3.7.07

Novos traballos

Coa chegada do verán e dos calores o tema do deseño non descansa...aínda que o certo é que todo esta enfocado a un tema máis "profesional" que de experimentar co deseño...
Desta maneira, podo amosarvos varios traballos:
Para o Blogue http://www.sondarede.com/ , páxina que xorde co animo de dar a coñecer a música galega no mundo, ademáis de falar de outros grupos do extranxeiro. Para eles, un logo e un certo "tuneo" do blogue.

Ademáis, e dada a marcha de Morta a Polonia para gravar a súa primeira longametraxe, encargueime do traballo para o 2º Triatlón de Vila de Cruces, cun sinxelo deseño do cartel promocional e da camisola conmemorativa.


Ademáis, e como xa puidestes ver en entradas antigas, andamos a voltas co Rali de carretillas e o seu cartel definitivo. Tamén está o tema das chapas (que ben merece un Post propio); o das cousas a realizar para o 10 Aniversario da Tropa de Asalto á Barra (www.asaltoabarra.org) que, porsuposto, recibirá en breve un Post con información moitas lembranzas; e o de as camisolas e a pancarta para o programa da Radio Galega de As Quimbambas...

Por iso e por máis, encomendovos a visitar o blogue en breve pois teremos novidades enseguidiña, ademáis dunha actualización do Portafolio....e todo isto antes da remodelación definitiva da web...xa vos irei comentando!

Canción do Día: Sunrain de Ltj Buken


6 comentarios:

Miguel Caramés dijo...

Están impresos xa? O logo non era o de Coca-cola, era o de Powerade.

Se xa está non hai que facerlle,

Caramés

Checha dijo...

Pois xa están impresos e entregados...acabo de mirar o texto que me enviaron cos patrocinadores e pon Coca-Cola, e envieilles o cartel antes de imprimilo e dixeron que todo ok. Sintoo, se fai falla buscase de poñer unhas pegatinas enriba.

Barnikel dijo...

Gústame o cartel do Triatlón, moi boa idea. ¿E qué tal coa pancarta aquela?

Checha dijo...

Ao final nada, que ao final do verán pechan o programa..jejje

Morta dijo...

Pareceme xenial o cartel. A verdade é que cando querese podeste lucir, tamen me mola moito o logo das camisetas, pero penso que sei porque non o pos aqui ...

Checha dijo...

Jnjnjnjn!