Boeno, xa chegaron dous novos Dunny á miña colección. Desta vez dende UK e vía ebay, a un precio final duns 12 € con gastos de envío, un bó trato, e cos que non contaba, pois a puxa fixena simplemente polo tan barataos que estaban....
Por unha banda está o diseñado por Koa, afamado ilustrador francés, e que imprimiu o seu inconfundible estilo no Dunny:

E pola outra banda, chegoume este Dunny Dupac, de Nico Berry, tamén ilustrador e deseñador gráfico, e que creo estadounidense. Sobre o boneco creo que sobran as palabras, deseñado coma un típico "quinque" dos USA, coa sua pañoeleta na cabeza incluída:

Mentras, sigo esperando por un Dunny Azteca que non foi no paquete que tiña que vir (sen máis problemas), e por uns acompañantes para a miña Cactus de Tokidoki dos que xa tiña gañas, aínda que a miña situación económica non permite moitos esforzos....
Canción do Día: Around The World de Daft Punk (Un dos mellores videos da historia para moitos "expertos")
2 comentarios:
"Toy" sorprendido da túa febre polos toys. O teu é o diseño, xa non teño dúbidas :-)
Unha aperta.
Xa ves...a ver se me animo a facer algun toy e facemos unha expo na solaina...a ver se lle quento os cascos a Paco para que customice un de seu...
Publicar un comentario