Por fin!!!!
Xa sabiades que a cousa ía cara adiante ao ver que as chapas ian saíndo, é por iso que tolemia, como primeira medida, xa ten creado o seu blog, á espera da web completa. Desta maneira, as novidades que vaiamos sacando están aí...ademáis que eu irei poñendo o típico post de "Novidades en Tolemia" con algunha mostra.
Espero que o disfrutedes, e non dubidedes en pedir cousas que vos gusten!
Adiante!
Link: TolemiaLabBlog
25.10.07
TolemiaLab...Por fin!
Publicado por
Checha
ás
00:22
3
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
19.10.07
The Chemical Brothers - The Salmon Dance
Jobá! Despois de ver o video e flipar, vexo que é dos Chemical Brothers...
Mirade ao Pez Globo que fai Beatbox...demasié!...
A canción do día, como non,é esta....jejej...ten un estilo Gorillaz-Químico que mooooola!
Publicado por
Checha
ás
12:13
5
comentarios
29.9.07
Algún novo traballo e Máis Chapas!
Pois si, a cousa segue adiante pouco a pouco. O primeiro, un traballo para a Imprenta Marcaxe de Lalín, en concreto a montaxe do libro da XI Festa da Xuventude de Carbia, con aproximadamente 50 páxinas cheas de anuncios e algunha que outra foto, e no que invertín varias xornadas ben maratonianas...como mostra, e por no facer publicidade, deixovos a portada, que non ten nada, só unha foto e un texto, pero boeno, para algo asi que prefiro algo sinxelo...
Publicado por
Checha
ás
15:49
3
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
5.9.07
O Colectivo SinSueño
Xa tardaba en falar deste colectivo...Jeje!
Pois empecemos...básicamente, o tema é que esta xente montou certo día unha festa de música electrónica en Dilema disco (Silleda), ao que lle adiquei un post eiquí, despois de aquelo, e por circunstancias da vida, fomos coñecendonos máis e deixando claro que nos molaba o tema electrónico. Todo esto fructificou e chegamos ao punto da festa do X Aniversario da Tropa, na que invitamos como pinchadiscos a Richie, co que fixen máis contactos, e quen se prestou a levar os pratos (cd's de alta calidade...buf!) a mesa Pioneer, os altavoces e o ampli....despois desto, de pasalo caralludo e de ver como de ben se comporta a peña, non quedaba outra que organizar algo máis...así que chegaron a festa da Carixa en Merza, na que a chuvia, gracias ao alcalde, non foi impedimento....e como saiu ben, pois para o San Ramón en Ponteledesma outra, e que saiu tamén como dios, así que xa vedes como van saindo as cousas. Así que non hai porque dicir máis neste termo, eso sí, algunha foto vos deixo da última festa (ainda que chigres por ser do movil)...


Seguindo co tema, pero deixando o das festas feitas xa a un lado, teño que falar do que farán. E eso é un dilema, sei que hai varias cousas que andan a mirar de montar e que andan para constituir a asociación legalmente. Aí e onde entra a miña colaboración, no tema facer cousas e publicitalas, espero axudalos (ademáis de pinchando cando me permitan facelo) con cousas de deseño e tal, con logos, flyers, carteis e o que faga falta, así que espero tervos ben informados.
Como despedida un video do outro dia no San Ramón en Ponteledesma (Vila de Cruces)...e vos animo a que contactedes conmigo se queredes colaborar ou tedes algunha idea, xa llo comentarei a estes rapaces...
Canción do Día: It's too late de Dirty South
---------Actualizado 17 Set.---------
Xa teñen un Blog, e é evidente que o arranxei eu algo....clika eiquí: Sin Sueño Blog
Publicado por
Checha
ás
21:43
3
comentarios
28.8.07
Chapas e máis chapas
Por exemplo, Tolemialab anda co tema das chapas a voltas...que gran idea termos mercada a maquinaria...de momento, deixamos contentos aos colegas facendo o que nos piden...sabemos que a cousa está a comezar apenas, así que esperamos mellorar tanto en deseño como en prazos. A calidade, está máis que asegurada....deixovos unha mostra de algunhas das que nos teñen pedido últimamente e outros que imos ideando....

Entre outras cousas, tamén está o tema da música, con varias sesións no mes de Agosto, e unha nova este venres 31 no San Ramón na Ponteledesma...a ver que tal sae....
Por si acaso, ide esperando un post ben longo sobre o tema....deica logo!
Canción do Día: My mind is Twisted de Greg, Jeroenski & Roog, en un Remix de Peter Gelderblom.
Publicado por
Checha
ás
00:33
7
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
23.7.07
2º Rali de Carretillas
Publicado por
Checha
ás
01:29
2
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Vila de Cruces
19.7.07
¿Música na web?... Last.fm
Como podedes ver na barra dereita deste blog, hai colocado un reproductor musical online, sendo só a punta do iceberg no que ao tema se refire. É por iso polo que me vexo necesitado de falar deste servicio web.
Last.fm é unha ferramenta en forma de web coa que crear unha especie de lista de todas esas cancións e grupos que máis escoitas no teu Pc. O sistema basease nunha aplicación que fai o chamado "audioscrobbling" co teu Pc (con Windows, MacOS ou Linux), é dicir, interactúa cos teus programas de reproducción de audio (en concreto con iTunes, Windows Media Player e Winamp), iniciandose con eles e enviando á base de datos da web o título das canción que estás a escoitar (sempre tras escoitar un porcentaxe de tempo da canción determinado).
Desta forma, a información pasar a formar parte do teu perfil creado en Last.fm, pero non só ten esta función, pois sería un servicio moi básico tamén ofrecido, por exemplo, polo iTunes. Na web ofrecenche a posibilidade de coñecer outros grupos similares aos que ti escoitas, ademáis da posibilidade de ver qué escoita outra xente que comparte os teus gustos musicais (os chamados "veciños", indicando porcentaxes de coincidencia).
Outra posibilidade importante de Last.fm é a existencia de reproductores ou radios online de temas subidos á web (en principio polas distribuidoras), clasificandoos por: estilos de música (chamados tags: funk, rock, house...e moitas variacións: funky house, pop-rock, deep-house, drum'n'bass...etc); cantantes (ou grupos) e outros semellantes en estilo; ou emitindo temas que existen nas túas propias listas de reproducción.
Este último servicio de radio é en forma de widgets, podendo colgalo en calquera web ou blogue que os soporte, estando tamén dispoñibles para o escritorio de MacOS. Ademáis, podes amosar en webs (como firma de foros ou como imaxe simplemente) unha lista das cancións que tes escoitado últimamente. Dende hai un tempo, dúas novidades: algunhas cancións poden non só ser escoitadas, senón tamén descargadas ao teu Pc; e a posibilidade de facer scrobbling co teu iPod, unha aplicación que non tiven posibilidade de usar de momento pero moi atractiva xa que amplia o servicio a un sistema móbil.
Dende hai un tempo, temos dispoñobles versión internacionais, para España www.lastfm.es
¡Disfrutade do tema, que eu xa o estou facendo!
Publicado por
Checha
ás
17:48
0
comentarios
Etiquetas: movidas varias
3.7.07
Novos traballos
Ademáis, e dada a marcha de Morta a Polonia para gravar a súa primeira longametraxe, encargueime do traballo para o 2º Triatlón de Vila de Cruces, cun sinxelo deseño do cartel promocional e da camisola conmemorativa.

Ademáis, e como xa puidestes ver en entradas antigas, andamos a voltas co Rali de carretillas e o seu cartel definitivo. Tamén está o tema das chapas (que ben merece un Post propio); o das cousas a realizar para o 10 Aniversario da Tropa de Asalto á Barra (www.asaltoabarra.org) que, porsuposto, recibirá en breve un Post con información moitas lembranzas; e o de as camisolas e a pancarta para o programa da Radio Galega de As Quimbambas...
Por iso e por máis, encomendovos a visitar o blogue en breve pois teremos novidades enseguidiña, ademáis dunha actualización do Portafolio....e todo isto antes da remodelación definitiva da web...xa vos irei comentando!
Canción do Día: Sunrain de Ltj Buken
Publicado por
Checha
ás
19:34
6
comentarios
7.6.07
2º Rali de Carretillas...Yeah!
Xa chega o 2º Rali de Carretillas de Vila de Cruces...apenas faltan un par de meses para que chegue, en plenas festas da Piedade, e no X Aniversario da Tropa de Asalto á Barra, a consolidación deste Rali tan enxebre.
Este ano, os rapaces de Carretillas Team pedironme que lles fixese un logo para este ano, algo sinxelo e baseado nos logos dos ralis de coches.
O rali terá lugar o 11 de Agosto, ainda nun lugar por confirmar, pero que pronto será decidido nunha reunión co concello na que se deixara todo aclarado.
Este ano, dende a organización, plantexase como clave para que se consolide coma unha tradición, e é por iso polo que se cambiou o web da organización, procurando máis contidos e unha regulamentación máis axeitada.
Este fin de semana, en coincidencia e aproveitando a celebración do Galo de Curral, faráse a presentación ao público. Como adianto, deixovos o cartel previo (a falta de máis datos que incluir e cousas que cambiar), que diseñei con moito gusto ao estilo do web de Carretillas Team
Canción do Día: Riders On The Storm de Snoop Dogg FT The Doors
Publicado por
Checha
ás
12:20
7
comentarios
Etiquetas: movidas varias, Música
1.6.07
Facedeo outra vez, Chemical Brothers
Si, fixerono outra vez, eiquí tedes de novo aos Chemical Brothers, un novo disco We are the night, que verá a luz o 2 de Xullo (preto de certa data, alguén ten un agasallo fácil).
Como aperitivo, o seu primeiro single, Do it again, que sigue a estela do seu último hit, Galvanize (Push the button, 2005), protagonizandoo dous rapaces árabes (tralo éxito dos barceloneses do Kramping en Galvanize).
Nas primeiras escoitas, podo dicir que é un bó tema, nunha liña algo novedosa dentro da quimica dos irmáns e que promete ser un "quebrapistas" con algún remix.
Só me queda por dicir que este é dos poucos grupos dos que podo escoitar a discografía completa de cabo a rabo e sen pausas.
Deixovos unha síntese da súa discografía:
Discos:
- Exit Planet Dust [1995]
- Dig Your Own Hole [1997]
- Surrender [1999]
- Come With Us [2002]
- Galvanize [2005]
- We Are The Night [2 de Xullo, 2007]
Single+Hit:
- Hey Boy, Hey Girl
- Block Rockin' Beats
- Elektrobank
- Life Is Sweet
- Song to the Siren
- Under The Influence
- Out of Control
- It began in Afrika
- Star guitar
- Let Forever Be
- The Test
- Get Yourself High
...e tantos outros....
Canción do Día: Under the Influence de The Chemical Brothers
Publicado por
Checha
ás
13:54
7
comentarios
Etiquetas: Música
9.5.07
Tata Golosa - Micromanía. O Hit do Verán
Deixovos o video...e despois de flipar...ledes a letra...e despois, comprades o single (ejem)...e despois montamos a festa House que xa se está a argallar e poñemola remezclada para rirnos (ou mesmo a parte de "y ahora....los tambores")...
TATAGOLOSA / MICROMANÍA
Un, dos
Los micrófonos
Olé
Los micrófonos
Proba, proba
Los micrófonos
Sin amor
Los micrófonos
Cuatro, cinco
Los micrófonos
El sexo
No micrófonos
Chicas lindas
Los micrófonos
Mercados, drogados, calados
Los micrófonos
El discjockey
Disco dance
House music
After hour
Los micrófonos
Mi vida
Los micrófonos
Las tetas
No micrófonos
Los culos
Dos micrófonos
Mi mundo
Los micrófonos
Las bombas
Sin micrófonos
Un noche
Los micrófonos
Chupaíta
No micrófonos
El sexo, el sexo, el sexo
No micrófonos
(Orgasmos varios)
Y ahora los tambores
Los tambores
El discjockey
Un, dos
Los micrófonos
Olé
Los micrófonos
Proba, proba
Los micrófonos
Sin amor
Los micrófonos
Cuatro, cinco
Los micrófonos
El sexo
No micrófonos
Chicas lindas
Los micrófonos
Mercados, drogados, calados
Los micrófonos
El discjockey
Disco dance
House music
After hour
Los micrófonos
Mi vida
Los micrófonos
Las tetas
No micrófonos
Los culos
Dos micrófonos
Mi mundo
Los micrófonos
Las bombas
Sin micrófonos
Un noche
Los micrófonos
Chupaíta
No micrófonos
Chupaíta
No micrófonos
Chupaíta
No micrófonos
Chupaíta
No micrófonos
Y ahora los tambores
Los tambores
El discjockey
Proba, proba
Los micrófonos
Proba, proba
Los micrófonos
Proba, proba
Los micrófonos
Proba, proba
Los micrófonos
Un, dos
Los micrófonos
Olé
Los micrófonos
Proba, proba
Los micrófonos
Sin amor
Los micrófonos
Cuatro, cinco
Los micrófonos
El sexo
No micrófonos
Chicas lindas
Los micrófonos
Mercados, drogados, calados
Los micrófonos
El discjockey
Disco dance
House music
After hour
Los micrófonos
Mi vida
Los micrófonos
Las tetas
No micrófonos
Los culos
Dos micrófonos
Mi mundo
Los micrófonos
Las bombas
Sin micrófonos
Un noche
Los micrófonos
Chupaíta
No micrófonos
Chupaíta
No micrófonos
El sexo, el sexo, el sexo, el sexo
No micrófonos
El discjockey
Publicado por
Checha
ás
01:32
14
comentarios
Etiquetas: Música
3.5.07
De festas de música electrónica e tal...
É un feito o desexo que moitos nas Cruces de montarmos unha festa de música electrónica. Cada venres vemos como o Kinke (ou Carruco, ou Placidín...) vai metendo no Cactus cada vez máis música electrónica, principalmente House e Electro. Pero aínda así, e polo menos ata a celebración do X Aniversario da Tropa, non creo que se monte ningunha festa de música electrónica no noso concello.
Non é así noutros sitios. En Silleda, na discoteca Dilema, este último fin de semana se celebrou unha festa levada a cabo polo Colectivo Sin Sueño, ao fronte do que se atopa Richi, dono do mítico Bar Cristal, lugar do que sempre me contaron mil historias, e no que parece que se "estimula" moito este tipo de música...Como ía dicindo, en Silleda celebrouse tal festa, con 3 Dj's, vidos dende Barcelona, Oviedo e Vigo, e que nos ofreceron mostras da música Electro máis actual, o Techno máis lineal, e unha gran sesión de Manu Martín de Techno moi activo con grandes temas electrónicos polo medio.
Non teño máis que louvar un acto coma este, sabendo que en Cruces tería que ser un pouco máis light, e sabendo, tamén, que seguro que triunfaría se aproveitamos unha data desas míticas ou se montamos un cartel importante. Falando co tal Richi e ofrecendome para axudalos, entereime de que ofrecera organizar algo así na Dicoteca La Clave á comisión de festas do 2006, cousa que non chegou a bó término por cousa de licencias e tal (ou porque falou coa persoa equivocada, non sei)...así que agora, picame moito o tema, ademáis de que ando con Alfredo para arreglar uns platos Technics de vinilo, e é dende aquí dende onde agardo picar a alguén (tanto das Cruces como de fora) para que dé algunha idea ou se encirre para montar algo...xa que parece que o aniversario da Tropa anda algo durmido.
Por último, deixovos un video que colguei en YouTube de Manu Martín (que bó é este tipo!), aínda que o grabei co móbil e pode non verse moi ben. Espero que vos guste e que me deixedes moitos comentarios....
Canción do Día: Jacques Your Body (Make Me Sweat) de Les Rythmes Digitales
Publicado por
Checha
ás
15:28
1 comentarios
Etiquetas: movidas varias, Música, Vila de Cruces
20.4.07
www.angrois.com
Benvidos ao novo dominio de Angroisindesign....
Apartires de agora, podedes visitarme con só teclear o texto www.angrois.com.
Máis adiante o Blog cambiará de estilo, pasando a ser unha mera sección dentro desta nova web.
Agardo con impaciencia aumentar os meus coñecementos sobre Flash e Wordpress para adiantar no tema da web...
¡Gracias a todos polas vosas visitas!
Publicado por
Checha
ás
19:08
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico, movidas varias, Música, Vila de Cruces
11.4.07
Luix&Checha en Pampling
Dúas novas camisolas acaban de ver a luz no concurso continuo de Pampling. Desta vez, as camisolas xorden da colaboración con Luix (o do video correndo en pelotas pola UPN), dunha personaxe orixinal que creou hai xa uns anos co motivo dun comic de título Cochoman. Como podedes ver, aínda non acadamos un nivel moi grande que digamos, pero todo se andará...Polo menos, a camisola do Cochoman Raparigo está bastante coñona para unha edición infantil...Agardamos que vos gusten.
Canción do Día: A matanza do Porco de Os Resentidos (Apropiada, que nón?)
Publicado por
Checha
ás
18:30
2
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
21.3.07
Pampling camisetas
Vendo que o noso proxecto de TolemiaLab non ten aínda data de lanzamento, vouvos falar de outra tenda de camisolas on-line da que me sinto unha certa parte, xa que teño enviado algúns deseños que xa colguei neste blog.
Pampling Camisetas é un proxecto sevillano de dous tipos, creo que de nomes Ricardo e Javier, que se basea nun sistema de concurso no que toda persoa rexistrada pode enviar os seus deseños...a partires de aquí, estes mesmos usuarios votan os deseños e comentan o que queren sobre eles perante un período de 10 días, ao fin dos cales, Pampling decide se editar a camisola ou non. No caso de editala, o deseñador recibe 400 € (150 en "especias"), ademáis de que cada certo tempo premian a colaboradores e rexistrados polos seus votos , comentarios e outras cousas...
A verdade é que o tema da compra de camisolas on-line provome que non teñamos que ir todos igual vestidos polo imperio Zara (a non ser que teñades pasta para máis)...e por eso son de agradecer páxinas como Pampling.
No meu caso, comprei xa varias camisolas das que vos deixo exemplos das últimas (para que non me copiedes, jejeje)...:
Link: www.pampling.com Visitadea e xa me contaredes, e de paso axudadesme a conseguir premios...jejeje!
Canción do Día: The Sound Of Violence de Cassius (Axwell Remix)
Publicado por
Checha
ás
13:13
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
8.2.07
A letra Galega. Etnicidade e cultura tipográfica.
O titulo deste Post é unha versión dun visto na rede e de título "La letra vasca. Etnicidad y cultura tipográfica" de Eduardo Herrera.
Dito artículo, buscado con ansia, versa sobre a letra vasca, na súa vertente de letra tomada como tipografía, ese tipo de letra tan característico do Pais Vasco que se ve tan a miúdo en locais de Hostalería e outros que queren ensalzar o seu carácter nacionalista.
A miña intención e dar a coñecer o caso Galego, con tres tipográfias eminentemente galegas, xa usadas en algúns sitios e, por suposto, en moitísimos logos ou carteis de carácter nacionalista. Estas tipos, ou fontes, teñen unha característica moi importante, a súa gratituidade e a cada vez mais amplia difusión gracias, en parte, a sitios web como Dafont, ou dun carácter mais galeguista, coma Aduaneiros sem fronteiras, nos que se distribúen todo tipo de letras gratuitas e se poden atopar outras en venda, coas súas ligazóns correspondentes.
No caso galego, son varias as tipos por min coñecidas, a mellor para min, sen dúbida, a Gallaecia de Alberto Varela Ferreiro (máis moderna e limpa), ademáis temos as Rias Ricas e Alfandegárias de Panchez (semellan dúas versións da mesma), a Nova Outubro de Iago Luca, e a As pedras da Belle Otero de Ipanema Gráfica, sendo esta última das chamadas Bitmap, xa que se usan en pequeno tamaño. Tamén temos unha de pago, feita por Carlos Núñez, de nome Gallaecia Castelao, e unha bastante graciosa e moi visual que ten por nome Marela e que é de Ipanema Gráfica (gratuita e realmente boa).
Eiquí tedes a Gallaecia e a Marela
Teño unha especial ilusión por difundir estas tipos o máximo posible, e esperando que cada vez máis xente use estas letras para cousas públicas, ademáis, espero que sepades escoller as mellores, polo menos visualmente, e as máis modernas.
Como dato a ter en conta, para aquel ao que lle interese o tema, saber que o copyright nestas cousas é moi especial, pois só actúa sobre o arquivo, de forma que se fas a túa propia tipo, baseandote ou copiando directamente unha con copyright, o teu arquivo convertese directamente nun arquivo aberto que se pode compratir ilimitadamente.
Publicado por
Checha
ás
14:54
7
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
Angrois In Design Logo
Por fin, un Logo que incluir sempre nos meus deseños propios...pode que moitos, a gran maioría, non lle atopedes sentido, pero aí está. Espero ter a posibilidade de usalo moito e perante moitos anos. Gracias pola visita
Canción do Día: Beware of Dog de Jamelia (Eu creo que esta canción ten algo de Depeche Mode....)
Publicado por
Checha
ás
00:32
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
25.1.07
O concurso de Xirandola e máis
Boeno, fai xa un mes que se fallou o concurso de logos para o 20 Aniversario da Agrupación de Baile Xirandola (Silleda), e como tiña xa asumido, non conseguín gañar, ainda que se di que quedei bastante ben situado. Sen máis, un saúdo e gracias por visitar o meu blogue a todos aqueles que o facedes de vez en cando.
O meu deseño, baseado na idea desas xentes que se coñeceron co motivo ou co fondo de dita agrupación, foi perdendo gusto para min co tempo, ainda que sigo pensando que é mellor que o gañador. Eiquí dúas versións do meu deseño:

Pola contra, está o deseño gañador, do deseñador Juan Carlos Salgueiro, de C&S Diseño y Publicidad (xa vedes o web que teñen ou tiñan non sei, espero subir pronto un link de verdade), e creo, sinceramente, que algo raro houbo para que gañase, eso si, supoño que algo mellor que o meu e o gañador si que habería.
Bueno, á fin e ao cabo, un deseño que non triunfou e uns 250 € de premio que desexaba para meterme de cheo nun portátil e que non cheguei a acadar...algo máis que non sae...pero algo chegará....
Por outra banda, pero sen sair do deseño, algo novo que enviei ao concurso continuo de camisetas de Pampling. Un deseño sen moita ilusión, pero que foi unha idea e había que aproveitala....sen ánimo de que triunfe pero enviado está. A miña intención era ensinarvos o deseño pero non me é posible, asi que podedes velo no link Camisola
Canción do Día: Love Don't Let Me Go de David Guetta vs The Egg (Canción do anuncio de Citröen C4 no que patina un Transformer-C4)
Publicado por
Checha
ás
17:23
3
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
15.12.06
Motive-toi par la musique électronique
Aí esta, cada un motivase co que quere, i eu, aparte de co deseño, motivome, e bastante, coa música electrónica. E falo de motivarme, non no sentido de apoiarme nela, senón de poñerme a berrar ai un cacho (coma almorzo) unha canción xa posta coma do Día neste Blog, Put your hands up for detroit de Fedde La Grande, e volverme case tolo....Dios!Hai xa un mes e pico, o meu colega Dan da Coruña, regaloume, co motivo do meu cumpleanos, un libro chamado "Manual del DJ" da editorial Ma Non Troppo, coincidindo no tempo co meu debut como Pd (si, pinchadiscos) no Pub Norte de Silleda....i é agora cando, tras uns dias xa pinchando, cando me asalta a dúbida de se sei pinchar, de se sei mezclar, de se sei atopar o ke lle gusta aos clientes....Está claro que vindo a pedirme a cabritinha e reggaeton e moi complicado para min disfrutar, sendo os meus únicos momentos de asueto cando alguen me pide Baron Rojo e lle poño Casi me mato (Baby) - temazo que todos deberiades escoitar algun dia -, pero a meirande parte de vos sabedes que co que gozo de certo é con calquera canción electrónica, que alí solo uso á hora do peche....
A idea de escribir este Post xurdiu tras ler certas palabras no libro xa citado, "Manual del Dj", de boca de Ron Trent, da prestixiosa revista Muzik, que dixo: "Ahora para muchos Dj, fundir canciones es lo más importante. Cuando yo empezaba, todos pinchábamos en platos que no ténían control de pitch, pero aún así podiamos establecer el tono y la atmósfera y llevar a la gente a dónde nos interesaba...". Sei que me diredes que estou flipao, pero non deixo de pensar na miña propia versión do texto...: Para min, o máis importante, e difundir cancións. Dende que empecei preocupeime polo control do pitch e sigoo facendo, pero morrro porque a xente de, poñamos por caso, as Cruces, remate por bailar e vibrar coas cancións que triunfan nos mellores clubes (de esos no, Trakero!) do mundo.
Por esto último e por máis, deixovos unha lista coas cancións que, creo, debédes coñecer...eso sí, non poño nada de Chemical Bros., Fatboy Slim e Massive Attack, porque deles, está todo dito xa, ademáis de que tentarei poñer cousas mais ou menos novas (e seguindo unha certa orde de preferencia). Na meirande parte, cancións de discoteca, ¿porqué?, porque non imos quedar na casa todo o fin de semana:
Fedde Le Grand - Put your hands up for Detroit
Tiga - Hot in Herre
Paul Oakenfold feat. Pharrell - Sex'n'Money
Wonderland Avenue - White Horse ( Momento Supermodelo2006 dicindollles as rapazas mentras desfilan, que se queren ser ricas teñen que ser zorras!)
Kurd Maverick- The Rub
Bodyrox - Yeah Yeah
Supermode - Tell me Why
Antoine Clamaran - Keep on Tryin (Dj Fist Tribal Rmx)
Joey Negro - Make a move on me
Armand Van Helden - Into your eyes
Canción do Día: Mad World de Gary Jules (O anuncio ese do videoxogo de tiros con esa canción tan tan lenta e tan tan bonita)
Publicado por
Checha
ás
13:13
6
comentarios
Etiquetas: Música
12.12.06
Novos deseños
A dia de hoxe, e moi preto xa das festas de Nadal, a actividade semella que se detén un pouco, ainda así, podo falar de novos deseños de factura propia.
Desta vez, os traballos son algo propio, fora do marco lucanus (que están a desenrolar un novo web). Por unha parte, o que podo mostrar, un proxecto de logo para a discoteca Dilema de Silleda, cun certo tipo Tuji pero que me parece do mais axeitado; e por outro lado, a miña participación no concurso do 20 aniversario do grupo de baile Xirandola , tamén de Silleda, cun deseño dun logo ben sinxelo e, para min, ben parecido...ainda que até o día 26 que saía o fallo do xurado prefiro non mostrar nada. Para este concurso, tamén levei a cabo un proxecto conxunto con Dan, de aquí da Coruña, e que xurdiu dunha Brainstorming diante dun bó kebab.
Non me queda mais que desexar facerme con un Portátil dunha puta vez, que estou farto de non poder facer esas cousas que tanto desexo cando desexo....que me parece que algo que teño previsto facer no Nadal non vai ter un soporte axeitado...
Aí van unhas mostras dos meus deseños para Dilema disco: 
Canción do Día: The Rub de Kurd Maverick
Publicado por
Checha
ás
15:05
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
16.11.06
Segue o deseño
Parece que o tema do deseño segue pouco a pouco cara adiante. Por un lado, a empresa amiga http://www.lucanus.es/ , con certas novidades no organigrama, lanzou un par de novas webs, por un lado a da casa rural de Virginia, a Casa Goris de Merza (http://www.casagoris.es/), e por outro o da Federación Galega de Loita (http://www.fegaloita.org/). Por outra banda, andan a traballar en diversos logos e temas, sedo neste caso no que parecen as miñas colaboracións, que me permiten, de certa forma, seguir vinculado ao mundo do deseño.
Dentro das miñas colaboracións, está o carnet de socio da s.d. Cruces, o logo da casa rural Casa de Abaixo, o logo de Plásticos Pampín, ademáis de algunhas outras....deixovos unhas cantas mostras:



Como veredes, hai alguns que non chegaron a bó porto, como o da SD. Piloño, e outros por ver...Só dicirvos que todos estes traballos forman parte do Portfolio de Lucanus.
Falar tamén dese proxecto que temos, Tolemialab, que se vai retrasando polos compromisos de cada un, pero que non deixa de acadar mais e mais ideas...
Canción do Día: Sex & money de Paul Oakenfold feat. Pharrell
Publicado por
Checha
ás
16:27
1 comentarios
Etiquetas: deseño grafico
19.10.06
¡A la buuulla! Parte 2
Non, desta vez non asistin a ningunha pelexa en directo, aínda que o finde pasado pasei unha noite por Lalín i este que ven outra vez, así que, como parece que acostuma últimamente, malo será que non vexa algo deso por aí....
O conto deste post é o simple feito de ensinarvos un video que atopei en youtube usando o buscador coa palabra "fight", aconsellado por certo colega e despois de flipar bastante coa peña...só dicir que, sen dúbida, o peor son os americanos de instituto que forman un circulo para mirar como se matan dous tipos ou tipas, aínda que tamén hai un gordo enorme americano zoupandolle a un adolescente; e algún listo que supón que é gracioso esperar a un irmán ou colega e darlle unha hostia na testa así de súpeto e sen motivo, só polo chiste.....e como non provocarlle unha conmoción....
Pois iso, deixovos o video duns tipos, que parecen saídos dun ghetto, que se adican a mirar e jalear a dous Mister T da vida mentres pelexan, eso sí, hai un que é impresionantemente bruto....
Video non dispoñible - Buscade outros videos en Youtube ou Metacafe ou o que queirades
Canción do día: Around the World de Daft Punk
Publicado por
Checha
ás
17:41
4
comentarios
Etiquetas: movidas varias
10.10.06
Un novo curso...
Xa levamos uns dias de novo curso....pero semella ke este ano as cousas serán algo distintas.....
As ganas por facer as cousas ben son diferentes ás outras veces...A verdade é que hai cousas que se están a facer esperar pero que pronto chegaran a bó porto....
De momento, podo falar de poucas cousas, pero si moi importantes. Por unha parte, está o ánimo por solventar eses problemas que me estrinxen por veces o ánimo, ainda que nestes precisos intres estea pensando en que non teñen solución...por outra banda, está a ilusión por un novo proxecto que, se ben semella algo estancado, estou seguro de que enseguida chegará a bó sitio...ademais, un tema de verdade ilusionante, un tema, unha persoa, coa que a miña relación xa se extende por máis de dous anos, un tempo nada despreciable para os tempos que corren.
Como cada ano, o comenzo do curso supón un momento de reflexión ao igual que o comenzo dun novo ano...é unha época de ilusións renovadas na que se lle da a todo o mundo por facer promesas e propórse novos obxectivos. Só espero desta vez, e polo menos no meu caso, que non me falle a ilusión inicial e poida levar á realidade, senón todo, si unha boa parte do que desexo.
Semella será este un curso curioso, con bodas, algún fillo que outro e moitas novidades. Neste termo, só dicir unha cousa...espero como auga de maio verte máis e máis a medida que pase o tempo, agradecerche que esteas conmigo cando te necesito, e sobretodo, poder facerche feliz. Sí, vai para ti, xa sabes.....supoño que todos o saben...pero tamén vai para vós, para aqueles/as que estiveron conmigo e que, sobretodo, parece que estarán...e só desexo unha cousa, que non faga falta, coma no caso dos maiores (maiores-maiores, non o tomedes como un rapaz que di os maiores por xente de 30 anos), que pase algo malo para poder vernos...
Pois iso, con isto e un biscoito, deixovos unha lista de desexos, pero moi simple, para que pensedes un pouco...jejeje...para este ano:
- Virginia, máis Virginia;
- Economía, máis e mellor;
- Deseño Gráfico, demos un salto cualitativo e cuantitativo, plis;
- Mens sana in corpore sano (pero nada de ximnasios);
- Camisolas, moitas e boas;
- Algo máis na Música;
- e, finalmente, a ser felices....
Canción do Día: Sexyback de Justin Timberlake (sopesaba un post comparando a evolución deste tipo coa de Robbie Williams co seu Rudebox, pero é tontería, escoitade as dúas e a voz dos tipos en consonacia coa canción e punto...)
Publicado por
Checha
ás
11:03
2
comentarios
Etiquetas: movidas varias
5.10.06
Un novo blog: A Peña Rocco
Un novo blog da miña factura anda a circular polo mundo internet. Desta vez, un blog de noticias e crónicas de partidos da Peña Rocco, equipo no que teño militado e no que actualmente participan os meus dous irmáns.
A verdade é que o deseño non cambiou moito, máis que nada pola desgana e polo meu descoñecemento do tema "deseño web", asi que, como poderedes ver, escollin unha base parecida á de este mesmo blog e despois só restaba cambialo por deseños propios...Así resulta un blog sinxelo pero personalizado....aceptanse suxerencias, e sobre todo, participación....
http://penarocco.blogspot.com ou http://www.penarocco.tk
Canción do Día: Always and Forever de Chocolate Puma (Bonita e movida...)
Publicado por
Checha
ás
10:29
0
comentarios
Etiquetas: movidas varias
21.9.06
Tolemialab...unha chegada inminente
Para todos, Tolemialab, a vosa tenda de camisolas e complementos varios por internet...
A estructura do tema vai sufrindo cambios pouco e pouco...novas fichaxes e novos temas que se estudian para empezarmos con forza...unha aventura sen dubida moi dificil e con posibilidades...ainda que con unha moi dura competencia.... En breve, a tenda terá a súa aparición, e todos poderedes ver cara a onde nos diriximos....
Se queredes deixar os vosos consellos e peticions, comunicade connosco... info@tolemialab.com
Pola miña parte, perdoade por non teren a paxina moi ao dia, pero todo se fará.....
Canción do Día: Sex on Sax de Dub Deluxe
Publicado por
Checha
ás
13:49
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
5.9.06
Payaso de Goma
Cuán interesante pode chegar a ser a nosa lingua.
Levo un par de anos saboreando un insulto que me enche a boca cada vez que o digo...e das poucas cousas que lle podes chamar a alguén e disfrutar dicindoo...Payaso de Goma , e si, sempre o digo en castelán....
O tema e que a nosa lingua, e non me refiro ao Galego, se non á nosa lingua coloquial, está chea de expresións marabillosas....vexamos: Me cago no tren das tres; Mecagonasestrellas (moi de moda, of course); o famoso ¿Jastas pista?; ¿Cantos hai aí?; Eres máis hortera que un sacho con pejatinas; ¿Cantas vacas tés?; e tantos outros que farían este blog interminable...
É por iso, polo que vos convido a enviar as vosa frases..asi deste estilo....suopoño que poucos vos animaredes, ademais de ke poucos visitade so blog..pero bueno...a ver se alguen se anima....
Só deixarvos un consello, tede o de Payaso de Goma na mente, e veredes como vos sae nuha boa ocasión e disfrutades de dicilo.....
A Canción do Día: Put your hands up for Detroit de Chris Lake presents Freddie Le Grand (simplemente escoitadea e saberedes como sería unha sesión miña no canto de saber/poder facela...yeah!)
Publicado por
Checha
ás
13:27
7
comentarios
Etiquetas: movidas varias
4.9.06
Só tes que miralo....
Anos atrás, certa persoaxe por moitos coñecida, realizou esta performancia na UPN (Universidade Politécnica de Navarra). Para algún, un documento único co que botar unhas risas, e máis supoñendo que se recoñeza ao susodito....Para iso, acepto que deixedes os vosos comentarios coas vosas sospeitas..Veña!
Publicado por
Checha
ás
14:10
0
comentarios
Etiquetas: movidas varias
24.8.06
TolemiaLab e Outras cousas
Como xa deixei entrever no meu último post, as cousas cambian, e o noso proxecto de deseño de camisolas pasa a chamarse tolemialab, e podedes ver como avanza en www.tolemialab.com , ainda que con calma...
De momento andamos a mallar nas ideas para o web e para deseños de camisolas e outros temas, así que aceptanse ideas e porsuposto seguense aceptando peticións de traballos personais por medio de min no tocante a camisetas, material publicitario e deseño, e por medio de Lucanus no mesmo tema ademáis de toda clase de traballos audiovisuais.
Pola miña banda, realmente non hai novidades, únicamente a impresión de dúas novas camisolas, unha delas inédita.... ademais do traballo nas xa ditas camisolas para tolemialab, entre as que se incluirá, seguro, a de Tassotti cunha leve modificación, asi que se alguén a desexa que a pida con talla...xa sabedes contacto provisional en: checha@tolemiarebel.com

Canción do Día: White Horse de Wonderland Avenue (Se podedes escoitala, facedeo xa...)
Publicado por
Checha
ás
14:27
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
22.8.06
Todo cambia.....
Segue o link.............e verás o cambio..............
www.tolemiarebel.com
Publicado por
Checha
ás
00:55
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico
12.8.06
Reciclando-deseños
Xa pasaron as festas de Vila de Cruces cun gran éxito, así que agora, a chapar no posible e voltar ao tema do deseño....
Cómpre falar da camisola da Tropa de Asalto á Barra, que deseñamos entre Morta máis eu, ainda que, coma sempre, tivo el todo o mando....eu pola miña parte presentei outro proxecto de Trompas que non chegou a ningún lado...se alguén necesita algo, que avise..jejejej
Nada máis chegar á Coruña, esquivando o lume como ben puiden, puxenme co ordenata a ver que cousas tiña por aí, descubrindo un par de deseños que colguei xa nunha páxina de concursos de camisolas: www.pampling.com , así que por aquí deixo as imaxes....unha era para o concurso de Buenafuente e a outra era algo que levaba un tempo cavilando co tema do Mundial de fútbol...se a lgún que re poñela sobre unha camisola, que avise e a ver que se pode facer...Yeah!

Canción do día: The Weekend Starts Here de Fatboy Slim
Publicado por
Checha
ás
00:14
0
comentarios
Etiquetas: deseño grafico