26.6.06

Rali de Carretillas, Ouh Yeah!

-Sábado 5 de Agosto de 2006, festas da Piedade.
-Vila de Cruces
-Organizan: Comisión de festas Piedade2006 + Carretillas Team

Iso é. Un rali de carretillas....e para que quede constancia...bueno, mellor dito, non vou dicir nada moi en claro sobre de onde nin cando xurdiu a idea, aver se creamos un mito co paso do tempo....
Esta idea xurdiu, en termos xerales, de pensarmos uns cantos cruceños (si, eu son turko, pero xa sabedes) en que era unha pena non ter algo ke fose tradición, e pode ke kede so nun ano ke se faga ou nun par de anos, pero en principio o noso desexo e ter algo divertido e no ke pode participar todo o mundo pa botar unhas risas nas festas da Piedade. É unha pena o das carrilanas de Merza, pois si ben si que tiñan algo de perigo, non está de máis dicir que eran a hostia, e máis tendo en conta que pa velas era costume, por coincidencia de datas supoño, ter que ir de reenganchada dun dia das Festas da Piedade nas Cruces. Así que consideramos que é unha pena que xa non haxa o descenso de Merza, polo tanto, andamos coa teima do rali de carretillas, no que nos gustaría que participase xente de todo o concello, e sempre coa festa e o lecer coma desculpa.



Como prato previo, xa tivemos unha presentación algo sinxela o día do Galo de Curral, ademáis doutra presentación onte, en Santiago, no Motor Show. Así que xa sabedes que isto vai en serio.

Así que xa sabedes, carretillas vellas e lume pa diante....
Atoparedes máis información e fotos en: http://www.carretillasteam.com e http://piedade2006.lucanusnarede.com

Canción do Día: Volando voy de Los chunguitos

1 comentario:

milli dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.