28.8.07

Chapas e máis chapas

Despois de máis dun mes sen novas na web, teño moito que contar, ainda que o chungo é a falla de tempo...
Por exemplo, Tolemialab anda co tema das chapas a voltas...que gran idea termos mercada a maquinaria...de momento, deixamos contentos aos colegas facendo o que nos piden...sabemos que a cousa está a comezar apenas, así que esperamos mellorar tanto en deseño como en prazos. A calidade, está máis que asegurada....deixovos unha mostra de algunhas das que nos teñen pedido últimamente e outros que imos ideando....


Entre outras cousas, tamén está o tema da música, con varias sesións no mes de Agosto, e unha nova este venres 31 no San Ramón na Ponteledesma...a ver que tal sae....
Por si acaso, ide esperando un post ben longo sobre o tema....deica logo!

Canción do Día: My mind is Twisted de Greg, Jeroenski & Roog, en un Remix de Peter Gelderblom.

7 comentarios:

Mercedes Seixo dijo...

Non sei se será moito pedir pero xa que o logo das quimbambas xa está feito gustariame ter unhas chapas de recordo!!!
bikiños

Checha dijo...

Ok! un dia no messenger arranxamos o tema...ademais de que xa teño un par de novos deseños...

Paco Penas dijo...

Hoxe estiven nunha exposición da fundación "la caixa" adicada ao "grande" artista do diseño Henri de Tolouse-Latrec. Quedei alucinado cos seus traballos. Non perdas de ollar a obra deste anano provocador...
Das chapas dicir que como lle fagas caso os amigos non hai negocio :-)
A min gustaríame unha co nome de DORVISOU, jeje.
Saúde e terra, artista.

Meris dijo...

Moi boas e orixinais. A min gustame a do botón.

Checha dijo...

A do botón te moito aquél...jejeje! Hei de dicir que non son moi moi orixinal que digamos, pois xa vira algo semellante no meu libro "Chapas"...

Aínda están por sair as dos prezos de seupermercado...E un saúdo Meris, da gusto un novo blogue cruceño!

O que tira a pedra e esconde a man dijo...

Estan moito bem as chapas sí señor...Justoume a do Porquiño(Sera polo gran parecido que teño con el...), a de I Love Kadett non podo dicir nada..

Alfredo Blanco dijo...

Pois eu diría que a que realmente é bestial é a de PUM! eu xa a merquei...