24.8.06

TolemiaLab e Outras cousas

Como xa deixei entrever no meu último post, as cousas cambian, e o noso proxecto de deseño de camisolas pasa a chamarse tolemialab, e podedes ver como avanza en www.tolemialab.com , ainda que con calma...

De momento andamos a mallar nas ideas para o web e para deseños de camisolas e outros temas, así que aceptanse ideas e porsuposto seguense aceptando peticións de traballos personais por medio de min no tocante a camisetas, material publicitario e deseño, e por medio de Lucanus no mesmo tema ademáis de toda clase de traballos audiovisuais.

Pola miña banda, realmente non hai novidades, únicamente a impresión de dúas novas camisolas, unha delas inédita.... ademais do traballo nas xa ditas camisolas para tolemialab, entre as que se incluirá, seguro, a de Tassotti cunha leve modificación, asi que se alguén a desexa que a pida con talla...xa sabedes contacto provisional en: checha@tolemiarebel.com


Canción do Día: White Horse de Wonderland Avenue (Se podedes escoitala, facedeo xa...)

No hay comentarios: