21.6.06

O iPod, ¿Gañador do mundial?

Vaia reflexión, diredes algúns de vos, pero antes de seguirmos, acendede o voso aparato de TV e mirade calquera programa de deportes (ou poñede en La Sexta directamente)....e non vexades os goles do Mundial de fútbol, non, buscade a algún xogador de paisano e mirade as súas orellas.... Ben, entrados en materia, xa saberedes porqué falar hoxe do iPod.

Este aparato, revolucionario e precursor da febre do Mp3, non é máis que un soporte de audio (agora tamén incluindo imaxe)...agás que o vexamos dende o punto de visita do seu deseño estético. Con este aparato, o de maior venda por todo o mundo, Apple volve a darlle unha enésima volta de rosca ao mundo do deseño industrial. Pode que moitos avezados estén xa co seu coitelo entre os dentes, dispostos a saltar co aquel do elevado coste deste, por outra banda fantástico, producto, pero este é un manifesto para a defensa e compresión do mundo iPod.

Como ben demostran todos e cada un dos xogadores deste mundial, aínda que poida pecar de atrevido nesta afirmación, o iPod é o Mp3 de maior calidade e aceptación entre o público, aínda que é unha verdadeira lástima o seu precio por momentos desorbitados. Pero existe unha dúbida neste tema dos iPod e o mundial, ¿credes de verdade que non hai nadie ao que se lle dera por mercar outra marca?...pois aí xorde o chungo do tema (ou o marabilloso visto dende o punto de vista comercial), xa que esto parece un caso de publicidade subliminal do máis potente. Por unha banda, temos un dos espectáculos deportivos máis grandiosos do planeta, e por outra, unha fonte de publicidade de amplio espectro, personificada en cada un dos xogadores que participan, pois, quen máis quen menos, acabará vendo algo do mundial. Ademáis, Apple, mantén unha imaxe minimalista que chega mesmo aos seus auriculares, perfectamente recoñecibles cunha breve ollada sobre os protagonistas (moitos outros blogs xa falan dunha xeira de iPod-adictos que se esconden das masas co uso doutro tipo de auriculares).

Así, e dados estes datos, parece que o negocio é redondo...coma moitos outros, fan un agasallo a cada selección do mundial, en forma do aparato con máis éxito do mercado do Mp3, sabendo que, aínda agochado, pode ser recoñecido (xa que, ademáis, moitos xogadores usan os auriculares aínda sin son co único motivo de poder abstraerse do ambente) . Sen nombrar en ningún momento a marca, pero conseguindo que en todas e cada unha das canles televisivas se comente nalgún intre algo dos cascos...xa está, feito o negocio.

O propósito deste escrito ten dúas partes, por unha banda dar conta do moito que nos putean aínda sen nos sabelo; e por outra, dar boa conta da calidade, tanto estética coma técnica, do iPod. No meu caso, non hai moito que me fixen con un iPod Nano, de 2 Gigas, e, aínda que ten os seus inconvenientes tanto no seu precio coma no dos recambios e accesorios, podo dicir que é unha auténtica máquina, tanto polo seu aspecto, como polo son que poder chegar a dar, coma no software que incorpora para o teu Pc.

En definitivas contas, parece que o rei dos Mp3 ten o seu futuro asegurado, tanto pola súa calidade, como pola boa estratexia comercial...¿A que agora cando ves algo do mundial semella todo un complot?

(Foder, xa hai até un móbil)....

Canción do día: Conga Fury de Juno Reactor (a útima canción que escoitei no iTunes)

No hay comentarios: