Sei que vou pecar de lura, pero teño que facelo....a pesares da miña mala economía actual, non podo facer máis que mirar este artiluxio Freak.
O iPod Party Speaker non é nin máis nin menos que un altavoz (altofalante para os ortodoxos) con forma de "ampli" de guitarra...o chiste está na súa conexión para os iPod (así como outra para o resto de mp3) e no seu carácter móbil, xa que ofrece unha batería de ata 12 horas de duración, e a posibilidade de transportalo coma un trolley, ademáis de ser duro de carallo pa meterlle caña.
Así que digo, como eu son o freak dos iPod (como tantos outros), e son o que se motiva con estos temas, a ver se me dou comprado un, xa vos avisarei cando sexa e estreamola gramola indo de chea por aí con el...o único, un pouco de colaboración, así que xa sabedes enviademe un correo a contacto@angrois.com
A noticia atopeina en Compradiccion , site onde atopar miles de cousas curiosas e novedosas, e podese comprar na páxina de i Want One Of Those.
Xa sabedes...Acudidemeeeeee!....prometo levar no ipó ata pachangueo se fai falla!
8 comentarios:
Ao aparato outro"freak dos iPod". Oe, e en canto está valorado o trebello?? A verdade é que está ben pensado para cheas de tipo campestre, inda que case seguro que da pena meter iso nas leiras...
Un saúdo
Pois nin máis nin menos que 214€, máis gastos de envío...pareceme que vou quedar sin el, pero mooola! kekeke...aparte con "micrófano" pa facer o jelipollas...jejeje
Buf, eu xa estaba pensando en cheas coma a do Viso ou o incrible San Queremos, nos que se botaba en falta un pouco de música...
Vaia altavoces, deben ter moita potencia.Saudos
Pois eu non lle vexo moita utilidade a iso...Non metería semellante aparello nunha festa de campo para os colegas...polo que sei...estos aparellos sempre acaban mal parados...
Outra cousa é que non me parece tan caro tampouco...
Eu ainda estou aforrando para comprarme un iPod.
Saúdos neniño!!
Pois xa nos contarás que tal rula (se é que te animas a soltar os 214 euriños...
Xa digo que está complicado o de comprar un...e o de levalo a unha festa de campo....no creo que chute moito....jeje!
Eu ando a mirar tamén de cambear o emu que os gigas non me chegan a nada...de momento regalamoslle un nano dos novos ao meu irmán e quedoume claro que cada vez molan máis...
Eu teño un Nano dos novos, e a verdade é que están moi moi ben. permiten ver video, o cal a min persoalmente non me importa nada, pero baixaron bastante de prezo (antes o de 2G valia 150€, e agora o de 4G 139€) E tamén me parece que gañaron en manexo, semella que a roda vai mellor!!
Un saúdo
Publicar un comentario