29.9.07

Algún novo traballo e Máis Chapas!

Pois si, a cousa segue adiante pouco a pouco. O primeiro, un traballo para a Imprenta Marcaxe de Lalín, en concreto a montaxe do libro da XI Festa da Xuventude de Carbia, con aproximadamente 50 páxinas cheas de anuncios e algunha que outra foto, e no que invertín varias xornadas ben maratonianas...como mostra, e por no facer publicidade, deixovos a portada, que non ten nada, só unha foto e un texto, pero boeno, para algo asi que prefiro algo sinxelo...

Por outra banda, a aventura de TolemiaLab vai collendo máis e máis forma, seguimos co tema das chapas, e un par de modelos de camisola máis están case decididos, só falta poñerse ao tema. No tocante ás chapas, estamos a desenrolar a noso primeiro pack de chapas temáticas, sendo unha versión curiosa das "Armas de Destrucción Masiva". Agardamos ter pronto a ocasión de que as adquirades, ata entón seguimos igual....

3 comentarios:

Petra dijo...

oie, teño que confirmar a asistencia antes do sábado fijo? jeje. Joer é que me conozco e ao mellor o sabado dame a venada e non me apetece ir, ou digoche ahora que non e despois resulta que me apetece ir!

milli dijo...

hace siglos que no me paso por tu blog...bueno, nunca es tarde....lo dicho!!besazos

Anónimo dijo...

Hallo!

Bueno, despois de tanto tempo por fim estreo a nova tipografia da que che falara.

http://ipanemagrafica.blogsome.com

Um saudo!