12.5.06

Creando un blog

A día de hoxe, podo dicir que teño un blog.
Non sei se é motivo de orgullo, a verdade, pero xa está feito. Nestes últimos días, o tempo que paso navegando pola internet é un pouco maior ao que estou acostumado, e iso permitiume descubrir, entre outras moitas cousas, algún que outro blog bastante interesante, incluso incurrindo en pequenos comentarios "anónimos" nalgún deles....Así que tras unhas breves verbas con algunha blogueira, decidinme a comezar esta aventura...

Supoño que as miñas pañabras irán dirixidas ao deseño principalmente, pero tamén á música electrónica, e, por supodsto, tamén haberá algo para os freaks...

É de obriga para min comezar só cuns cantos vínculos que xa moitos de vos coñeceredes pero que son, de momento, os importantes. Ademáis, unha canción do día, idea moi habitual por aí, e que a min, personalmente, me gusta moito

Páxinas interesantes, só un par:
http://www.lucanus.es a páxina de Mortadelo, con que teño o gusto de facer pequenas colaboracións
http://piedade2006.lucanusnarede.com o web da comisión de festas de Vila de Cruces!

Canción do día: Malquerida de Nubla

2 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.