8.7.06

Festas da Piedade

Xa están presentadas as festas da Piedade de Vila de Cruces. Transcribo (traducido) o publicado por La Voz de Galicia, edición Deza-Tabeirós:

As festas de A Piedade de Vila de Cruces recuperarán este ano todo o seu lustre despois de que no 2005 o programa se limitase a actuaciones diurnas excepto na xornada final ante a falta de comisión. Dez formacións musicais actuarán nos festexos que se celebrarán do 5 ao 7 de agosto.
A comisión, formada por oito xóvenes, programou para o primeiro día a actuación da Banda Municipal de Lalín -que estará só pola mañán- e unha verbena nocturna coas orquestras Ledicia e Tango. Durante a tarde, celebrarase a Festa do Neno e posteriormente, a primeira edición do Ralli de Carretillas Coidado que volcas . O domingo, día 6 de agosto, a Banda Municipal de Silleda ofrecerá concertos tanto pola mañán como pola tarde. Tamén estará presente o grupo de gaitas cruceño Punteirolo. As orquestras Ismael e Armonía Show serán as encargadas de animar a velada. A comisión de festas tamén contactou para que neste día estén presentes un grupo de baile brasileiro para facer demostracions de capoeira e samba durante a tarde.
Para cerrar os festexos de A Piedade, o luns, día 7 de agosto, animará as rúas e ofrecerá concertos a Banda Artística de Merza e pola noite porán o peche as orquestras América e Hollywood Nights.

Intenso traballo anual.

Os integrantes da comisión de festas deron a coñecer onte oficialmente o cartel dos festexos, cun presupuesto que rondará os 60.000 euros. Para lograr a financiación estuvieron traballando durante todo o ano: fixeron campeonatos de tute, cesta de nadal, maratón, sorteos semanais e unha festa en abril, para recaudar fondos. En breve editarán o libro dos festexos e comezarán co petitorio vecinal. O Concello aportará 9.000 euros para os festejos. A comisión de festas que se formou o ano pasado está composta por Manuel Blanco (presidente); David Puga (vicepresidente); Carlos Permuy (secretario); Sergio Mella (tesorero); César Brea, Miguel Taboada e Juan Sánchez, como vocales; e César Gómez como asociado.

Cartel e «El Jueves»

A comisión de festas organizou un concurso de carteis, cun plazo que rematou onte, para anunciar as fiestas, cun gañador que será seleccionado nos próximos días. Pero ademáis contarán coa colaboración dun dos debuxantes da revista de humor «El Jueves», que lles fixo unha viñeta.

O orixinal tédelo en http://www.lavozdegalicia.es/ed_deza/noticia.jsp?CAT=114&TEXTO=4926260

Canción do Día: Club Foot de Kasabian

1 comentario:

Anónimo dijo...

SODES FANTASTICOS. GRACIAS POR
RECUPERAR AS FESTAS DE TODA A
VIDA.
¡OLÉ ! POR A XUVENTUDE DE CRUCES.