1.7.06

Carlos Areces: Carlös

Ocurrió cerca de tu casa, da revista semanal El Jueves.
Esta é a sección pola que moitos coñecemos ao debuxante de tiras cómicas (banda deseñada como se dí agora) e actor, Carlös.
O aquel deste Post ven de que a partires de agora, e no que me sexa posible, cada semana irei incluindo a viñeta que máis me guste da semana en El Jueves, sempre de entre as feitas por Carlös, que ten o estilo e o humor que máis me gusta dende hai moito tempo.
Ademáis, podo dicir, non sen orgullo, que nos ultimos tempos andamos mantendo contactos con él para facer algún traballiño que, esperamos, sexa do agrado de todos os que poidan disfrutar del.
Este rapaz, ou tipo, ou señor...como queirades dicilo, é, de nome real, Carlos Areces, e ademáis
de publicar en El Jueves, publica tamén no Mister K (de similar factura que El Jueves, pero orientado cara un público, digamos, máis xoven). Tamén ten outra faceta, a de actor, que amosa no canal Paramount Comedy, no que participa a través do programa La Hora Chanante, un programa, para moitos, cun humor desternillante e no que colabora, entre outros, con Joaquín Reyes, ao que moitos coñeceredes por Camera Café (deixovos unha foto por si acaso)...

Boeno, pois espero que disfrutedes desa viñeta semanal e deste astro do humor e do debuxo...Para que vexades algo do seu traballo, tanto como actor coma debuxante, visitade youtube: http://www.youtube.com/results?search=carlos+areces&search_type=search_videos


Canción do Día: Spitfire de The Prodigy

No hay comentarios: