25.7.06

O libro das festas...arduo traballo

Hoxe, día de Galicia, do Apóstolo e, por tanto, de Santiago, rematamos de maquetar o libro das festas de Cruces...arduo traballo, dito sexa...
Estaba no noso propósito o aforrar o máximo posible para a comisión, porque semella que a cousa anda bastante axustada....pero unha vez postos ao traballo, tivemos unha necesidade elevada de facermos o mellor traballo posible, cuns diseños dignos de mención (bueno, e tendo en conta o ánimo que se pode ter faendo un traballo sen ánimo de lucro e cando levas case 15 horas de labor).
Para o noso libro, foi necesaria a colaboración de moita xente, polo que me sinto moi moi agradecido á xente que puxeron os seus anuncios como amigos...por iso, o meu agradecemento ao Pub Libunca de A Coruña, á Taberna Noarilo de Salgueiros (con Ariana á cabeza), e ao Bar Rúa en Órrea e ás fillas da dona do local, Oliva.
Por último falar do cartel oficial das festas, do ke xa se escoitou: "¿qué sentido ten?", aínda que parece ter bastante máis sentido que un Chupete ou un Vaso de tubo cunha palliña e un cacho de naranxa, como se fixo anteriormente...por iso, pola axuda que nos ofreceu e polo tratamento tan simpático, moitas gracias a Carlös, debuxante de El Jueves.
Pois iso, so queda dicirvos que vos esperamos a todos nas festas da Piedade en Cruces...5, 6 e 7 de Agosto, ademáis do chupinazo do día 4 ás 12 da noite!

Canción do Día: Entra mi Casa de Armand Van Helden.

No hay comentarios: