3.5.07

De festas de música electrónica e tal...

É un feito o desexo que moitos nas Cruces de montarmos unha festa de música electrónica. Cada venres vemos como o Kinke (ou Carruco, ou Placidín...) vai metendo no Cactus cada vez máis música electrónica, principalmente House e Electro. Pero aínda así, e polo menos ata a celebración do X Aniversario da Tropa, non creo que se monte ningunha festa de música electrónica no noso concello.

Non é así noutros sitios. En Silleda, na discoteca Dilema, este último fin de semana se celebrou unha festa levada a cabo polo Colectivo Sin Sueño, ao fronte do que se atopa Richi, dono do mítico Bar Cristal, lugar do que sempre me contaron mil historias, e no que parece que se "estimula" moito este tipo de música...Como ía dicindo, en Silleda celebrouse tal festa, con 3 Dj's, vidos dende Barcelona, Oviedo e Vigo, e que nos ofreceron mostras da música Electro máis actual, o Techno máis lineal, e unha gran sesión de Manu Martín de Techno moi activo con grandes temas electrónicos polo medio.

Non teño máis que louvar un acto coma este, sabendo que en Cruces tería que ser un pouco máis light, e sabendo, tamén, que seguro que triunfaría se aproveitamos unha data desas míticas ou se montamos un cartel importante. Falando co tal Richi e ofrecendome para axudalos, entereime de que ofrecera organizar algo así na Dicoteca La Clave á comisión de festas do 2006, cousa que non chegou a bó término por cousa de licencias e tal (ou porque falou coa persoa equivocada, non sei)...así que agora, picame moito o tema, ademáis de que ando con Alfredo para arreglar uns platos Technics de vinilo, e é dende aquí dende onde agardo picar a alguén (tanto das Cruces como de fora) para que dé algunha idea ou se encirre para montar algo...xa que parece que o aniversario da Tropa anda algo durmido.

Por último, deixovos un video que colguei en YouTube de Manu Martín (que bó é este tipo!), aínda que o grabei co móbil e pode non verse moi ben. Espero que vos guste e que me deixedes moitos comentarios....



Canción do Día: Jacques Your Body (Make Me Sweat) de Les Rythmes Digitales

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola Chechito,jeje. A verdade e que estiven ali traballando esa noite e puiden confirmar o que xa creía,que a música electrónica é bastante máis interesante do que eu pensaba xa que sempre me centrei en outro tipo de música moi diferente.
Só decir que durante 7 horas non me resultou tan "rayante",gracias a chechu,que xa teño pasado bastantes horas escoitando a súa música:a electrónica.
bikos!!!!!!!!!!