19.10.06

¡A la buuulla! Parte 2

Non, desta vez non asistin a ningunha pelexa en directo, aínda que o finde pasado pasei unha noite por Lalín i este que ven outra vez, así que, como parece que acostuma últimamente, malo será que non vexa algo deso por aí....
O conto deste post é o simple feito de ensinarvos un video que atopei en youtube usando o buscador coa palabra "fight", aconsellado por certo colega e despois de flipar bastante coa peña...só dicir que, sen dúbida, o peor son os americanos de instituto que forman un circulo para mirar como se matan dous tipos ou tipas, aínda que tamén hai un gordo enorme americano zoupandolle a un adolescente; e algún listo que supón que é gracioso esperar a un irmán ou colega e darlle unha hostia na testa así de súpeto e sen motivo, só polo chiste.....e como non provocarlle unha conmoción....
Pois iso, deixovos o video duns tipos, que parecen saídos dun ghetto, que se adican a mirar e jalear a dous Mister T da vida mentres pelexan, eso sí, hai un que é impresionantemente bruto....

Video non dispoñible - Buscade outros videos en Youtube ou Metacafe ou o que queirades

Canción do día: Around the World de Daft Punk

4 comentarios:

Anónimo dijo...

ola gracias por visitar o meu blog.pois si xa teño visto os teus, e pegoume a min ganas de comezar un. pero a verdad é que ainda non me entero moi ben, pero xa vin as túas modificacións e están moi ben, xa me explicaras algo como vai eso para poder mellorar o meu, graciñas.

Paco Penas dijo...

¿E lojo ti, de quen ves sendo?
Cheche, cheche...soáme a cheche, cheche...
Fai un tempo atopei pola rede un feixe de blogs dos rapaces do instituto pero deseguida morrendo de frio.
Alégrome de atopar alguén máis vivo.
¿Estudas na Coruña?
Saúde e terra.

Checha dijo...

Pois como moitos me coñecen, son chechu ou checha, o sobriño de Mosteiro. E vivo na Coruña, ainda que paso a maioria dos meus dias libres polas cruces (e por Merza, claro)....E si, a min tamén me pasou o emsmo cos blogues dos rapaces do instituo, pero, por suposto, teño visato o teu....

Paco Penas dijo...

Estiven buscando o teu correo pero non o atopei. Déixamo en dorvisou arroba hotmail.com....please