12.12.06

Novos deseños

A dia de hoxe, e moi preto xa das festas de Nadal, a actividade semella que se detén un pouco, ainda así, podo falar de novos deseños de factura propia.
Desta vez, os traballos son algo propio, fora do marco
lucanus (que están a desenrolar un novo web). Por unha parte, o que podo mostrar, un proxecto de logo para a discoteca Dilema de Silleda, cun certo tipo Tuji pero que me parece do mais axeitado; e por outro lado, a miña participación no concurso do 20 aniversario do grupo de baile Xirandola , tamén de Silleda, cun deseño dun logo ben sinxelo e, para min, ben parecido...ainda que até o día 26 que saía o fallo do xurado prefiro non mostrar nada. Para este concurso, tamén levei a cabo un proxecto conxunto con Dan, de aquí da Coruña, e que xurdiu dunha Brainstorming diante dun bó kebab.

Non me queda mais que desexar facerme con un Portátil dunha puta vez, que estou farto de non poder facer esas cousas que tanto desexo cando desexo....que me parece que algo que teño previsto facer no Nadal non vai ter un soporte axeitado...
Aí van unhas mostras dos meus deseños para Dilema disco:

Canción do Día: The Rub de Kurd Maverick

No hay comentarios: