24.5.06

TolemiaRebel


Sí, semella que a cousa vai cara adiante, Morta máis eu andamos teimando no aquél que tiñamos de facermos as nosas propias camisolas.
A verdade é que no meu animo está facer algo distinto ao xa existente por aí, e, por suposto, deixar claro que non pretendo facerme rico con esto...
De momento, andamos a traballar no proxecto moi paseniño, ainda que xa temos un par de ideas bastante avanzadas, o logo en constante "brainstorming" e o domino web xa mercado
http://www.tolemiarebel.com
Para todo aquel que se estea preguntando o porqué do nome, so dicir que hai que esperar á nosa primeira camisola inaugural...aí cecáis colla algo máis de sentido....

Polo demáis, só dicirvos que últimamente moitos proxectos gráficos están indo adiante, tanto logos coma carteis das festas de cruces e outros carteis varios.

Xa sabedes que todo comentario será benvido...deixovos o meu proxecto do logo, e xa vos irei avisando para que merquedes algunha das camisetas se vos interesa ¡ah!, se algún de vos ten a súa tenda e quere falar de algo máis serio, xa sabe....


Canción do día: Crazy de Gnarls Barkley

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueno, o logo está ben, pero penso que hai que velo máis a fondo porque con tanto reviragancho é complicado facelo en vinilo por exemplo, eu penso que deberíamos facer un un pouco máis sinxelo de trazos máis planos e tal, bueno, xa falaremos

Checha dijo...

Xa teño mail de TolemiaRebel, así que para calquera contacto que teña que ver con isto.... checha@tolemiarebel.com