12.8.06

Reciclando-deseños

Xa pasaron as festas de Vila de Cruces cun gran éxito, así que agora, a chapar no posible e voltar ao tema do deseño....
Cómpre falar da camisola da Tropa de Asalto á Barra, que deseñamos entre Morta máis eu, ainda que, coma sempre, tivo el todo o mando....eu pola miña parte presentei outro proxecto de Trompas que non chegou a ningún lado...se alguén necesita algo, que avise..jejejej

Nada máis chegar á Coruña, esquivando o lume como ben puiden, puxenme co ordenata a ver que cousas tiña por aí, descubrindo un par de deseños que colguei xa nunha páxina de concursos de camisolas: www.pampling.com , así que por aquí deixo as imaxes....unha era para o concurso de Buenafuente e a outra era algo que levaba un tempo cavilando co tema do Mundial de fútbol...se a lgún que re poñela sobre unha camisola, que avise e a ver que se pode facer...Yeah!
Canción do día: The Weekend Starts Here de Fatboy Slim

No hay comentarios: