11.4.07

Luix&Checha en Pampling

Dúas novas camisolas acaban de ver a luz no concurso continuo de Pampling. Desta vez, as camisolas xorden da colaboración con Luix (o do video correndo en pelotas pola UPN), dunha personaxe orixinal que creou hai xa uns anos co motivo dun comic de título Cochoman. Como podedes ver, aínda non acadamos un nivel moi grande que digamos, pero todo se andará...Polo menos, a camisola do Cochoman Raparigo está bastante coñona para unha edición infantil...Agardamos que vos gusten.Canción do Día: A matanza do Porco de Os Resentidos (Apropiada, que nón?)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola!

Pois resulta que non coñecía isto de Pampling... Semella interesante, e teño que o mirar con algo de tempo pra ver se mando algún deseño.

Queríache comentar un par de cousas:

Primeiro, que estiven a ver algunhas das entradas da páxina e vin deseños que tes que están moi ben (o do logo de Xirandola, por exemplo, e o logo de AngroisInDesign).

Segundo, que non te desanimes se saen premiados outros deseños que (coma foi o caso) son peores que os teus! Como deseñador afeizoado/incipiente, pásame o mesmo decote a min tamén. Pero facemos isto porque nos gusta, non é?

Pois nada, o dito -- que saúdos, sorte no futuro, e ánimo!

Gato.

Checha dijo...

Gracias Gato, da gusto ver comentarios coma este...realmente calquera comentario, pois semella que o meu blog non ten moito interese...de feito estou pensado pasarme ao castelán...jejeje

Xa ves que o meu ánimo coma deseñador non decae, aínda que levo unha mala tempada que espero se amañe cando cosiga un portátil...

O das camisolas, pois proba a entrar tamén en www.lafraise.com o mesmo tipo de concurso pero en Francia...

Unha cousa máis, se algún dia facedes un concurso público da Banda de Merza que non pase como en Xirandola, que se lles veu o plumero a cristo...jeje

Un saúdo, e dalle ao deseño!