla á xente por doquier.
Visto eso e o que podes ver unha noite na Coruña, supoño que aquí o que hai que facer é empezar a comprar navallas ou algo, para que, chegado o caso, non sexas ti o que sae peor parado...¿Teño razón?...pois creo que non pero haberá que divagar un pouco...
Ah!...ao tipo que lle romperon un vaso na cabeza non tardou moito en collelo unha Ambulancia...¡¿Qué sorte, eh?!
Canción do dia: Out of control de The chemical brothers (¿apropiada, non?)
Publicado por
Checha
ás
16:24
0
comentarios
Etiquetas: movidas varias