10.10.06

Un novo curso...

Xa levamos uns dias de novo curso....pero semella ke este ano as cousas serán algo distintas.....
As ganas por facer as cousas ben son diferentes ás outras veces...A verdade é que hai cousas que se están a facer esperar pero que pronto chegaran a bó porto....

De momento, podo falar de poucas cousas, pero si moi importantes. Por unha parte, está o ánimo por solventar eses problemas que me estrinxen por veces o ánimo, ainda que nestes precisos intres estea pensando en que non teñen solución...por outra banda, está a ilusión por un novo proxecto que, se ben semella algo estancado, estou seguro de que enseguida chegará a bó sitio...ademais, un tema de verdade ilusionante, un tema, unha persoa, coa que a miña relación xa se extende por máis de dous anos, un tempo nada despreciable para os tempos que corren.

Como cada ano, o comenzo do curso supón un momento de reflexión ao igual que o comenzo dun novo ano...é unha época de ilusións renovadas na que se lle da a todo o mundo por facer promesas e propórse novos obxectivos. Só espero desta vez, e polo menos no meu caso, que non me falle a ilusión inicial e poida levar á realidade, senón todo, si unha boa parte do que desexo.

Semella será este un curso curioso, con bodas, algún fillo que outro e moitas novidades. Neste termo, só dicir unha cousa...espero como auga de maio verte máis e máis a medida que pase o tempo, agradecerche que esteas conmigo cando te necesito, e sobretodo, poder facerche feliz. Sí, vai para ti, xa sabes.....supoño que todos o saben...pero tamén vai para vós, para aqueles/as que estiveron conmigo e que, sobretodo, parece que estarán...e só desexo unha cousa, que non faga falta, coma no caso dos maiores (maiores-maiores, non o tomedes como un rapaz que di os maiores por xente de 30 anos), que pase algo malo para poder vernos...

Pois iso, con isto e un biscoito, deixovos unha lista de desexos, pero moi simple, para que pensedes un pouco...jejeje...para este ano:

  • Virginia, máis Virginia;
  • Economía, máis e mellor;
  • Deseño Gráfico, demos un salto cualitativo e cuantitativo, plis;
  • Mens sana in corpore sano (pero nada de ximnasios);
  • Camisolas, moitas e boas;
  • Algo máis na Música;
  • e, finalmente, a ser felices....

Canción do Día: Sexyback de Justin Timberlake (sopesaba un post comparando a evolución deste tipo coa de Robbie Williams co seu Rudebox, pero é tontería, escoitade as dúas e a voz dos tipos en consonacia coa canción e punto...)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

guau! virginia e maís virginia!!

Checha dijo...

Joder! non publiques como anónimo.....a ver....conectácheste con FIrefox, con Telefónica....dende Vigo?? e 4:42 minutos...e miraches 8 páxinas?? jobá, canto enredaches!