17.5.06

¡A la buuulla!


Cada semana ves nas noticias unha nova muller morta dunha paliza, ves a un chaval no hospital e con todo o corpo marcado a mans dun segurata, ves unha batalla campal na que escapou un navallazo....e pensas, ¡qué movida, qué xentuza!, e quizais pensas tamén que esas cousas a ti no che pasan, o que non pasa na túa comunidade ou, non sei, calquera outra cousa....pero que iso pasa en sitios menos ou nada civilizados, ¡¡Eu que sei!!...

Pero claro, poñamos por caso que saes un dia, despois de moito tempo, cos teus colegas na Coruña e estas disfrutando dunha noite moi, moi boa....e chegas ao orzán, co teu puntillo e con ganas de ver xente coñecida...e de súpeto, aparecen por diante túa 3 seguratas, entre eles, por exemplo, o mismisimo tacones, correndo detrás de tres ou catro pobres diaños que, a saber porqué, querían entrar nese pafeto ao que nunca tiveches intención de acudir, e que, non estando contentos de iren dandolles patadas todo o camiño, a un dáselle por acorralar a un na entrada dun Parking i en vez de deixalo escapar segue golpeandoo, saindo mais tarde saudando á xente todo cheo de orgullo....

Podes pensar, na túa inocencia, que eso é algo inaudito, que non pasa a cotío....Pero non pode ser, apenas 5 minutos mais tarde xa hai unha nova pelexa que, por sorte, poden chegar a parar unha parexa da Policía...Xa está, todo calmo, isto non pasa máis...

Si, si!! Ja-ja-ja! Apenas 20 minutos despois xa hai outra boa montada, desta vez a cousa xa é dun salvaxismo esaxerado...¿Cómo pode, nadie que estea ben da cabeza, darlle de hostias a un tipo, a un só, e tiralo ao chan, de milagre que non peta coa cabeza no bordillo e se mata?...e non contento con eso vai e aproveita para face-lo chiste de romperlle un vaso na cabeza....quizáis a alguen que lea isto se le deu algunha vez por facer eso, pero bueno, sintoo pero a min endexamais se me pasará pola cabeza...¿son un tio raro?

Isto recordame o caso aquél no SanBarr, unha discoteca vida a menos (moi a menos), na que nunha apacible tarde a un lle deron unhas navalladas....O tipo ese, o navallista, só tivo que agocharse un dia, deixarse pillar pola Guardia Viril ao seguinte e, por último e segundo parece, aguantar unha reprimenda dalgun xuiz....e ainda o temos por aí, borracho, drogado, e sacandolle a navalla á xente por doquier.

Visto eso e o que podes ver unha noite na Coruña, supoño que aquí o que hai que facer é empezar a comprar navallas ou algo, para que, chegado o caso, non sexas ti o que sae peor parado...¿Teño razón?...pois creo que non pero haberá que divagar un pouco...

Ah!...ao tipo que lle romperon un vaso na cabeza non tardou moito en collelo unha Ambulancia...¡¿Qué sorte, eh?!

Canción do dia: Out of control de The chemical brothers (¿apropiada, non?)

No hay comentarios: