7.6.07

2º Rali de Carretillas...Yeah!

Xa chega o 2º Rali de Carretillas de Vila de Cruces...apenas faltan un par de meses para que chegue, en plenas festas da Piedade, e no X Aniversario da Tropa de Asalto á Barra, a consolidación deste Rali tan enxebre.
Este ano, os rapaces de Carretillas Team pedironme que lles fixese un logo para este ano, algo sinxelo e baseado nos logos dos ralis de coches.

O rali terá lugar o 11 de Agosto, ainda nun lugar por confirmar, pero que pronto será decidido nunha reunión co concello na que se deixara todo aclarado.
Este ano, dende a organización, plantexase como clave para que se consolide coma unha tradición, e é por iso polo que se cambiou o web da organización, procurando máis contidos e unha regulamentación máis axeitada.
Este fin de semana, en coincidencia e aproveitando a celebración do Galo de Curral, faráse a presentación ao público. Como adianto, deixovos o cartel previo (a falta de máis datos que incluir e cousas que cambiar), que diseñei con moito gusto ao estilo do web de Carretillas Team

Canción do Día: Riders On The Storm de Snoop Dogg FT The Doors

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.

Checha dijo...

Boas Rodrigo...Gracias pola túa visita. Non sei se con ela pretendes que merquemos algo no teu web, pero sinto dicirche que hai moitos anos que xa temos superado o transfer textil. Proba co Vinilo imprimible para facer cousas coma as que ti fas pero para poder poñelas en calquera cor de camisola, non só cores claras.
E se realmente usas serigrafía, proba a amosar modelo de camisolas de cores variados, poruqe o blanco, precisamente, e dos que menos se venden.

Barnikel dijo...

Juas, juas, dando caña á competensia...

A ver se este ano tedes unha boa cobertura audiovisual da man de Lucanus, e así podo ver o rali en YouTube...
;)

milli dijo...

hola!!! ya tengo internet!!!!!!!!!!!!!!!!

Barnikel dijo...

Por certo, toma chapas...
http://www.ggili.com/ficha_amp.cfm?IDPUBLICACION=1113&ididioma=ES

Morta dijo...

A ver se este ano saco o video máis puntual...

Checha dijo...

A ver se é certo....e a ver se facemos unha gran carretilla...jejeje!