11.11.08

Ibéricos de Extremadura Deza

O que tiña dito...un pouco de publicidade....

Presentovos a empresa do pai de Virginia, "Ibéricos de Extremadura Deza", a quen lle fixen o logotipo.

Este venres fan a presentación da empresa e dos seus produtos de porco Ibérico...eu de momento probei algunhas cousas coma paletas, xamóns e algo de carne e non podo dicir máis que louvanzas..pero claro...é carne de porco ibérico...non hai pa onde...

E xa sabedes, se q ueredes probar algo do que ofrecen, só tedes que chamar a Antonio ao 647 867 389 ...e que mellor que probar estas cousas na Casa Goris...jejeje

1.11.08

Paréntese brutal!

Nunca pensei que ia deixar tan de lado o blog...candiola!


A verdade e que houbo novidades tanto de deseño como de toys e algunha viaxe a Barceona polo medio...pero non se me dou por facer ningún post!

Os cambios á vista son que me estou pasando aos toys máis grandes (e caros) e que ando xa idenado o meu primeiro custom; ademáis, ando algo máis en serio cos meus traballos de deseño, sexan máis ou menos importantes, a partires de agora son todos serios.

Xa vos irei ensinando...de momento, o vindeiro post será publicitario...jejejeje!

16.5.08

Guy Ritchie

Voume motivar con este tipo simplemente porque cada vez que vexo o seu último anuncio flipo....


Sin máis nin máis, un tipo capaz de facer unha película tan sumamente boa como "Snatch: Cerdos e Diamantes" xa ten todo dito. Ademáis, películas como "Lock and Stock", outros anuncios como o do BMW M5 (protagonizado por Madonna) e varios videos como o de What It Feels Like For A Girl de Madonna, a súa primeira colaboración.

Desfrutade de él e buceade por videos e anuncios, xa verdes!

8.5.08

Festón da Tropa


Pois iso, xa tratamos co concello e temos confirmada a Festa da Tropa de Asalto á Barra.
Será o día 17 de Maio no campo da feira, con pulpeiro, acubatas e música..... De momento temos confirmados algúns pinchadiscos: kinke pd, Blanckoh! pd, knuff_pd (eu!), Richie e algún máis como Diego Castro, Miguelinho das Cocacolas e Xurxo, que non sei fijo se veñen como pinchas...
Ademáis, ese día seguro que escomenzamos a vender as nosas camisolas de Tolemia (2 primeiros modelos) ademáis de presentarmos a agrupación de PD's Alive
A verdade, espero que vos avisedes uns a outros e que se alguén non ven, sexa, polo menos, porque non puido, non porque non se enterou...
Esperovos Alí!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

21.4.08

Concurso Custom Munny de solosontoys.com

Como xa sabedes, son un enfermo dos "toys", e como tal, e sendo de habla hispana, non me quedou máis remedio que atopar o foro de Solo son Toys, onde dín con outros frikis do tema ademáis de ser un sitio onde aprendo moito e desfruto cada día...



Cunha quentura destas que dan, a xente do foro decidiu facer un concurso de customs, é dicir, de tuneos sobre unha base concreta, a que ten por nome "Munny", unha das máis coñecidas plataformas de toys e seguramente o mellor ou máis famoso DIY (siglas de Faino ti mesmo en inglés)...ante a miña falta de capacidade artística, decidín presentarme como xurado, de xeito que tiven que votar con 3, 2 e 1 puntos respectivamente, aos meus 3 preferidos.
Unha vez votados xa temos todo decidido, e aparte de dar os gañadores, semella que se vai facer unha Expo que pode que chegue a ser itinerante, e Dios queira que chegue ás Cruces...Aínda que non triunfe, polo menos que se sepa o que hai!


Esta é a clasificación final:





"Munny Trunk" de Viniloeater

ao que eu votei con 3 puntos e que só basta con saber que non semella madeira, é madeira!

"Miedosete" de Jalos

ao que votei con 2 puntos

"Down-in-a-hole" de Innaki

A partir de aquí, os que non conseguiron entrar no podio:

"Casaquilla" de Lev Termen

"Guerrero" de Voltimetro

"Munny" de Innaki

"Espacio-tiempo Daliniano" de Elisabeth


"Zumb" de Adrián

Os catro últimos, entre eles o que votei eu con 1 punto, o chamado "Punkito":


"Munny" de Jalos


" Shango" de Innaki

"Chúpame la cabra" de Okrabelo

"Punkito" de Voltimetro

Ademáis, estes customs, que non saen na clasificación final (non sei se porque por tempo non entraron no plazo, ou porque non recibiron ningún punto):


"Zach" de Nammog




"Skully" de WuzOne





"King Skull" de WuzOne





"Butcher the clown" de Viniloeater



Só me queda dicir, que espero que cheguen ás Cruces!

31.3.08

A Bufanda Asasina

A nosa primeira curta...xa non sei canto hai que a gravamos...que risas botamos....

Disfrutadea!

6.3.08

Pd's Alive - Votación Popular

Deseño e música electrónica, unha parexa para min necesaria, e que desta vez se unen nun mesmo proxecto...
Aparte do proxecto co Colectivo Sin Sueño, temos outro en marcha as xentes das Cruces, Vila de, en concreto o movemento dos Pd (Pincha discos, vamos). O tema xurdiu coa intención de disfrutar coa nosa paixón, a música electrónica e o feito de pinchala, asíq ue como comezo, imos editar un cd e unhas camisolas para todo aquel que lle guste....

Por isto, presentei o deseño de ditas camisolas en Pampling (concurso online), para ver os consellos que poden darme para mellorala. Espero poder sacala moi en breve xa da fábrica e verlla á xente por aí...a ver que podemos facer...a que lle guste, xa sabe...so ten que pedila!


----------------Edito (8 marzo)---------------------

Unha cousa máis, para decidirmos o color da camisola, qué mellor que os vosos consellos. Mirade na miña galería Flickr e alí tedes as cores que fixen, e dademe unha orde das que máis vos gusten de máis a menos, e incluso se hai algunha que non vos gusta nada, Gracias!

19.2.08

Cousa freak: os códigos QR

Vale, cousa friki pa este post...máis que nada porque o acabo de descubrir (ainda que xa o tiña visto) e faime coña...

O do código QR é básicamente un sistema polo que, co teu móbil e con só facerlle unha foto a unha imaxe como a que se ve aneste post, tes no teu móbil a información que este código trae, como pode ser o teu número de tlf., unha mensaxe calquera, ou mesmo a túa web, dun xeito que o móbil accede dirctamente a ela ou a agarda nos seus favoritos.... a imaxe:
Para saber o que pón, pois deberías instalar o programa no teu móbil, ¿cómo?, pois na seguinte web: QuickMark.E para saber máis, visita a Wikipedia. Ademáis, podes crear un coma o que puxen eu no post nesta páxina de Kaywa.

frikifreakfrikfrikifreakfrikfrikifreakfrikfrikifreakfrik

frikifreakfrikfrikifreakfrikfrikifreakfrikfrikifreakfrik
frikifreakfrikfrikifreakfrikfrikifreakfrikfrikifreakfrik

12.2.08

Novos toys: Tokidoki e Dunny Azteca

Por fin...xa teño nas miñas mans a Mozarella, ese toy de Tokidoki que tanto desexaba, ainda que non sei moi ben porqué......ademáis, veu acompañada de Sabochan, o toy cactus-ninja, compañeiro porsuposto de Cactus, que xa vos ensinei...Ademáis, chegoume tamén o Dunny Azteca que tiña atrasado coa tenda ebay de BatiburrilloPop ou, o que é o mesmo, os da tenda Totem de Lugo....Veña!, unhas fotos:


Mozzarella

Sabochan

Dunny Azteca

E ademáis, dicir que ando á espera da colección Dunny French Series, coa que penso atopar 4 dunnys ben guapos, e un novo obxectivo (ademáis dos toys de Gorillaz) do que non consigo esquecerme:


¿MOLA?

7.2.08

Fotolog de Checha

Xa o teño...máis que nada como saída desas fotos que atopo, ou desos deseños que fago e aos que lles quero dar algunha saída diferente...

Inagureino coa foto do meu Gloomy Bear, e hoxe reafirmome co primeiro deseño "aproveitado" de outro feito por encargo, e de título "Just Music".



30.1.08

Toys: Dunnys Koa e DuPac

Boeno, xa chegaron dous novos Dunny á miña colección. Desta vez dende UK e vía ebay, a un precio final duns 12 € con gastos de envío, un bó trato, e cos que non contaba, pois a puxa fixena simplemente polo tan barataos que estaban....

Por unha banda está o diseñado por Koa, afamado ilustrador francés, e que imprimiu o seu inconfundible estilo no Dunny:


E pola outra banda, chegoume este Dunny Dupac, de Nico Berry, tamén ilustrador e deseñador gráfico, e que creo estadounidense. Sobre o boneco creo que sobran as palabras, deseñado coma un típico "quinque" dos USA, coa sua pañoeleta na cabeza incluída:


Mentras, sigo esperando por un Dunny Azteca que non foi no paquete que tiña que vir (sen máis problemas), e por uns acompañantes para a miña Cactus de Tokidoki dos que xa tiña gañas, aínda que a miña situación económica non permite moitos esforzos....
Canción do Día: Around The World de Daft Punk (Un dos mellores videos da historia para moitos "expertos")

Daft Punk Alive

Deixovos un video que á primeira vista pode parecer algo cutre, pero que esconde algo marabilloso, a simplicidade e o abaratamento de custos, ademáis da complicidade cos fans.

Esto e o que fixeron os franceses Daft Punk (o do video é unha simple excusa para que os escoitedes), os que introduciron con tanto éxito o VoCoder (ese efecto de voz que usou Cher nos seus últimos éxitos)...Co seu último disco en directo (Alive 2007) editaron un video da canción Harder Better Faster Stronger, un dos seus grandes éxitos, e non tiveron mellor idea que pedir na súa web oficial os videos que tiveran os fans de determinado concerto cando tocaban dita canción, e co recibido fixeron o video promocional que hoxe emiten na TV.
Nas imaxes de Youtube non resulta tan vistoso, pero se tedes a oportunidade de velo a boa calidade facedeo...Eu só podo dicir "Bravo por eles!", estes tipos sempre facendo cousas así de boas....

17.1.08

Novos toys!

Pois iso, xa coñeces a miña febre polos toys...unha mostra máis, os últimos en chegar á casiña.


Por unha banda está o Supergordo, un toy novo, creado en España e que me tocou nun concurso-sorteo de SoloSon Toys (o foro dos toys en español). Dito boneco é o número 12 dunha serie de 50 (só 50 en todo o mundo), ando a pensar como tunealo e facelo máis meu..unha imaxe:

Por outra banda, fun de visita pola tenda Antaruxa, da Coruña, que de momento parece ser a única da cidade na que se venden os toys, así que cheguei alí e atopei a serie 4 dos Dunny, e o único que me motivou a ser comprado foi un diseñado polo ilustrador Gary Baseman...do que teño escoitado falar moito, e a verdade, gústame...deixovos a imaxe:

A fines desta semana (coincidindo co cumple de Virginia) espero recibir algo máis, incluido algo de material para tunear o BabyQee que vos amosei no ultimo post, así que espero poder amosarvos novas cousas...espero que vos vaian gustando os Toys!

14.1.08

O mundo dos ArtToys

ArtToy = Boneco Artístico

O tema dos ArtToys, tamén coñecidos coma "bonecos de vinilo", baséase na customización (tuneo, vamos) de pequenos bonecos feitos na súa meirande maioría para tal fin. Os comenzos desta disciplina artística teñen moito que ver co arte urbán (street art), pois semella que parte de xente á que se lle deu por customizar algúns bonecos que pasaban polas súas mans e que pertencían ao mundo do graffiti, extendendose máis adiante sobre todo aos ilustradores e deseñadores gráficos...

Non vou tentar dar información detallada e quedar de guai (máis que nada porque só me dedicaría a googlear), pero si vou tentar darvos algún nome e algunha que outra web onde ver toys e demáis, eso sí, tamén os podedes mercar, pero prefiro que me avisedes antes pa facer pedidos conxuntos..jeje!

Neste primeiro post, teño que falar de Adrián López, do que tiven coñecemento no final do pasado ano a través do diario La Voz de Galicia, nun especial co mellor do ano 2007 e unha pequena reseña sobre dito artista. O curioso e que parece ser que un dos impulsores do toyart en España é un galego, un coruñés, sempre baixo a perspectiva da Voz, e a partir desta reportaxe puiden atopar un foro que creo se convertirá na referencia para todo o que queira saciar a súa curiosidade sobre os arttoys, o foro de Solosontoys. Eiquí podes atopar dende discusións sobre como facer un toy dende os bocetos iniciais e que materiales utilizar, ata vínculos a páxinas con PaperToys (sí, imprimir un toy para facer despois) ou un directorio de tendas físicas en toda a xeografía española e parte da internacional.

Noutra orde de cousas, podo dicirvos que para min as marcas máis coñecidas son Kidrobot e Toy2R. Entre os modelos básicos que son para min máis coñecidos están os Qee, Bearbrick, Dunny, Teddy Troops e os Fat Caps, ademáis das coleccions de Gloomy Bear (do que algún dia farei un post freak), de Tokidoki e os do grupo Gorillaz (os meus desexados)...

Ademáis, coñezo algunhas tendas online que son nas que teño adquirido o pouco que teño: Mondotoyz, Naranjas Chinas, Artoyz...e a xa citada de kidrobot...podería dicirvos máis que descubrín hai pouco, pero con estas chegavos para mirar por enriba, e non quero quitarlle o mérito a solosontoys, así que visitadeos para máis información...

Por último para que vexades algo dos meus, poucos pero que me encantan, o resto en FlickrAngroisinDesign:
O meu GloomyBear, común e barato, pero o meu preferido...


Cactus, de Tokidoki, xa vedes que bonito


O Dunny Gingerbread, sí como a pasta de té de Shrek, un meu e outro para virginia...

E o BabyQee que teño para customizar...a ver que tal sae....

Próximamente farei algún post sobre streetart, co artista Banksy á cabeza cos seus Stencils, e pode que outro con artistazos do mundo audiovisual coma os realizadores do video da canción do día.

Canción do día: D.A.N.C.E. de Justice

19.12.07

Regalate un Calendario 2008

"Angrois.com ten o gusto de presentarche un novo servicio" (carallo, xa parece profesional)...Esto é o que diría se tivese a miña empresa montada..jeje!...pero como non a teño vou retomar o tema doutra forma...

¿Coa chegada do Nadal andas xa a cavilar nos agasallos para a xente que tes máis de preto?...é por iso que dende aqui eu te ofrezo 2 novas posibilidades....por un lado, un agasallo ben personalizado que me podes encargar, só tendo que enviarme 12 fotos de cousas que sabes que esa persoa tan especial vai agradecer, para despois esperar un pequeno periodo de tempo ata recibir un lustroso calendario no que as cores e os tipos de letra de cada mes van coa foto que ten asignada....non sei se me explico, e por iso penso deixarvos unhas mostras. A outra posibilidade, é que te aproveites da miña idea e o fagas ti mesmo, para o que non em imprtaría aconsellarte...así que xa sabes, que as cousas feitas por u mesmo, aínda que poden quedar peor, teñen tamén o seu encanto...

Pois iso, deixovos unhas mostras, collidas do primeiro que fixen, sendo para Virginia e no pasado ano de 2007, así de paso taména coñecedes algo máis...por exemplo, ¿que a ela lle gustan os cans e en particular o seu dálmata?, pois adiante cos faroles:
¿Que a ela que lle parece a ostia polo seu estilo e porque lle encanta a moda e a modelo Kate Moss?, pois buscalle unha foto marabillosa:

¿Que a súa peli preferida, é moi preferida?, pois faille un pequeno collage coa carátula e algunhas imaxes da peli:E por fin, ¿que hai un coche que lle encanta?, pois saciemos o seu amago tuji:


Polo precio, decirvos que non o teño moi claro, dirixirvos a min via mail ou via móbil e xa falamos, porque hai tamaños e calidades...de todas formas, aínda que non sairá caro, teño que dicirvos que teñades en conta que eu non perdo só media tarde en cada calendario, ademáis do material...se me coñecedes saberedes que lle meto moito tempo a estas cousas pa que queden medianamente ben...

Ademáis, que me esquecía, podo ofrecervos tamén a voda propia versión dun cuadro Pop Art, atendendo o máximo posible aos detalles...tedes a imaxe que fixen de Virginia ademáis da posibilidade de visitar a miña conta Flickr, aínda que vos tentade escoller mellor a foto, non coma min...

Pois iso, xa sabedes, contactade comigo ainda que sexa só para resolver as vosas dúbidas...

23.11.07

Fagamos unha colecta!: iPod Party Speaker

Sei que vou pecar de lura, pero teño que facelo....a pesares da miña mala economía actual, non podo facer máis que mirar este artiluxio Freak.

O iPod Party Speaker non é nin máis nin menos que un altavoz (altofalante para os ortodoxos) con forma de "ampli" de guitarra...o chiste está na súa conexión para os iPod (así como outra para o resto de mp3) e no seu carácter móbil, xa que ofrece unha batería de ata 12 horas de duración, e a posibilidade de transportalo coma un trolley, ademáis de ser duro de carallo pa meterlle caña.

Así que digo, como eu son o freak dos iPod (como tantos outros), e son o que se motiva con estos temas, a ver se me dou comprado un, xa vos avisarei cando sexa e estreamola gramola indo de chea por aí con el...o único, un pouco de colaboración, así que xa sabedes enviademe un correo a contacto@angrois.com

A noticia atopeina en Compradiccion , site onde atopar miles de cousas curiosas e novedosas, e podese comprar na páxina de i Want One Of Those.

Xa sabedes...Acudidemeeeeee!....prometo levar no ipó ata pachangueo se fai falla!

22.11.07

Novas chapas en Tolemia

Embarcados no tema tolémico, Morta encargoume unha serie de chapas a partires dunha que atopamos pola web na que se podía ver un Arco da vella ben feitiño...jejejej!

Así que debanei algo e fixen unhas chapas....estou bastante orgulloso delas, en concreto da miña particular lúa...deixovos unha mostra desta lúa, co firme propósito de que visitedes http://www.tolemialab.com/ , e xa sabedes, usade o noso correo para calquera encarga ou información de chapas feitas ou do voso gusto!


Canción do Día: Suburban Knights (Angello & Ingrosso Remix) de Hard Fi

25.10.07

TolemiaLab...Por fin!

Por fin!!!!
Xa sabiades que a cousa ía cara adiante ao ver que as chapas ian saíndo, é por iso que tolemia, como primeira medida, xa ten creado o seu blog, á espera da web completa. Desta maneira, as novidades que vaiamos sacando están aí...ademáis que eu irei poñendo o típico post de "Novidades en Tolemia" con algunha mostra.
Espero que o disfrutedes, e non dubidedes en pedir cousas que vos gusten!
Adiante!

Link: TolemiaLabBlog

19.10.07

The Chemical Brothers - The Salmon Dance


Jobá! Despois de ver o video e flipar, vexo que é dos Chemical Brothers...
Mirade ao Pez Globo que fai Beatbox...demasié!...

A canción do día, como non,é esta....jejej...ten un estilo Gorillaz-Químico que mooooola!

29.9.07

Algún novo traballo e Máis Chapas!

Pois si, a cousa segue adiante pouco a pouco. O primeiro, un traballo para a Imprenta Marcaxe de Lalín, en concreto a montaxe do libro da XI Festa da Xuventude de Carbia, con aproximadamente 50 páxinas cheas de anuncios e algunha que outra foto, e no que invertín varias xornadas ben maratonianas...como mostra, e por no facer publicidade, deixovos a portada, que non ten nada, só unha foto e un texto, pero boeno, para algo asi que prefiro algo sinxelo...

Por outra banda, a aventura de TolemiaLab vai collendo máis e máis forma, seguimos co tema das chapas, e un par de modelos de camisola máis están case decididos, só falta poñerse ao tema. No tocante ás chapas, estamos a desenrolar a noso primeiro pack de chapas temáticas, sendo unha versión curiosa das "Armas de Destrucción Masiva". Agardamos ter pronto a ocasión de que as adquirades, ata entón seguimos igual....

5.9.07

O Colectivo SinSueño

Xa tardaba en falar deste colectivo...Jeje!
Pois empecemos...básicamente, o tema é que esta xente montou certo día unha festa de música electrónica en Dilema disco (Silleda), ao que lle adiquei un post eiquí, despois de aquelo, e por circunstancias da vida, fomos coñecendonos máis e deixando claro que nos molaba o tema electrónico. Todo esto fructificou e chegamos ao punto da festa do X Aniversario da Tropa, na que invitamos como pinchadiscos a Richie, co que fixen máis contactos, e quen se prestou a levar os pratos (cd's de alta calidade...buf!) a mesa Pioneer, os altavoces e o ampli....despois desto, de pasalo caralludo e de ver como de ben se comporta a peña, non quedaba outra que organizar algo máis...así que chegaron a festa da Carixa en Merza, na que a chuvia, gracias ao alcalde, non foi impedimento....e como saiu ben, pois para o San Ramón en Ponteledesma outra, e que saiu tamén como dios, así que xa vedes como van saindo as cousas. Así que non hai porque dicir máis neste termo, eso sí, algunha foto vos deixo da última festa (ainda que chigres por ser do movil)...



Seguindo co tema, pero deixando o das festas feitas xa a un lado, teño que falar do que farán. E eso é un dilema, sei que hai varias cousas que andan a mirar de montar e que andan para constituir a asociación legalmente. Aí e onde entra a miña colaboración, no tema facer cousas e publicitalas, espero axudalos (ademáis de pinchando cando me permitan facelo) con cousas de deseño e tal, con logos, flyers, carteis e o que faga falta, así que espero tervos ben informados.

Como despedida un video do outro dia no San Ramón en Ponteledesma (Vila de Cruces)...e vos animo a que contactedes conmigo se queredes colaborar ou tedes algunha idea, xa llo comentarei a estes rapaces...





Canción do Día: It's too late de Dirty South

---------Actualizado 17 Set.---------
Xa teñen un Blog, e é evidente que o arranxei eu algo....clika eiquí: Sin Sueño Blog

28.8.07

Chapas e máis chapas

Despois de máis dun mes sen novas na web, teño moito que contar, ainda que o chungo é a falla de tempo...
Por exemplo, Tolemialab anda co tema das chapas a voltas...que gran idea termos mercada a maquinaria...de momento, deixamos contentos aos colegas facendo o que nos piden...sabemos que a cousa está a comezar apenas, así que esperamos mellorar tanto en deseño como en prazos. A calidade, está máis que asegurada....deixovos unha mostra de algunhas das que nos teñen pedido últimamente e outros que imos ideando....


Entre outras cousas, tamén está o tema da música, con varias sesións no mes de Agosto, e unha nova este venres 31 no San Ramón na Ponteledesma...a ver que tal sae....
Por si acaso, ide esperando un post ben longo sobre o tema....deica logo!

Canción do Día: My mind is Twisted de Greg, Jeroenski & Roog, en un Remix de Peter Gelderblom.

19.7.07

¿Música na web?... Last.fm

Como podedes ver na barra dereita deste blog, hai colocado un reproductor musical online, sendo só a punta do iceberg no que ao tema se refire. É por iso polo que me vexo necesitado de falar deste servicio web.
Last.fm é unha ferramenta en forma de web coa que crear unha especie de lista de todas esas cancións e grupos que máis escoitas no teu Pc. O sistema basease nunha aplicación que fai o chamado "audioscrobbling" co teu Pc (con Windows, MacOS ou Linux), é dicir, interactúa cos teus programas de reproducción de audio (en concreto con iTunes, Windows Media Player e Winamp), iniciandose con eles e enviando á base de datos da web o título das canción que estás a escoitar (sempre tras escoitar un porcentaxe de tempo da canción determinado).

Desta forma, a información pasar a formar parte do teu perfil creado en Last.fm, pero non só ten esta función, pois sería un servicio moi básico tamén ofrecido, por exemplo, polo iTunes. Na web ofrecenche a posibilidade de coñecer outros grupos similares aos que ti escoitas, ademáis da posibilidade de ver qué escoita outra xente que comparte os teus gustos musicais (os chamados "veciños", indicando porcentaxes de coincidencia).


Outra posibilidade importante de Last.fm é a existencia de reproductores ou radios online de temas subidos á web (en principio polas distribuidoras), clasificandoos por: estilos de música (chamados tags: funk, rock, house...e moitas variacións: funky house, pop-rock, deep-house, drum'n'bass...etc); cantantes (ou grupos) e outros semellantes en estilo; ou emitindo temas que existen nas túas propias listas de reproducción.
Este último servicio de radio é en forma de widgets, podendo colgalo en calquera web ou blogue que os soporte, estando tamén dispoñibles para o escritorio de MacOS. Ademáis, podes amosar en webs (como firma de foros ou como imaxe simplemente) unha lista das cancións que tes escoitado últimamente. Dende hai un tempo, dúas novidades: algunhas cancións poden non só ser escoitadas, senón tamén descargadas ao teu Pc; e a posibilidade de facer scrobbling co teu iPod, unha aplicación que non tiven posibilidade de usar de momento pero moi atractiva xa que amplia o servicio a un sistema móbil.
Dende hai un tempo, temos dispoñobles versión internacionais, para España
www.lastfm.es

¡Disfrutade do tema, que eu xa o estou facendo!

3.7.07

Novos traballos

Coa chegada do verán e dos calores o tema do deseño non descansa...aínda que o certo é que todo esta enfocado a un tema máis "profesional" que de experimentar co deseño...
Desta maneira, podo amosarvos varios traballos:
Para o Blogue http://www.sondarede.com/ , páxina que xorde co animo de dar a coñecer a música galega no mundo, ademáis de falar de outros grupos do extranxeiro. Para eles, un logo e un certo "tuneo" do blogue.

Ademáis, e dada a marcha de Morta a Polonia para gravar a súa primeira longametraxe, encargueime do traballo para o 2º Triatlón de Vila de Cruces, cun sinxelo deseño do cartel promocional e da camisola conmemorativa.


Ademáis, e como xa puidestes ver en entradas antigas, andamos a voltas co Rali de carretillas e o seu cartel definitivo. Tamén está o tema das chapas (que ben merece un Post propio); o das cousas a realizar para o 10 Aniversario da Tropa de Asalto á Barra (www.asaltoabarra.org) que, porsuposto, recibirá en breve un Post con información moitas lembranzas; e o de as camisolas e a pancarta para o programa da Radio Galega de As Quimbambas...

Por iso e por máis, encomendovos a visitar o blogue en breve pois teremos novidades enseguidiña, ademáis dunha actualización do Portafolio....e todo isto antes da remodelación definitiva da web...xa vos irei comentando!

Canción do Día: Sunrain de Ltj Buken